Seguidores e seguidoras

miércoles, 19 de diciembre de 2012

19 de Decembro. Segue a chover

  Pois o tempo segue igual de malo por aquí. A predición de Meteogalicia apontaba que non chovería en Ferrol durante a mañá, ao contrario ca a AEMET. Esta vez acertaron os da AEMET, e houbo que volver a sacar o paraugas. Pero deume igual e volvín un ratiño pola ría esta mañá, para presumir de "aparato", como dín por ahí...

 Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)

 Na foto anterior saíu desenfocada a cabeza (estaba agachado intentando que o vento non me levara o paraugas cunha mao e coa outra agarrando a cámara). Pero me encantan as cores, moi naturais. Nada que ver coa Fuji...

 Gaivota patimarela (Larus michahellis) xoven

Lavandeira branca (Motacilla alba)

No hay comentarios:

Publicar un comentario