Seguidores e seguidoras

viernes, 6 de enero de 2012

Nova reunión cos portavoces veciñais

Hoxe volvín a reunirme cos portavoces veciñais afectados pola crecida da lagoa da Frouxeira. Nesta ocasión fun eu só, a título persoal. Quería saber se seríamos ben recibidos mañá, no caso (dubidoso) de acudir á concentración que teñen convocada.

 Primeiro pasei polo concello, onde estaban varias mulleres, que me invitaron a probar un roscón que tiñan de merenda. A pesar de que a rosca tiña unha pinta magnífica, este ecoloxista íntegro non acepta sobornos de ninguén, e rexeitei aquel ofrecimento.. Logo baixei ata a canle, onde me encontrei con Fernando e Juan Carlos.

De novo atopeime unha boa acollida. Estaban a repartir este folleto:


 Lóxicamente vén sendo un pouco o lema da faixa que han poñer na concentración de mañá.

 Ben, dicir que lles mostrei o meu desagrado pola segunda das frases. Expliqueilles que para mín era un problema participar nun acto que "defende o paseo", pois eu estaba dacordo na súa eliminación. Alomenos da súa parte Sur, que se construíu nunha zona moi sensíbel da lagoa.

 Respostaron que o lema referíase únicamente á parte do paseo colindante coas casas, o tramo asfaltado. Que eles tamén verían con bos ollos que se eliminase o resto, deixando un camiño peonil ata o observatorio.
   Penso que é unha postura razonable, e perfectamente asumible, dadas as circunstancias. Aínda que o lema non deixa de ser unha frase  moi ambigua que dificulta poñerse a carón da pancarta...

 Do resto comentaban que levan entre 14 e 19 días afectados. E relatáronme as palabras exactas que lles espetou o responsábel provincial de medio ambiente (Carlos Muñoz), que demostrou nula sensibilidade e si bastante prepotencia e falta de tacto cos veciños, na miña opinión.

 En fin, tiña pensado acudir mañá, pero con iso de "Salvemos o paseo", tal como está redactado, fáiseme un pouco difícil.
 Aínda así, sigo pensando que son xente moi razonable e sensata.

 Seguiremos informando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos