Seguidores e seguidoras

martes, 22 de enero de 2013

Unha foto reconfortante

  Hoxe foi un día horrible. Horrible de verdade. Empezou mal, continuou con malas novas e rematou definitivamente pior. As forzas son cada vez menos, os ánimos estan baixo mínimos e o humor se resinte por iso, aflorando con maior facilidade sentimentos como o enfado e a ira.


A miña mente non ten ánimos para facer nada a estas horas, pero os dedos das mans decidiron, motu propio, que mirar para a miña dehesa favorita quizá poida animarme un pouco. Son eles os que, de maneira automática, están a publicar esta entrada.


Grazas, dedos...

9 comentarios:

  1. Boas Xabi,
    as veces xa sabes que semella que as cousas non melloran, e a vida vai dando 1 golpe tras outro, pero non queda mais remedio que erguerse de novo e tentar agardar a que mellore.

    Apertas,

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
  2. Creo que César xa o dixo todo. ¡Arriba e forza!
    Apertas

    ResponderEliminar
  3. Imos virnos arriba!

    Tira pra diante rapaz!

    Dalle tempo ao tempo,que te sacará das máis amargas dificultades.

    Lembra ao poeta: ao final do túnel, das congostras, hai luz, amigo, hai luz.

    Unha forte aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. En tu dehesa verás lo que quieras cuando vuelvas y sentirás lo de siempre
      un abrazo
      juan cabeza

      Eliminar
  4. Agradezo moito todos os vosos comentarios de ánimo, pero moi especialmente o de Juan. Douche a benvida a este blogue Juan, que é a túa casa. O teu comentario resultou dobremente reconfortante para min.

    Hai anos visitei no hospital a un importante líder do meu sindicato, que estaba hospitalizado por un problema bastante grave. Con esta persoa eu tivera un forte enfrentamento anos antes, no congreso comarcal, que acabara de malas maneiras. E cando me veu entrar na habitación do hospital emocionouse un pouco.
    Como el me dixo aquel día(aprendín moito del)nos momentos difíciles é cando se ven moitas cousas. Algúns que deberan estar non están, e outros cos que non contas en absoluto aparecen.
    Este días tan difíciles (sobre todo para o paciente, como ben dixo Inés)son tamén días de aprendizaxe sobre a persoas.

    Un abrazo

    ResponderEliminar
  5. Arriba ese ánimo rapaz que xa se albiscan os raios de sol escorregando polo arco da vella.
    Apertas

    ResponderEliminar