Seguidores e seguidoras

viernes, 22 de febrero de 2013

Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na zona leste da praia

   Pois semella que voltan as píllaras á parte oriental da praia da Frouxeira, que fora moi alterada en Xaneiro de 2011 coas obras da Xunta para abrir a famosa canle experimental. Daquela o movimento de areas acometido supuxo, na miña opinión, unha auténtica agresión medioambiental. E falamos dunha área de cría tradicional da píllara, limícola moi ameazada no noso país.


   A finais de 2012, supoño que coa lección ben aprendida, os técnicos realizaron unha obra de bastante menor impacto para reabrir a canle por ese mesmo trazado (que ao final non valeu de nada, por certo, pois xa abreu soa por onde sempre, e parece que de maneira definitiva).


   O pasado verán, segundo me comentara María Vidal, todas as parellas reprodutoras instaláranse na parte Oeste da praia e abandonaran a zona da canle. Certamente que todas estas obras deberon ser moi molesta para a especie. Pero hoxe andaba un grupiño dunhas 20 píllaras por ali. Esperaremos a ver se nesta próxima temporada de cría, a ponto de comezar, deciden instalarse de novo nesta parte do areal.

   Por aló andaba unha vella coñecida de todos, como é unha femia anelada en Francia e que se move polas praias da comarca.

 Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus)

 Ata a próxima

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos