Seguidores e seguidoras

sábado, 12 de mayo de 2012

Primeiras avanzadas

Comezan a chegar as primeiras avanzadas de limícolas á Frouxeira. Polo de agora, en número moi cativo, debido á compoñente Leste pura que colleron os ventos e á forte intensidade mantida ao longo de todo o día. Pero hoxe sábado Juan Gómez e máis eu xa puidemos observar 8 especies de limícolas típicas:

- 2 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus) na lagoa e outros 12 na praia dos Botes


- 2 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- 3 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 2 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
- 2 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola) na lagoa e outra máis na praia citada.Nestas datas visítannos coa chamativa plumaxe nupcial branquinegra


- 4 Píllaras reais (C.hiaticula) na lagoa e outros 3 nos Botes
- 12 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 10 Pilros tridáctilos (Calidris alba) na lagoa e outros 13 nos Botes


 Tamén vimos como máis destacado por aló:

- A Garzota branca (Egretta alba)
- 5 Carráns cristados (Sterna sandvicensis)
- 8 Carráns pequenos (Sterna albifrons)
- Ademáis, como cita excepcional por tratarse dunha lagoa, observamos o que pareceu un Paíño (Hydrobates pelagicus) pousado na superficie da lagoa primeiro e voando cara o sur a baixa altura logo. Desgrazadamente non se puido confirmar con claridade, pero foi desde logo unha observación ben peculiar (na costa cercana o Paíño está presente durante a temporada reprodutora, cousa ésta última que está confirmada a unhas poucas millas apenas da Frouxeira)

 Por último, poño a foto dunha Folosa marela (Hippolais polyglotta), un sílvido que nestes días de Maio está alegrando as xornadas de campo cos seus vistosos colores e o seu canto.


  Mañá haberá sen dúbida, moitas novidades, aínda que o prognóstico parece ser máis favorable a partir do luns, con vento algo menos forte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos