Seguidores e seguidoras

jueves, 14 de junio de 2012

Terapia de paxareo pola Terra Chá.

Sigo de baixa e fastidiado do xeonllo. O cal non me impide dar paseos coa cámara no pescozo. A Terra Chá lucense é un lugar idóneo para camiñar nestas circunstancias, xa que non hai subidas nin baixadas. Logo de botar o martes pechado na casa tiña ganas de tomar o aire, así que fun dar un paseo pola Veiga de Pumar (en Castro de Rei) e pola Espiñeira (en Cospeito).

  Pola mañá había néboa, algo típico por aló, pero logo quedou un día perfecto para bichear. Hoxe vou facer unha lista das aves máis interesantes que vin (algo que está moi de moda agora). Da lagoa só inclúo as aves non acuáticas:

- Cegoñas brancas (Ciconia ciconia). Concentración de 18 ex perto de Roás
- Millafres negros (Milvus migrans) 3 Parellas (P)
- Tartaraña cincenta (Circus pygargus) 1 ex melánico na Veiga de Pumar. Teño a sensación de que houbo un declive importante da especie pola zona.
- Miñato abelleiro (Pernis apivorus) 1 ex fase clara e, probablemente, 1 ex fase escura (coa plumaxe en moi mal estado) sobre a lagoa de Cospeito
- Falcón común (Falco peregrinus) 1 ex ciclando nas pradarías situadas 1 Km ao NO. da Veiga de Pumar
- Falcón pequeno (Falco subbuteo) 1 P. na lagoa de Cospeito
- Paspallás (Coturnix coturnix). Escoitados 8 ex en total.
- Sisón (Tetrax tetrax). 6 Machos (M) cantores + 1 P + 2 ex en total.

                                          Sisón M reclamando entre a néboa

                                Sisón en vó

- Rulas comúns (Streptopelia turtur). 2 P + 2 M cantores + 2 indiv soltos. Observada en prácticamente todas as paradas favorábeis
- Rulas turcas (Streptopelia decaocto) nunha granxa da Veiga de Pumar

                                Rula turca

- Cucos (Cuculus canorus). Observados 2-3 exemplares na Veiga e escoitado outro en Cospeito
- Bubela (Upupa epops). Un exemplar nunha sebe da Espiñeira
- Lavercas (Alauda arvensis). MM cantores nas zonas de pradaría aberta.
- Pica das árbores (Anthus trivialis). 3 ex nos arredores da Veiga (entre eles 1 M cantor e 1 ex levando bicada ou saco fecal) e 1 ex na lagoa de Cospeito
- Lavandeiras marelas (Motacilla flava). Un total de 7 P repartidas pola zona (algunha levando bicada). Este ano non vin nin a primeira pola zona litoral de Ferrolterra, fóra dos humidais e dunas.
- Tordos charlos (Turdus viscivorus). 1 ex na Veiga de Pumar e 1-2 ex na Espiñeira.
- Papuxas apardadas (Sylvia borin). Varios exemplares en sebes de salgueiros, na lagoa de Cospeito
- Papuxas comúns (Sylvia communis). Bastantes exemplares espallados por toda a zona. Un paseriforme que me alegra moito ver, pois desapareceu das áreas litorales de Ferrolterra.

                                Papuxa común cantando desde un Ameneiro

- FOLOSA GRANDE (Acrocephalus arundinaceus). 1 M cantando de maneira persistente na lagoa Norte de Cospeito. É a primeira observación propia neste lugar. Non puiden aproximarme para sacarlle unha foto, pero conto coa inestimable axuda de Pablo Gutiérrez, que me cedeu unha foto estupenda. Grazas, Pablo.

    Folosa grande

- Picanzos vermellos (Lanius collurio). 2 M na Veiga, e 2 P + 2 M na Espiñeira
- Estorniños negros (Sturnus unicolor). Numeroros bandos formados por xóvenes do ano.
- Ouriolo (Oriolus oriolus). 1 Parella na espiñeira. A femia expulsou a un Tordo charlo que se debeu acercar polo niño

 Un saúdo.



2 comentarios:

  1. Un produtivo paseo pola chaira Xabi. Esa sensación de declive da tartaraña cincenta é compartida case con seguridade por todos aqueles que visitan regularmente a zona, a pesares de observacións este mismo ano de até 6 - 7 exemplares. Poucas zonas axeitadas para a niñificación fóra das praderías onde fracasan unha vez sí e outra tamén.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Unha pena. Imaxino que a situación do C. cyaneus será aínda peor (aínda que xa sei que é máis de montaña)

    Unha aperta.

    ResponderEliminar