Seguidores e seguidoras

domingo, 12 de agosto de 2012

Hérpetos no Forgoselo

    Hoxe deixei descansar a réflex, que botaba fume a pobre. Collín a Fuji e me fun con Estrela e os nenos ata os montes do Forgoselo. Non é a mellor época para isto tampouco, desde logo, pero atopamos uns cantos hérpetos, que encheron aos pequenos de ledicia.



  Nesta turbeira (con charca incluída) Estrela vira onte mesmo unha limícola. Pola descrición que me deu, penso que era un Bilurico (Actitis/ Tringa). Pero esta mañá xa non estaba.


 Por alí había hoxe moito "ambiente". Por unha banda varios cazadores adestrando cans, que corrían coma posesos dun lado a outro mentras os chamaban cos pitos. Por este motivo o numeroso gando da zona (cabalos e vacas) estaba moi nervioso. Mesmo vimos dous cans aghilipollaos de todo perseguindo terneros polo monte. Daban ganas de empezar a pedradas con eles, de verdade...
  Logo apareceron varios ciclistas coas súas bicis de montaña. Unha especie en franca expansión na comarca ferrolá. En fin, só faltaban catro hippies vendendo artesanía e xa parecería aquilo a Rúa real de Ferrol.

 Na primeira pedra que levantei tivemos sorte e apareceron varios exemplares metamórficos de Tritón verde (Triturus marmoratus).


   Sabedes de sobra que non son amigo de manipular a fauna, pero neste caso fixen unha excepción. Primeiro, porque debíamos sacalos para non esmagalos ao baixaren a pedra. E, segundo, porque considero que o contacto directo cos animais reforza na mente dos nenos o amor e o respecto pola Natureza.

 Pintafontes verdes (Triturus marmoratus) na mán de Xiao

  En Galiza é imposíbel levantar pedras perto de zonas húmidas sen atopar algún Pintafontes común (Lissotriton Boscai).

Pintafontes común (Lissotriton boscai)

   Nunha ladeira de solaina había bastante pelouro. Aquilo tiña boa pinta para réptiles, e así foi. Unha xoven Cobra lagarteira (Coronella austriaca) a ponto de mudar a pel, como se nota pola cor opaca dos ollos.

Cobra lagarteira común (Coronella austriaca) xuvenil

 Xiao tíñalle moito medo ás cobras, así que deixei que a collera (a petición propia), mentras eu baixaba a pedra. En canto a sostivo un rato na mán, xa esqueceu o medo todo. O pequeno Lois, de catro anos, armouse de valor e tamén lle botou a mán un momentiño. Agora xa teñen unha historia para contar no colexio!

 Nestes montes habitan únicamente taxons eurosiberianos ou endemismos ibéricos do noroeste, como correspón a unha zona fresca e tan húmida como é o Forgoselo. Entre unha morea de Sapos corredores metamórficos, encontramos varios exemplares adultos.


  Estrela alucinaba coa beleza deste sapo visto de perto, sobre todo cos seus ollos. A min tamén me pareceu desde sempre ún dos anfibios máis bonitos.

Sapo corredor (Bufo calamita)

Ata outra.

6 comentarios:

  1. Pois debe ser a semana dos metamorficos de B.calamita, eu atopei unha morea onte, alguns de paseo as duas da tarde. Non esta dia de praia pero tampouco semellaba dia de paseo anfibio..

    Cesar

    ResponderEliminar
  2. Ben, César, o de onte no Forgoselo era moito. Achegábaste a calquera charca (secas a maioría) e, de súpeto, dábaste conta de que os estabas pisando! Porque son tan, tan, tan pequerrechos que case non se vén. Case hai que coller a lupa de bolso para velos.

    Semella que lles foi ben este ano, logo...

    ResponderEliminar
  3. Ola Xabi:
    Nos tamén hai uns 15 días andivemos por Cotobade e atopamos moitísimos metamórficos de Bufo calamita e tamén algún de Lissotriton boscai e un moi pequeniño de Hyla arborea, ademáis de un xuvenil de Timon lepidus e outro de Podarcis bocagei; parecía que andavamos nunha galescola de he´rpetos.
    Apertas. Moisés.

    ResponderEliminar
  4. Opa Moisés!

    Quizá este ano os favoreceu. Ao explotar tan ben as charcas temporais de pouca profundidade, ao mellor as precipitacións primaverais, logo da seca invernal, puido propiciar o incremento do hábitat "tipo" da especie.

    Unha pena que non sacáramos nada útil para o Atlas.

    Unha aperta e grazas pola visita.

    ResponderEliminar
  5. Muy espectaculares las fotografias de los botes ,pero tambien me gustaron las del martin pescador.Sigo alucinando como te sabes los nombres cientificos de toda esa bicheria.enhorabuena.jorge.

    ResponderEliminar
  6. Olá Jorge:
    En trinta anos de "profisión" non ten mérito nengún aprender uns cantos nomes científicos. Podes crerme. Ten bastante máis mérito para min aprender a instalación eléctrica do megabuque!.

    Grazas pola visita.

    ResponderEliminar