Seguidores e seguidoras

jueves, 25 de agosto de 2011

Unha nova aventura



Finalmente, logo de barallar durante meses a posibilidade de criación dun blogue, decidín embarcarme nesta aventura, totalmente nova para min.  Foron moitas as persoas que me animaron a facelo. Pero sen os consellos de Alberto Rivero Saeta e, sobre todo, de Pepe García Vizoso, non sería capaz de intentalo sequera. Agradezo especialmente a Pepe o seu asesoramento nos aspectos "técnicos". Por iso, e por ser unha persoa extraordinaria, quero adicarlle esta primeira entrada de presentación a el. Grazas, Pepe!
   E tamén, en certa medida, a todos os membros do foro de Galiciaves, que me soportaron estoicamente durante moito tempo. Agora probablemente han estar un pouco máis tranquilos por aló. Vaia tamén unha dedicatoria para todos os membros deste foro da SGO.

 O encabezamento define un pouco o que será o contido do bloge: os "bichos". Palabra quizá pouco ortodoxa e científica, pero que me retrotrae a épocas nas que me formaba como naturalista e que, ás veces, boto de menos. Ese momento tan marabilloso dos comezos, que todos e todas tivemos, nos que calquera observación que hoxe consideraríamos absolutamente trivial é un auténtico acontecimento. Ese momento no que a captura dun Escáncer (A.fragilis) baixo unha lata vella, a observación dunha larva de Libélula capturando un cucharón de anfibio nunha charca, ou o primeiro avistamento dunha rapaz (un Miñato, por suposto) facían subir o ritmo cardíaco e botábamos horas consultando depois nas guías todo o relativo a estas "novidades". Sen dúbida unha época fascinante...


 Os bichos, ou sexa, a fauna vertebrada e invertebrada, ocupará a maioría das entradas deste blogue, polo tanto. Pero ademáis dos bichos "normais", estarán presentes tamén de cando en vez os "bichos vexetais": a flora. Sempre pensei que non se pode comprender unha cousa sen a outra.
 Este proxecto ademáis vai servir probablemente para mellorar a miña técnica fotográfica. Precisamente foi o recente cambio de cámara o que acabou por convencerme. A responsabilidade do blogue vai obrigarme a traballar e a esmerarme un pouco máis no campo da fotografía, no que estou comezando aínda.  Non me queda outra! Porque (é unha opinión) nun espazo sobre Natureza as fotografías deben ter un importante protagonismo, ademáis do texto, por suposto.


  Iso si, non esperedes atopar aqui a mesma calidade fotográfica que podemos desfrutar nos bloges doutros colegas. Pero tampouco o pretendo. Nin a miña técnica é comparábel á deles, nin o meu equipo (unha simple cámara "bridge") me permite tampouco plasmar imaxes da mesma cualidade. Conformareime simplemente con que as miñas fotos sirvan para ver. Con algo de paciencia intentarei que, polo menos, a cousa sexa amena e entretida. 


 O título do bloge, "Bichos e demáis familia", pretende ser unha pequena homenaxe ao gran Gerald Durrell, naturalista e escritor de referencia para min. A sua influencia na miña persoa, sendo rapaz, marcou tanto a miña práctica de campo coma a propia visión do que é a observación e estudo da Natureza. Gerald, descansa en paz, mestre.
 E me despido agradecendo de antemán todos os futuros comentarios que poida haber neste espazo.
Un saúdo, e benvidos todos e todas.


37 comentarios:

  1. Grazas Xabi, parabéns pola iniciativa.

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  2. A ti por participar, Damián. Alégrome moito que o comentario que inaugura esta sección sexa teu.
    E xa me contarás cómo vos foi o próximo finde por Ortegal.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Por fín!!!
    Me alegro que te animaras.
    Suerte.

    ResponderEliminar
  4. Graciñas, Fernando. Grazas a Pepe puiden configurar este bloge (botamos media tarde na miña casa pelexando co PC..), pero ti és o culpábel do asunto fotográfico e de que me pillara a cámara, cos teus consellos na materia. Graciñas pola parte que che toca. Espero chegar a ser algún día a milésima parte de bon fotógrafo que es ti.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  5. Parabens Xabi!! Xa ia sendo hora!! Seguro que todos aprendemos dos teus comentarios e observacións. Grazas por compartir todo esto con nós.

    Apertas,

    Juan

    ResponderEliminar
  6. Pois benvido a este bloge, Juan. E que mira que sodes "pesaos", carallo!. Ao final conseguíchedelo...
    E non sei se vós aprenderedes algo. Eu de seguro que si, cos vosos comentarios e correccións.
    Ademais son dos que penso que os "comentaristas" tamén son, en certo modo, propietarios dos bloges. Cando participo comentando algo noutro bloge sinto que son parte del. E este bloge de "Bichos e demais familia" é propiedade igualmente de todos e todas os que participen. E vos pido que asi o sintades (supoño que o meu pasado anarco ten algo de influencia neste sentimento, je, je..) Sen vós isto non tería sentido.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  7. Ao final non apareciches como "anónimo". Ben!

    Pois xa che dixen por teléfono, ti és o pai da "criatura", macho! Cando veñan os choriqueios, os follóns, os problemas cos veciños e demáis igual te arrepintes!(é broma, malo será..)
    Bueno, xa falaremos (e temos pendente o da Chioglossa...)
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  8. Muchas gracias y bienvenido, Mikel. Viendo tu perfil tengo la sensación de que compartimos algo más que la afición por la naturaleza. Por ejemplo.. la música (la montásteis gorda por esa zona en la década de los 80...)
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  9. Boas xabi

    Noraboa e moita sorte nesta nova experiencia.
    Eu penseino varias veces pero ó final vai ser que non.

    Un aperta

    Ricardo Hevia

    ResponderEliminar
  10. Olá Ricardo. Pois vai ser que si! O meu bloge está aberto a todo aquel que queira participar. Xa comentei que teño unha visión do colectivo e da propiedade digamos...diferente. Estou seguro de que se un día te apetece facer unha entrada persoal, aportando fotos e demáis, neste bloge, non vas ter problemas. Neste país do minifundio négome a ser co-partícipe de tan lamentábel tradición. Este bloge estará aberto sempre a toda colaboración amiga (sempre que ésta non estea en contradición manifesta cos principos filosóficos básicos do autor, lóxicamente)
    Xa sabes onde estou!
    Graciñas pola visita.

    ResponderEliminar
  11. boa iniciativa xabi,son Anton, fotos non estan nada mal por agora, precioso o gato montes, eu xamais vin un vivo, por desgraza e un animal que esta desaparecendo moi rapidamente, unha verdadeira magoa

    ResponderEliminar
  12. Antón, qué sorpresa! (é un compañeiro de traballo do que vos teño falado no foro, que ten moitas pombas, patos e demáis..)
    Pois graciñas pola visita. A partir de agora xa sabes onde estou. Mañá ou pasado espero meter xa unha entrada seria. O de hoxe era máis ben unha presentación.
    Vémonos mañá no choio.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  13. Por certo Antón...o Gato bravo é no parque natural de Somiedo (Asturias). Aquel día vimos dous e oímos outro en cinco minutos. Impresionante! Este da foto posou ata que se cansou, mentras tomaba o sol da tarde nun prado, comose a cusa non fose con el. Se chego a ter a cámara de agora, buff, vaia fotos que tería sacado... (daquela tiña unha con pouco zoom.)

    ResponderEliminar
  14. Mucha suerte, creo que lo pasaras muy bien haciendo entradas en el blog.Valdoviño va a ser el espacio natural mas "bloagueado" de Galicia!

    Pablo Gutierrez

    ResponderEliminar
  15. En Sánchez Calviño tes outro siareiro do blogue, Xabi. Agardo constancia, que seica da traballo, e aprender de reptís, anfibios, botánica, e dos paxaros ferroláns cos que se criará meu fillo.

    Un saúdo

    David Martínez Lago

    ResponderEliminar
  16. Ben feito Xabi. Non teño dúbidas da tua capacidade para facer desta unha páxina de referencia. Date por co-responsable dos meus insomnios informáticos.
    Sorte

    ResponderEliminar
  17. Fernando Rodríguez Lamela26 de agosto de 2011, 6:44

    Grazas por convidarme á "presentación", ten mui boa pinta e vexo que xa tes unha grande familia.

    Os meus parabéns e muita sorte nesta nova aventura.

    Apertas.

    ResponderEliminar
  18. Parabéns, non esperaba menos! así poderemos disfrutar das túas observacións!

    Un detalle, ten coidado, o do blog engancha!, pero non é precisamente un problema, sobretodo para lectores ávidos de coñecimento (coma o ourensán) saúdos e saúde!

    ResponderEliminar
  19. Vaia éxito Xabi! Menuda cantidade de comentarios tan só na primeira entrada! Espero ver máis fotos de gatos bravos e de "bichos con pelo e colmillos" ;) Saúdos e ánimo a mantelo actualizado, xa verás a de horas que leva, paciencia! Unha aperta

    ResponderEliminar
  20. Menos mal que coincidín pola rúa con Pepe García Vizoso, que saía da túa casa despois deses asuntos técnicos e xa me comentou o do blogue.
    Era algo que caería polo seu propio peso...

    Unha aperta

    Manu

    ResponderEliminar
  21. Buff..estou abrumado. Nun primeiro momento esperaba con inquedanza os primeiros comentarios; mentiría se dixese o contrario. Pero ante tal avalancha xa non sei que dicir, a verdade.
    Tiña pensado contestar persoalmente a cada comentario, pois penso que é o correcto cando alguén se toma a molestia de participar (paréceme extremadamente descortés non corresponder aos comentarios dunha persoa que visita o bloge por primeira vez, sexa quen sexa). Pero como se me acumula o choio, vou ter que facer unha excepción e respostarei ao último "lote" de comentarios. Ademáis hai confianza con estes últimos.
    Outra vez, GRAZAS!, a Manu, Marcos, David, Alberto, Rubén, Fernando e Pablo (creo que non esquezo a ninguén, de ser asi pido perdón).
    E que me estades acojonando! Só espero estar á altura das expectativas que algúns tedes. A ver..
    Mañá vou ir a Forcadas con Pepe Vidal. Vai caer con toda seguridade unha entrada que, seguramente levará de regalo algo da Frouxeira. Seguro que vos sorprende isto último, je, je
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  22. Por certo Manu, que ben recurtadiñas tiñas as uñas nas fotos da temporaria de Cenza...Saiches moi favorecido.
    Ao mellor pégoche un toque hoxe para que pagues unhas birras no bar de Mari.

    ResponderEliminar
  23. You've made a good start with some fabulous photos.
    Best wishes, Eileen.

    ResponderEliminar
  24. Hi, Eileen! I expect to put a forthcoming entrance about your so-lovely Locustella naevia...
    The next time you arrive at Valdoviño I hope we could meet.
    Welcome to your home.

    ResponderEliminar
  25. Noraboa meu, agora xa tes que facerte un feisbuk e tuitear como Alberto, e xa seran un home de ben.. ;)
    O do veran ou similar derrolan xa o sofrin moitas veces ali na Malata, cando era novo..

    ResponderEliminar
  26. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  27. Parabéns, Xabi. E espero que haxa moito de hérpetos por estes lares que hai pouquiños blogs que versen sobre estos bichos. Por certo, hoxe mesmo, bicheando con Xosé Ramón Reigada e Anxos, decidín tamén retomar un blog que tiña na mente, polo que serán medio irmáns ;) A ver se comezo nuns días.

    ResponderEliminar
  28. Moi grata sorpresa a do teu blog, que, por suposto, seguirei atentamente, porque agardo del cousas extraordinarias. Por certo, as fotos teñen xa o seu aquel. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  29. Graciñas, Martiño. Xa sabes que o dos hérpetos esta garantizado aqui. E sorte co bloge novo (supoño que non deixas Saramaganta, ou?)

    ResponderEliminar
  30. Cando se trata de fotografía da Natureza e aparece Don Álvaro Fernández Polo isto xa son son palabras maiores...
    És moi amable, Álvaro. Sei que o dis por animarme. As macro van saíndo máis ou menos ben (algunhas foron feitas coa anterior cámara, a Olympus SPZ-510). Pero en canto hai distancia e hai que meter zoom, buf, a cousa se complica ...de cada dez fotos que tiro, nove producen severos daños oculares ao miralas. A hai unha que se pode ver sen visitar oftalmólogo. Pero teño que ter moita luz.
    Moitas grazas pola visita e dalles recordos ao resto de Calidris (Ah! e cando o vexas, pásalle o enderezo do bloge a Lorenzo, o de Bazán, que estes días non o podo ver no choio)
    Un abrazo, mestre.

    ResponderEliminar
  31. Pois non o deixo, Xabi. So que esta última tempada houbo demasiado (nunca é demasiado) campo para o atlas, que lle estamos dando moita caña. Pero agora volvemos a sentar un chisco a cabeciña e hai máis tempo para dedicarlle ós blogs.

    ResponderEliminar
  32. Boas Xabi...os meus parabéns de todo corazón pola iniciativa, da que me acabo de enteirar xa que andei un aquel desconectado da rede. Este bló está engadido dende xa aos blós amigos do noroeste do Noroeste: bisbarra que é xa cimeira na divulgación naturalista.
    (Blogger non me deixa firmar coa conta, irá como anónimo, pro recibe un saúdo e unha aperta de Rafael.)
    A mandare.

    ResponderEliminar
  33. Graciñas, Rafa. O teu bloge é unha referencia para todos e todas as naturalistas deste noso noroeste.
    Que saibas que sempre serás benvido en "Bichos e demáis familia" (porque é moito máis o que nos une que o que nos separa). Seguramente has ter ocasión para enriquecer este bloge cos teus sabios comentarios, pois non han faltar entradas sobre a flora, que tanto amas. Nese terreo (como na entomoloxía) son un aprendiz e sempre será de agradecer a axuda dos expertos.
    Unha aperta e benvido!!

    ResponderEliminar
  34. Xa te metín en favoritos Xabi.Parabéns por esta sempre interesante iniciativa de compartir inquedanzas e coñecementos. Xa nos veremos

    ResponderEliminar
  35. Olá, Lorenzo (xa vexo que Álvaro fixo o "choio"..) e benvido tamén a este espazo colectivo sobre natureza.
    Xa che irei facer unha visita polo pañol a chorizarvos máis terminais para as masas dos equipos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar