Seguidores e seguidoras

sábado, 10 de diciembre de 2011

Fotos na ría de Ferrol

 Antes de nada, quero agradecer a Sergio París os seus consellos sen os cuais non tería sido capaz de incorporar un pequeno espazo para a música no meu blogue. Non sei se é porque estiven nunha banda, porque paso moito tempo oíndo música, ou simplemente por facer o blogue un pouco máis atractivo e variado. Pero apetecíame meter algo asi.

 Probablemente haberá un pouco de todo, pero o Hardcore, Punk-rock, Ska, Reggae, e pop-rock en xeral han estar  ben presentes neste novo apartado. Sen desbotar outros estilos, pois foron moitas as fontes das que me nutrín musicalmente . E, para comezar esta nova "sección", nada mellor que os Helloween. Con moito, unha das miñas bandas favoritas. Iso a pesar de que os heavies me facían a vida máis difícil cando era un adolescente con crista punkarra e demáis, aínda que tamén teño bós amigos hevicheiros, coma non podía ser menos en Ferrol (cidade Heavy total nos anos 80!)

 Por último, se alguén quere comentar, criticar (ou denunciar por atentado musical) a miña música, pode facelo no apartado de comentarios. Sen problema.

Aproveitando que por fín mellorou o tempo, a media mañá, saín de casa decidido a mellorar dunha vez por todas a calidade das miñas fotos.  Para iso voltei pola ría de Ferrol, aos mesmos lugares que antonte.
 Nesta ocasión a marea desfavorábel e a numerosa presenza humana, tampouco me puxeron as aves demasiado "a tiro" (perdón..). Non obstante puiden retratar de maneira razonablemente boa varias especies típicas da ría:

 O Picapeixe (Alcedo atthis) foi o primeiro en aparecer, no peirao de Barallobre (Fene). A unha distancia moderada e con boa luz, eu xa non son capaz de facer moito máis coa miña FUJI.


 Tiven sorte de collelo en vó, mentras mudaba o emprazamento. Unha silueta certamente aerodinámica.


 É importante destacar que non se trata da clásica ave invernante ou divagante, senón que é reprodutora no entorno da ría. Para min iso dalle unha importancia infinitamente superior á que podan ter os avistamentos ocasionais de aves en paso, e que tanto saturan os foros.




 A segunda protagonista do día foi a famosa Garza branca (Egretta alba), en tempos toda unha rareza, hoxe en día un ave familiar para os ornitólogos e ornitólogas galegas. Pepe Vizoso ten unhas fotos bastante "cutres" no seu blogue, así que vos poño aquí unhas fotos boas, obtidas no Seixo (Mugardos)


 Unha pena que me detectara xusto cando estaba chegando moi perto dela. Alí había sacar unhas fotos bastante mellores..


 Coa preamar, todas as garzas buscan repousadoiros para descansar e limparse as plumas, actividade á que as aves acuáticas poden adicar moitas horas. Nesta embarcación encontrábanse dous exemplares de Garza branca e unha Garzota común (Egretta garzetta). As tres decidiron acicalarse ao mesmo tempo...



 Desde O Seixo podemos ver,  mirando cara o lado Norte da ría, o estaleiro de Navantia. Estes guindastres están ocupados por uha pequena colonia de Cirrios pálidos (Apus pallidus). O tocho que está debaixo deles está "ocupado" por unha morea de curritos. Entre eles o autor deste blogue (ese cuadrado azul que se ve no barco en grada é un pequeno transformador de trece toneladas que metimos a semana pasada)



 O outro día quedei un poudo fastidiado ao non poder fotografar as Gaivotas canas (Larus canus) que vin en Neda. Hoxe, de entre dez fotos, había unha que vale para colgar no blogue sen perder amigos..


 Descansaba nun paseo de madeira, acompañando un grupo de Choronas (Larus ridibundus). A distancia era grande, máis apropiada para digiscopping ou "armamento pesado". Polo menos se distingue a especie, non como a pseudofoto do outro día.

 As choronas si que saben "posar", coño.. Aínda que se mostraban protestonas.




 Logo de muitas xornadas de práctica, creo que ésta é,  por agora, a maior calidade da que son capaz coa FUJI HS10. E iso que a gaivota colaborou, permanecendo moi perto sen asustarse.


 Ben, ata a próxima entrega fotográfica (Pablo, Fernando, Pepe: "temblad"!!)

4 comentarios:

  1. Dixeno o outro día e o repitoo de novo: melloras día a día(fotograficamente) , moi bonito o picapeixe. Unha aperta Xabi.

    ResponderEliminar
  2. Teño bos espellos nos que mirar e aprender, Pepe.

    Non obstante, penso que a Fuji, en boas maos, ten que dar máis de si. Aínda que nunca será unha réflex, claro está.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Pois eu non sei o rendemento que dará a cámara, pero sei que coller o picapeixe en vó e a hostia de dificil, eu teño unha chea de manchós verdes...
    A este paso non tardaremos moito en mirar por acó o que dá a Fuji de sí. un saúdo Xabi

    ResponderEliminar
  4. Graciñas, Toñito. O do Picapeixe foi, simplemente, sorte.
    Estábao enfocando no momento mesmo en que decidíu cambiar de sitio na corda. Case nin me dei conta ata que vín a foto na casa, de verdade.
    Pero se che preguntan ti cóntalles que tiven moitos reflexos e que son un crack.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar