Seguidores e seguidoras

lunes, 9 de enero de 2012

Primeiras fotos reflex en Ortigueira

Teño que recoñecer que me está custando bastante adaptarme ao novo enfoque da reflex. Pero os resultados comezan a aparecer, logo duns días de prácticas.  Hoxe pola mañá estiven na ría de Ortigueira e, logo de pegar unha "batida" polas xunqueiras de Ladrido, adiqueime asimplemente a practicar coa Canon. Tamén contei algunhas cousas. A finais desta semana vou comezar os censos en serio e daquela non haberá tempo para fotos.
 Isto foi o que vin esta mañá:

- 3 Mobellas grandes (Gavia immer). Poño unha foto testemuñal.


- 82 Patos culleretes (Anas clypeata) frente á vila de Ortigueira. Só levaba os binóculos, o que limita moito o censo na ría central.


- 5 Pentumeiros (Melanitta nigra). O outro día vin 8 en Mera que, probablemente, sexan un grupo diferente.


- 45 Biluricos comúns (Tringa totanus). Ún deles tivo éxito na xornada de caza. Carrexaba un peixe que tiña toda a pinta de ser un Lorcho (Blennius sp). A diferenza entre a calidade do sensor reflex, frente ao da anterior "bridge", queda patente nesta imaxe.


- 1 Bilurico escuro (Tringa erythropus)

-14+ Pilros grosos (Calidris canutus)

- 2 Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus) Poño unha serie de fotos.








 En fin, quedei moi contento coa nova cámara logo desta sesión de fotografía.

3 comentarios:

  1. Moi boa a cabecinegra voando, Xabi, empezas a collerlle gusto a reflex. Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Parabéns Xabi, o detalle de pillalo bilurico co peixe, e a cabecinegra voando, teñen moita dificultade.

    ResponderEliminar
  3. Olá Pepe e Marcos:
    Graciñas polos comentarios. Teño que confesar que, logo duns días un pouco escéptico (o tempo tampouco axudaba), comezo a ver os "resultados reflex".
    O malo é que, ao carecer de estabilizador de imaxe, xa vos imaxinaredes que teño que andar con velocidades moi rápidas (1/500 para arriba), o que implica en consecuencia subir a ISOs de 200 ou 400.

    Fixádevos que as mellores fotos son de aves en vó, xa que aí a falta de estabilizador non inflúe!

    Un abrazo.

    ResponderEliminar