Seguidores e seguidoras

domingo, 20 de noviembre de 2011

A Rá patilonga (Rana iberica)

 Non me quedou "bon corpo", logo do masacre contemplado onte en San Xurxo, así que hoxe poño unha entrada con bichos "vivitos y coleando".

 Na compaña de Manu Arzúa, dimos hoxe unha voltiña breve por terras da Capela, concello pertencente a esa entelequia administrativa (pero moi práctica) que se chama "Ferrolterra". A presenza dos nosos amigos escopeteiros (négome a chamarlle cazador a calquera...) na rota que tiñamos planificada fixo que, de súpeto, nos abandonasen as ganas de continuar a excursión, tanto a Manu como a min.

 Non obstante, a visión de certas paisaxes é premio dabondo..



 Nós, nativos de Ferrol, non saberíamos identificar estes "Eucaliptos" tan raros, coas follas douradas a ponto de caerse. A ver se alguén pode axudar..

 Meto unha foto, con espontáneo incluido, para que se poda apreciar o tamaño destas árbores. Non hai un Carballo así en Ferrol nin "jarto de grifa", que diría algún vello colega meu..


  Como dixen antes, logo do de onte, tiña moitas ganas de ver anfibios. E pola beira do río Belelle as Rás patilongas (Rana iberica) son fáciles de atopar.

 Hbaía machos e femias de bon tamaño (algunhas grávidas, Pedro). A esta, hipnotizeina un momento, para que ficara tranquila. Eu prefiro retratalas "ao natural", no seu medio, que é tal como se ven no campo.

 Cos cucharóns (larvas) vou ter que levar un cacharro de cristal, se quero meter algunha entrada deles na Primavera. Xa lle pedirei consello aos expertos...



 Unha das características máis habituais deste endemismo ibérico é a franxa central clara na gorxa. Non é diagnóstica na nosa zona. Pero normalmente xa vale para identificar esta rá. Eu fíome moito máis do tamaño do tímpano (moito máis notorio en R. temporaria) e sobre todo da palmadura interdixital nas patas traseiras. Afortunadamente a subespecie de Rá vermella que temos aquí ten unha membrana moi reducida, en comparanza co subespecie nominal. Algo que nos axuda a distinguila da R. iberica, nas zonas do norte do país, onde ambas son moi comúns.



 Tamén estaba moi chula unha charca que controlamos hai anos na Capela. pero aínda non había nada visíbel na auga. A Capela é un concello de certa altitude (400 m. aproximadamente, de media) e bastante máis frío que Ferrol. Asi que as datas de entrada poden variar un pouco con respecto á costa de Ferrol. Localizar os anfibios dentro da auga tamén tén a súa ciencia, pero iso queda para outro día...


 Unha aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario