Seguidores e seguidoras

miércoles, 17 de octubre de 2012

A Frouxeira, 17-Outubro, actualizada

 Logo de permitirme unha pequena escapadiña a semana pasada, agora vou ter que cinguirme á zona de Ferrol durante unha temporada. E hoxe pola mañá fun dar unha volta rápida pola lagoa da Frouxeira, en Valdoviño, que segue chea. Polo de agora o nível non é preocupante (desde o meu ponto de vista) aínda que preferiría que estivese aberta nesta época do ano.

 Isto foi o máis destacado nunha mañá negra coma o chapapote do Prestige:

- 16+ Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). Con estes niveis de auga o censo non deixa de ser algo simbólico, dada a súa dispersión entre as xunqueiras asolagadas.
- 3 Garzas reais (Ardea cinerea)
- Varios Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
- 9 Patos asubiadores (Anas penelope)

Pato asubiador (Anas penelope)

- Patos típicos residentes (Anas strepera/platyrhynchos). Nestas alturas do ano poden sumar uns 150-200 individuos entre as dúas especies, polo menos.
- 2 Patos culler (Anas clypeata)
- 6 Patos cristados (Aythya fuligula)
- 7 Patos chupóns (Aythya ferina)

Patos mergulladores (Aythya ferina/fuligula/collaris)

- 1 Pato cristado americano (Aythya collaris). Probablemente femia, pero entre a luz tan mala, a distancia enorme e a mestura de plumaxes de muda que aínda teñen as anátidas, buf.... Esta anátida americana é xa de presenza regular na comarca de Ferrolterra, desde hai uns anos.

Parrulo cristado americano (Aythya collaris, esquerda da imaxe)

- Unha Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) femia.
- 198 Galiñolas negras (Fulica atra)
- 3 Choias (Pyrrhocorax phyrrhocorax) que viñan desde o durmideiro na costa cara os cultivos.

 En fin, que van entrando cousiñas novas por aquí. Algo lóxico, tendo as datas nas que estamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario