Seguidores e seguidoras

miércoles, 21 de noviembre de 2012

Obras na canle da Frouxeira. Actualizada

Hoxe fun dar unha volta para ver o estado actual das obras realizadas pola Xunta no desaugue da lagoa. A diferenza da operación montada en Xaneiro, nesta ocasión o movimento de areas e a magnitude da obra é moito menor, polo que non parece que haxa danos no sistema dunar.  Agradécese que os responsábeis de Medio Ambiente aprendesen algo daquela experiencia tan nefasta e esperpéntica.


  Para que a xente entenda rápidamente o acontecido podríamos dicir que a Administración pasou daquela postura de "a lagoa non se abre" á postura de "a lagoa hai que abrila por aquí de maneira controlada". Máis ou menos ..

   A canle que fixeron agora é un pequeno rego que vai dar a unha posición situada ao leste do illote da Percebelleira, case na Praia pequena. Pola información que teño, o obxectivo da Xunta é restaurar a canle na súa situación orixinal. Ou sexa, a orixinal de verdade, antes das intensas actividades humanas do século pasado. Ou polo menos é o que afirman os técnicos de Medio Ambiente. Eu ahí non podo opinar, pois non teño coñecimentos en xeoloxía e hidroloxía.


  Poño unha foto da barra dunar para mostrar o lugar polo que se abría nas décadas dos oitenta e noventa e polo que rompeu en Xaneiro a lagoa sen mediación humana ningunha.


 Un dos obxectivos de Bichos é informar (para opinar xa temos demasiada xente facendo ruido todos os días) Así que vos poño un mapiña da Frouxeira.


   En azul vai o trazado da canle que vén de realizara Xunta este mes. E en verde a situación aproximada das aperturas que por aquí se consideran máis tradicionais. Vaia por diante que, neste caso (e sen que serva de precedente), vou darlles un voto de confianza aos biólogos da Xunta. Parece que esta operación montouse para evitar os bruscos desniveis existentes entre os máximos e mínimos da lagoa, cos graves efectos prexudiais que conlevan para a fauna e a flora. E tamén para que non haxa que intervir no futuro con procedimientos mecánicos nun espazo protexido. Polo tanto, e se isto é así realmente, comparto estes obxectivos.

   Polo de agora non desauga aínda, pois está deseñada máis ben coma un rebose cando a lagoa acade un certo nivel que alguén entendeu como crítico. E non sei cómo vai funcionar exactamente (quizá ao estilo de Doniños?).
 Sen embargo, teño a sensación que esta nova-vella canle non vai durar moito. O mar traballa moito e non sei eu se non se tapará en breve, cos primeiros temporais. Haberá que seguirmos atentos ao proceso. Ao mellor ata soa a flauta e todo acaba ben.


  Acaba de pasarme Paco Girón unha foto interesante para esta entrada. Trátase dunha foto aérea tomada polo exército dos EEUU no ano 56. Todo un clásico, e ún dos documentos gráficos máis antigos que temos sobre a súa fisonomía. Gostaríame que fose de antes, pero é o que temos.


     Naquela época a explotación humana posiblemente xa tivese provocado alteracións na  lagoa, polas aperturas adiantadas da canle e as construcións para aproveitamento piscícola, tais como "A Pesqueira", ou a canle da marisma (orientadas ambas, creo, á pesca da Anguía).  Pero o sistema dunar estaba aínda pouco alterado pola extracción areeira que comezaba daquela, segundo me comentaba Xan R. Silvar.
    Paco, penso que non é só que as dunas do NW non fosen daquela colonizadas (dunas grises), senón máis ben que eran moito máis grandes, tipo Corrubedo. Polo mapa antigo que tiña e os comentarios dos máis vellos do lugar parece ser que era así. Hai testemuñas que dín mesmo que tapaban a visión do Monte da Vela (aínda que eu son moi precavido con este tipo de declaracións de "antes... non sei qué....", penso que debían ser impresionantes)

  Seguiremos informando.

12 comentarios:

  1. Boas Xabi,
    falando de canles de desaugue, ti sabes se a que ten a lagoa de Xuño e "natural" ou non?. Lembro que alguen comentarame que fora cousa do Prestige, pero non sei se e unha lenda rural ou que.

    Apertas

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
  2. Nin idea, César. En Galiciaves penso que hai xente que debe ou debera coñecer aquelo.

    O das canle é curiosos. A lagoa de Doniños, completamente diferente á Frouxeira, ten unha canle que fai únicamente labores de desaugue, pero non de entrada. Por iso Doniños é unha lagoa de auga doce "tradicional", con abondosa fauna de insectos acuáticos, anfibios flora típica coma Nynphaea alba, Potamogeton spp, etc. Pola contra a de Valdoviño (debdio ao intercambio mareal) é de auga salobre e cunha fauna e flora moi, pero que moi diferente. Temos sorte en Ferrol de ter estes dous modelos de lagoa litoral tan diferentes e tan próximos.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Con outras palabras (menos afortunadas, debido ao monumental cabreo que tiña naquel momento) expliquei isto mesmo varias veces en Galiciaves. Pero vexo eu que o meu poder de convición é máis ben nulo, a xulgar polo que lín onte mesmo nun libro publicado por un coñecido ornitólogo coruñés. Porque nel deféndese aínda a famosa teoría da "seca da lagoa en 2009", que case me recorda a outras famosas películas como: "100.000 espartanos en Ferrol" ou "11-M, la cosa basca".

    En fin, a ver se a próxima vez o fago mellor e alguén me escoita...

    ResponderEliminar
  4. Ola a todos,

    A miña pregunta, dende a miña ignorancia sobre a Frouxeira e sen ánimo de polémica é: ¿Hai alguén realmente que saiba cal era, de existir, a "canle orixinal" da lagoa? E dous: ¿canto tempo ten que pasar para que algo sexa considerado "tradicional"?

    Unha aperta,
    Sergio París

    ResponderEliminar
  5. Olá Sergio.

    Con respecto á primeira pregunta: si, Matusalén.

    É broma. Non queda ninguén que vivise antes da alteración da lagoa, producida probablemente desde hai un século e medio ou máis. Pero tanto os expertos da SGHN como os que traballan para a Xunta coinciden en que estaba situada na esquina noreste da lagoa. Nunca na parte noroccidental da barra, como provocaron os "animais" dos areeiros e que a piques estivo de facer desaparecer a lagoa. Menos mal que andaban Silvar e compañía por aló.....

    E, sinceramente, non comprendo a segunda pregunta. Se a formulas doutra maneira igual te podo contestar.


    ResponderEliminar
  6. Ola meu

    Se ben estou de acordo en que a apertura explosiva do Lago non é boa, non estou de acordo có trazado que se replanteou.
    Se xes a foto do Voo Americano do 55, fixaraste en dous detalles:
    . A canle sae apoiada no macizo de pizarras que hai no Este da Canle (ata eiquí de acordo có replanteado)
    . A canle sae abrigada na súa traza pola Percebelleira.
    No último punto creo que foi onde se fixo a artistada con esta última apertura. Quizais estea de acordo no sistema de pemdentes e rebose suave. Na traza non.
    E insisto no que che dixen hai tempo. Mentres non se restaure a circulación na canle de terra do Lago, retirando os entullos dos anos 70 no Pozo do Cura, na miña opinión e como din os ellos: Nunca nada é ¡¡¡
    Non son xeomorfólogo, pero colaborei coa Universidade de Cantabria en proxectos de dinámica de praias e levo ás costas un par de obras marítimas relacionadas con canles de area. E creo que algo aprendín delas.
    Ogallá saia ben, pero me temo que non ha ser o trazado definitivo...

    ResponderEliminar
  7. Coma sempre é un pracer escoitar os teus comentarios, Eloi (xa tardaban).

    Eu, que son un bicho optimista por defecto, quero pensar que todo vai saír ben. Ademáis sei que unha persoa moi próxima a algún dos "actores" da Consellaría é seguidora deste blogue e (imaxino) estará tomando nota de todas estas cousas que algúns opinamos. Espero.

    Unha aperta e moitísimas grazas polo comentario, Eloi!

    ResponderEliminar
  8. Interesante seguimento da apertura, Xabi. O sábado o lago estaba vaciando de forma contínua e aparentemente estable. Esperemos que esta estratexia funcione, en todo caso estamos ante o enfoque máis prudente en décadas; o tempo dirá como vai a evolución da canle no ciclo invernal. Pode ser, como opina Eloi, que a traza elixida sexa arbitraria, en todo caso vai na que parece ser a súa orientación máis natural. Crucemos os dedos e vexamos como evoluciona a lagoa, a canle non é o único dos seus problemas.
    Respecto a altura das dunas, os recordos de comezos dos 70 era dunha orografía parecida ás maiores das actuais de San Xurxo

    ResponderEliminar
  9. Moitas grazas por comentar, Xan:

    Iso, crucemos os dedos.... que mentras estamos mirando para a canle as autoridades seguen sen atallar o problema dos cans soltos na praia a diario(Píllara...) o da pesca furtiva (Lontra, Mergullón,....), etc.

    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En canto ó da pesca furtiva e pola parte que me toca, recomendo man dura. Non hai excusa a día de hoxe, existindo como existen aparatos de visión nocturna que non costan mais de 250 €, para non poder ter controlado un espazo aberto. Por certo unha batería de camaras fixas en mastro nos arredores non sería unha mala solución ó vandalismo e ó furtivismo.
      No caso da pesca furtiva, que se fodan os lugareños. No seu día ofreceuselles a oportunidade de constituirse en asociación tradicional de pescadores para negociar as asrtes e os períodos autorizados e preferiron continuar o ''traballo nocturno'', rindose das miñas xestións, qu etrataban de ordenar o embolado existente no Lago. Pola miña parte é unha vía rematada e as artes prohibidas, prohibidas deben estar.

      Eliminar
    2. Explícito comentario, Eloi. Dá gosto ver un pescador/cazador con esa conciencia conservacionista.

      O ano pasado fixen a última denuncia, por un trasmallo observado na zona SW. A Guardia civil presentouse no lugar pero non o colleron. Polo menos, pincháronlle o bote inchable ao furtivo (sobradamente coñecido por eles) que, por certo, non se molestaron en recoller.

      E xa dixen en moitas ocasións que non teño dúbidas sobre a autoría das quimas de observatorios.... Outra cousa é ter provas.

      Eliminar