Seguidores e seguidoras

domingo, 1 de enero de 2012

Ortigueira 2012

 Non hai mellor maneira de comezar o ano que pasar pola ría de Ortigueira, como saben Antonio e Pablo, que tamén andaban por aló..  Como sigo sen poder levar peso no ombro, fun simplemente a pasear coa cámara.

 E nada máis chegar, a típica cagada dos "primerizos". Quédome sen pilas xusto cando me encontro dous Carolos (Alca torda) a menos de dez metros na praia de Cariño! (Álvaro  Fernánez Polo contábame despois que me quedan moitos despistes como éstes) Afortunadamente, despois observei outro exemplar en Sismundi, aínda que bastante máis lonxe



 Algún Mascato (Morus bassanus) entraba bastante a pescar dentro da enseada de Cariño. Como imaxinaredes a luz a esa hora era "fantástica". Un pouco máis e salta o flash...


 Na praia de Cariño o clásico grupo de Gabitas (Haematopus ostralegus) .  Descansaban durante a preamar e conseguín fotografalos sen que levantaran vó. Tampouco pido unha medalla por iso, que conste.





 Aproveitando que estaba aló, apetecíame ver a Gaivota polar (Larus glaucoides) que anda estes días na praia. Pero non fun quen. Só identifiquei gaivotas comúns. É un campo moi difícil este das Larus grandes e a min me supera, sinceramente.


 Logo entrei na ría interior a ver se había algo que non levar o vento, porque sopraba con ganas..

 O que tamén entrou foi un Falcón (Falco peregrinus) que levantou as poucas limícolas que había na zona. Detrás do falcón vai un ave que semella un Pilro groso, tamén coñecido coma "Pilro suicida"


 En Feás os ardeidos comezaban a "desperezarse", a medida que a baixamar indicaba a hora de xantar. Entre elas destacaban tres Cullereiros (Platalea leucorodia). O da parte alta da foto distínguese ben.


 Cando saíron ao intermareal vin que había algunha anelada. Lamentablemente non tiña o "telesforo" e a miña cámara non dá máis de sí..


 Mentras estaba todo concentrado nas garzas, escoitei un asubío e, a traición, dous paparazzis da revista "Calidris" me sacaron esta foto infame.


 A cousa está xa nas máns dos meus avogados...

 As Garzotas (Egretta garzetta) soportaban o vento como podían, poñéndose en posición aerodinámica. Sempre co bico orientado á procedencia do ar.


 Estiven practicando un pouco e creo que logrei non "queimar" os brancos das Garzotas. Neste sentido o día que facía, sen sol ningún, axudoume bastante, tamén é certo.


 En fin, unha pena de tempo. Pero unha mañá aproveitada.

 Unha aperta e grazas a Álvaro pola foto (vémonos nos tribunais!).

5 comentarios:

  1. Boas Xabi, para que non te sintas mal polo das pilas, xa che digo que eu hoxe saín sen tarxeta de mamoria...
    menos mal que era cerca, xa me pasou de ter que regresar dende Ortigueira o Barqueiro, en fin, como se soe decir, o que non ten cabeza ten pes.
    O das gaviotas... eu xa non son gran paxareiro, pero o de identificar gaivotas úndeme de todo, buff iso é un mundo.
    Nada xabi un saúdo e a recuperar ese hombro.

    ResponderEliminar
  2. Saíches sen tarxeta...ou sen memoria?

    O da identificación das gaivotas é certamente complicado. Pero iso non era así antes! O que ocorre (tanto na ornitoloxía, coma na herpetoloxía ou mastozooloxía) é que os cambios taxonómicos nos últimos anos son constantes. E tolean a calquera. Os que se poden permitir comprar varias guías cada ano pois están ao tanto das variacións/subespecies e demáis. Pero os que renovamos as nosas guías cada dez anos estamos obsoletos e cando me falan de P10 ou H2O pois flipo...
    Cando eu empecei (a mediados dos 80) a nosa patimarela era Larus argentatus na maioría das guías. Alucina!

    E graciñas polo ánimo. Pero realmente a lesión máis importante non é a do ombro (que me fastidia como naturalista, sobre todo). O problema está no óso sacro (no cú, vamos). E me ten moi, pero que moi preocupado, porque sigue doéndome un montón. A hostia que me dei no barco non foi broma, non...
    Unha aperta, Toñito.

    ResponderEliminar
  3. Si, o oso pombo (tradusion libre do "hueso palomo") eche mala cousa, ainda que eu tiven o supraespinoso do ombreiro "a dor" e tampouco lle queda lonxe..
    Ti mete unha demanda e pide cartos, que esta mala a cousa.

    Cesar

    ResponderEliminar
  4. Non creo que faga falta iso na Bazan, César. O bon das empresas públicas é que se respetan bastante os dereitos dos traballadores (por iso a dereita sempre se quixo desfacer delas, lóxicamente).

    ResponderEliminar
  5. Non home, dicia polos paxarazzis.. ;)

    ResponderEliminar