Seguidores e seguidoras

viernes, 2 de noviembre de 2012

Grous (Grus grus) en Villafáfila

 Con menos literatura ca noutras ocasións paso a relatarvos a miña visita dos días 1 e 2 de Novembro á reserva de Villafáfila. Acompañádeme!

 A excursión comezou con tempo chuvioso e moi ventoso. Vós ides ver a entrada elaborada, con fotos bonitas e demáis.... pero durante moitas horas o único que eu vin foi chover desde dentro do meu "coche-hide"...


 Algunhas pistas semellaban unha pista de patinaxe, con zonas realmente complicadas de pasar. Tiña ganas de poñer a prova o Sedici, que respondeu moi ben (máis lle vale; para iso o comprei!)


   Como era previsíbel, as últimas chuvias melloraron notábelmente o aspecto de Villafáfila. Aínda asi cómpre que caia moita máis auga para encher as lagoas principais, que permanecen baleiras polo de agora.

   Tiña en mente facer algun censo máis ou menos decente, pero o clima non mo puxo doado. Xa é moi complicado afrontar un censo como Villafáfila, pero se aínda encima tes que estar a metade do tempo metido no coche por mor da chuvia, a cousa vólvese empresa imposíbel. No obstante aí van algúns números que puiden sacar entre a tarde do xoves e a mañá do venres:

- 36 Patos brancos (Tadorna tadorna), todos na Salina grande


 Grupo de Patos brancos (Tadorna tadorna)

- Varios milleiros de Ansares (Anser anser)


 Bandadas de Ansares (Anser anser)

- Patos asubiadores (Anas penelope). Así a ollo... uns 20-30, por exemplo.
- 2 Patos rabilongos (Anas acuta) femias, polo menos
- 98 Cercetas reais (Anas crecca) na Salina Grande
- 3730 Alavancos (Anas platyrhynchos). Ao principio contaba só 2010, pero logo de que uns ornitólogos locais me ensinasen un "observatorio" mellor situado, puiden contalos moitísimo mellor. Algún día devolvereilles o favor.

Alavancos (Anas platyrhynchos)

- Patos frisados (Anas strepera) e culleretes (Anas clypeata). Moitos menos ca en anteriores ocasións.
- 1 Voitre (Gyps fulvus) que apareceu voando en dirección Leste por Barillos

  Voitre (Gyps fulvus)

- 1 Águia real (Aquila chrysaetos) subadulta. Parece que leva semanas por alí.

Águia real (Aquila chrysaetos)

- Moitas Tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus). Iso si, non vin nin un só macho adulto.
- 1 Gatafornela (Circus cyaneus) femia.
- Varios Falcóns comuns (Falco peregrinus). Adultos e xóvenes.
- Lagarteiros peneireiros (Falco tinnunculus).

 Lagunilla de "La Bamba"

 Encharcamento temporal ao Norte da Salina Grande

- 750 Grous (Grus grus) alimentándose ao Sur de Barillos.


  Sen dúbida, o Grou é a estrela destes días en Villafáfila. Para facer un censo preciso hai que contalas ao anoitecer ou ao mencer, cando van durmir ás lagoas, pois durante o día se dispersan moito por barbeitos e dehesas da zona toda. Eu limítome sempre a facer conteos parciais nas zonas favoritas de alimentación durante o día.


 Observei grupos menores en Otero de Sariegos (410) e perto de Tapioles (90) na mañá do venres. Imaxino que o número total andaría por encima do milleiro, como mínimo.

Grous (Grus grus). Foto: Fuji HS10

- 1 Avoceta (Recurvirostra avosetta) na Rasa (ao norte da S. Grande)
- 10 Píllaras reais (Charadrius hiaticula) na Salina Grande
- 6+ Píllaras douradas (Pluvialis apricaria) na lagoa de Paneras
- 901+ Avefrías (Vanellus vanellus)
- 3 Mazaricos reais (Numenius arquata)

 Mazaricos reais (Numenius arquata) na Salina Grande ao mencer

- 1 Bilurico escuro (Tringa erythropus) na Rasa
- 16 Combatentes (Philomachus pugnax)

Combatente (Philomachus pugnax)

- 43 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 8 Pilros pequenos (Calidris minuta)

Pilros na Laguna Grande (Calidris alpina/minuta)




 E, de regalo, poño un mapa escaneado da zona, que se correspón cunha das fotos. Espero que o Instituto Cartográfico non me cobre dereitos de imaxe...


 Ata a próxima!

8 comentarios:

  1. Ola Xabi! Xa saciáchela túa ansia de grous, vexo. É unha pasada este bicho, ¿a que sí? E sobre todo velo neses grandes bandos e escoitalo seu trompeteo, impresiona. Un nunca se cansa de velos.
    O que flipo é coa túa capacidade para identificar as limícolas, co lonxe que pillan sempre en Villafáfila. Será a experiencia, claro. A min fáltame ainda moito para chegar a ese nivel.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. A verdade é que estiven a piques de gravar un pequeno vídeo recollendo o barullo dos Grous e dos Ansares, pero como iso consume tantos recursos pasei de todo.

    E, sinceramente, o que se me dá ben é contar. Pero en asuntos de identificación sonche bastante mediocre, Quique, podes crerme. Aínda que as especies comúns si as controlo a distancia(solo faltaría, despois dos anos que as levo censando en Ortigueira ou Ribadeo).

    Grazas por comentar.

    ResponderEliminar
  3. Hola Xabi:
    Esta mañana paso por encima de mi una grulla en la laguna de A Frouxeira.
    Saludos.

    ResponderEliminar
  4. Coño, qué pena! Precisamnete me avisaba Pedro Cruzado da aparición de outros dous cisnes tamén. Lamentablemente eu estaba ocupado (levando un Buxato ferido ao local da SGHN). Vexo que me perdín unha mañá ben interesante!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  5. Hola Xabi:

    El "encharcamiento al norte de la Salina Grande" es la zona de La Parva. Este lugar no es una laguna en si sino, más bien, un conjunto de encharcamientos que ocupan la zona entre la Salina Grande (desde La Rasa y el puente romano) hasta el vallado de ganado que hay al lado de la Casa del Parque y entre la lagunilla que aparece en tu foto y el camino que separa "zona de Salina Grande" de la "zona de Barillos" y que una el observatorio de Otero de Sariegos con la carretera de Tapioles. Creo que me explico.
    Un saludo

    ResponderEliminar
  6. Hola, Alfonso:

    Como siempre, es un placer aprender de aquellos que mejor conocéis la reserva. He subido un mapita que indica la zona de la foto (hay dos marcas porque no tengo claro el lugar exacto). Efectivamente está muy cerca de "La Parva". A partir de ahora entiendo, pues, que con este nombre se denomina a varios encharcamientos próximos.

    Aprovecho para agradecerte (y seguro que hablo en nombre de todos los que somos "de costa") que nos tengas permanentemente informados de todo lo que pasa en Villafáfila, un lugar muy querido para ambos. Ya sabes que soy uno de tus seguidores diarios.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  7. Efectivamente.
    Lo que aparece en el mapa como La Parva es, en realidad, la laguna de El Roal... Y el lugar de tu foto estaría un poco más cerca del pueblo. Pero bueno, eso es lo de menos.
    Si tuviera que dar yo nombres de la ría de Ortigueira, fliparías...
    Saludos y gracias,

    ResponderEliminar
  8. Recibido y tomado nota. "El Roal", pues..

    Gracias a ti de nuevo.

    PD: Cuando quieras venir a "listar" Ortigueira ya sabes donde estoy. Sólo tienes que avisar.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos