Seguidores e seguidoras

sábado, 27 de octubre de 2012

Por terras de Cospeito

 Había tempo que non saía a bichear con Manu Arzúa, e hoxe quedamos para ir a Cospeito, onde fixemos o itineario habitual (charca de Cospeito, campos da Espiñeira e pradarías do Arneiro-Veiga de Pumar). O tempo foi malo todo o día, con vento, chuviscas e frío. Estas dúas fotos son bastante enganosas, de verdade que nos choveu durante case todo o tempo!.

 Prados da Espiñeira

  Hoxe parecía un concurso de cámaras fotográficas. Por unha banda, eu levaba a reflex e máis a compacta (que se debe estar oxidando  a pobre) e Manu o seu maquinón, a bridge "top" do mercado.
   Por ISO de darlle un pouco de uso á Fuji, tomei algunhas fotos con ela...

Charca de Cospeito

  As pradarías aparecían bastante baleiras, para estar xa a estas alturas do ano. Pequenos grupos de Lavercas (Alauda arvensis), bandadas pequenas de Estorniños (Sturnus spp), exemplares soltos de Picas (Anthus pratensis) e algún frinxílido despistado foi o único destacábel durante a mañá.

 A mediodía puidemos observar un Esmerillón femia (Falco columbarius) e un Gabián (Accipiter nisus), que fixeron saltar todas as alarmas entre os paseriformes da Veiga de Pumar.

 Ún dos obxectivos da visita era localizar os primeiros grupos de limícolas invernantes, pero non houbo moita sorte. Únicamente un grupo de 20 Avefrías (Vanellus vanellus) na Espiñeira. O día non estaba moi polo labor no aspecto meteorolóxico, pero algunha foto decente puidemos sacar.

Avefrías (foto: Fuji HS10) 

Bando de Avefrías en vó (foto:Nikon Coolpix 510)

    Non, tranquilos, que non me volvín un frikie da fotografía. Pero resulta que hai uns días tiven conversas precisamente sobre cámaras "bridge" con dous amigos (Víctor e Quique). Por iso aproveitei a xornada de hoxe para facer provas e comparalas un pouco.

 Picanzo real (Lanius meridionalis) (foto: Nikon 510)

 Só detectamos un Picanzo real en todo o recorrido, pero alomenos puidemos afotalo con maquinón de Manu. Porque, hai que dicilo...vaia cámara!! Un pouco máis e lla "secuestro". Parece incríbel que unha cousa tan pequena, tan compacta, ofereza tantas prestacións. A luz foi malísima case toda a xornada, pero as sensacións coa Nikon, vendo as fotos que sacaba Manu, e algunha que tomei eu,  foron estupendas.

 O máis interesante da xornada foron os Tordos. Porque puidemos observar os primeiros Tordos reais (Turdus pilaris) e rubios (Turdus iliacus). Os Rubios non nos deixaron recoller un documento gráfico da súa visita. En total observamos un grupo de 8 Reais na Veiga e outro de 3+ na Espiñeira. E 3 rubios na zona da Veiga tamén.
  Así de memoria son avistamentos dos máis temperás que lembro nestas dúas especies, alomenos de Tordos reais, que adoitan aparecer máis ben entrado Novembro. Este Outono tenme pinta de vaga de frío...


 Tordos reais e Estorniño pinto

  De sempre, o Tordo real me pareceu un paseriforme moi fermoso. Dos máis fotoxénicos de todos. Ademáis é un sinal anunciador da entrada de invernantes (Avefrías, Píllaras, Becacinas, Pimpíns reais, etc), que soen acompañar no tempo as entradas de reais. Por iso a súa aparición masiva coincide habitualmente con bós momentos de observación para os ornitólogos e ornitólogas.

Tordo real (Turdus pilaris) (foto: Canon Eos 500)

Por aló andaban tamén grupiños de Tordos charlos, un ave sumamente desconfiada. Aproveitando o descomunal zoom da Nikon de Manu puidemos retratalos para a ocasión. Porque, desde logo, poucos paxaros son máis difíceis de aproximarse a eles.

 Tordos charlos (Turdus viscivorus) (foto: Nikon 510)

 Desde logo nunca vin cousa máis parecida ao diggiscoping ca esta Nikon, coa súa brutalidade de 42x!! (equivalente a un 1000mm en formato 35). Esta noite moito me temo que terei pesadelos con ela, pensando no espectacular rendimento que ofrece e o pouco que custa...

 E con esta foto das Veiga de Pumar, encharcada pola chuvia dos últimos días, déixovos. Parece insinuar unha inminente visita a outra localidade mesetaria igualmente moi apetecida polas aves.


 Como dín os castellanos, Hasta otra!

12 comentarios:

  1. Non sabía que existira unha máquina de 42x, e certamente non e cara.Si que ivades preparados. Un saúdo a Manu que fai tempo que non vexo.

    ResponderEliminar
  2. Dareille o saúdo Pepe!

    E o da Nikon... brutal é dicir pouco. Sinceramente,iso de andar co trípode e o teles encima para afotar unhas anelas ou para tirar unha foto testemuñal dunha rareza, penso que é algo que vai pasar á historia de maneira inminente.
    Porque son ganas de cargar peso de maira gratuíta, tendo estas incríbeis compactas por 300 ou 400 euros!!

    Un abrazo!

    ResponderEliminar
  3. Boas...
    ...déchesme idea... mañá ao mellor dou unha volta pola Chá

    ...hai unha cámara, da casa rival da que citades, que ten os 50x...é a 2ª evolución da que teño eu, unha 35x... pra que te fagas unha idea...

    ...a venta na Rede arredor de 480-500 euros...

    ...só pra que entre nas posibilidades de pesadelos nocturnos...

    UNha aperta.

    ResponderEliminar
  4. Ola Xabi! Bonitas fotos da chaira luguesa no outono, que me traen morriña da miña provincia.
    E tamén me alegra ver que a Nikon che deu tan boas sensacións. Espero ter acertado coa Coolpix P500 ("só" 36x), que por certo, ainda non a teño. Estou desexando que ma den. Xa che contarei.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Qué barbaridade!! 50x!! Ben, xa sei que non son reais eses 50 aumentos. Explícome:
    -As casas dividen a focal máxima entre a mínima e así sacan o número de aumentos. Polo tanto estes "aumentos" que ofrecen nos catálogos son, na realidade, a proporción entre a focal máxima e un grande angular (de 24 mm normalmente), ollo. Pero non son os aumentos de verdade, que é o que existe con respecto á visión humana e que se correspón, creo, a 35 mm de focal. Corríxeme se me equivoco, Rafa.

    Pero eses 50x han equivaler seguramente a uns 40-45 aumentos "de verdade", que é unha salvaxada!E poñémonos xa no zoom intermedio dun bon telescopio (que cubren 20-60x).

    Ademáis acabo de ver que este novo monstro vai dispor por fin do tan esperado RAW, unha eiva que penalizaba as xeneracións anteriores de ese modelo (como a túa, Rafa)

    Quique: vai tirando o trípode e o telescopio, macho.... Como dí Rafa xa vou ter pesadelos de novo esta noite. E agora con RAW....

    Déixovos cun enlace dun fotógrafo que fixo unha prova coi moedlo anterior:

    http://blog.alamany.com/2012/05/canon-sx40-hs-el-sueno-del-fotografo-de.html

    http://www.fotonatura.org/revista_digital/index.php/2012/05/08/sx40-hs-una-canon-con-superzoom-24-840/2/

    ResponderEliminar
  6. Acabo de facer a regra de trés co miña Fuji, que anuncia 30x. Se non me esquecín do que aprendín na escola e a calculadora non fallou, a cámara ten 20,5 aumentos "reais".

    Polo tanto eses 50 poden ser uns 35 de verdade, aproximadamente. QUE É MOITÍSIMO PARA UNHA CÁMARA, pois estamos a falar de amentos con respecto á visión humana!

    ResponderEliminar
  7. Certo meu...os x50 refírense a focal de saída, nesta en todas as dixitais, o que non lle impide acadar un 1200mm dunha cámara analóxica. UNha pasada. A eiva?... que a luminosidade vai de 3,6 ate 6,5...certamente ridícula.

    a miña ten un abano de 2,8 ate 8 e a última das compactas de focal longa de Panasonic, unha x24, ten unha luminosidade constante en todo o rango focal de ¡¡¡2,8!!!. E amáis con óptica firmada por Leica.

    Como ben sabes son usuario de compactas, peso que fornecerse de dúas cámaras, unha de focal longa ou longuísima e outra de focal curta, pequena e de sensor grande, con grande calidade de imaxe nos macros, pode ser unha equipa moi razonable pra os naturalistas blogueiros, onde o corpo esencial do noso traballo confórmase con imaxes pra editar na rede a 640pixels.

    E fin, aí che van máis argumentos pra os pesadelos.

    Dixeronme as mobellas que andan a caer.

    UNha aperta.

    ResponderEliminar
  8. Sobre o tema do diafragma, Rafa, entendo que 6.5 é a apertura mínima a máximo zoom (50x). Non o rango para todas as focais. E F:6.5 penso que non está nada, pero que nada mal para esa focal monstruosa de 1200.

    ResponderEliminar
  9. Outra máis e voume pra soneca:

    ...os achegos que nos ofreces, moi bós, Oriol Alemany é un clásico da fotografía de natureza, non se corresponden co modelo que estou a comentar...

    ...os achegos son comentarios da 1ª evolución da cámara... pro agora na feira alemana de Photokina recén rematada acaban de presentar a 2ª evolución..que é da que eu falo, rango de x50 e luminosidade de 3,6-6,5...na rede no obstante xa hai probas e imaxes, en Youtube, mismamente...

    ...o RAW certamente é un paso adiante en prestaciós, pro pra xente que ten moito, moito, tempo libre...andar amañando cada foto pra poder editalas ben guapas de axustes e logo ter que comprimalas a 640 pixels é un verdadeiro derroche de tempo...o RAW é imprescindible pra fotográfos profesionais, pra os demáis un gasto de vida, digo de tempo...

    Iso, que outra aperta

    Rafa

    ResponderEliminar
  10. Bueno, Rafa, eu as comprimo até 1000 píxeis de ancho. De todas formas tés razón que pode ser unha perda de tempo para a xente coma nós. Probablemente o formato JPEG xa é dabondo. Pero agora xa me acostumei a editalas en RAW e, a verdade, mola un "guebo"...

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  11. Boas Xabi,
    eso iba a comentar, que teño un compañeiro cunha SX30 (unos 300 leuros), e xa era un cañon de carallo.
    O problema que lles vexo e o macro, a xestion da luz, e o raw que comentabas. Eu merquei unha en Canarias cando estiven ali, e anda a nena con ela, con iso xa imaxinas a calidade..

    Apertas,

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Polo que dís, César, entendo que non quedaches moi contento coa calidade que ofrece esa cámara, e que por iso lla deches á nena.

      Mira, mañá pola mañá vou subir unha entrada sobre A Frouxeira. A ver qué che parecen as fotos que fixen coa miña Fuji...

      Unha aperta

      PD: Graciñas pola sinatura completa.

      Eliminar