Seguidores e seguidoras

lunes, 1 de abril de 2013

Lagoa da Frouxeira, actualizada

    Continuamos à espera da Primavera e da chegada das aves estivais. No entanto, as Águias pescadoras (Pandion haliaetus) seguem a ser as estrelas na lagoa de Valdovinho. Coincidindo coas fortes marés e as precipitaçons tam intensas destes dias, a lagoa apresentava de manhá umha meirande extensom da lámina de auga que nas últimas visitas.


Lagoa da Frouxeira

Algumhas observaçoes salientáveis que figem durante esta semana santa pasada por auga:

- 7 Parelhas de Mergulhom pequeno (Tachybaptus ruficollis), que já disponhem da sua plumage nupcial. Tamén nestas alturas podemos escoitar o canto territorial dos machos. Mesmo puidem observar a cerimónia de cortejo que realizava umha das parelhas (curiosamente, é a primeira vez que vejo tal cousa na lagoa!). 

 Mergulhom pequeno (Tachybaptus ruficollis), parelha

- Moitos menos patos invernantes. A penas unhas quantas Cercetas reais (Anas crecca) e Patos colher (Anas clypeata).
- Duas fémias de Lavanco (Anas platyrhynchos) com cadamsuas roladas de 12 e 13 polinhos, e um bom número de Frisados (Anas strepera).
- Acompanhando um casal de Patos cristados (Aythya fuligula), nadava este fermoso Pato cristado americám (Ayhtya collaris). Recentemente tivemos a visita dumha fémia desta raridade neártica, que por esta zona tem presença quasse anual. Um pato certamente bonito.

Pato cristado americám (Ayhtya collaris) macho nupcial

- 18 Galinhas de rio (Gallinula chloropus) espalhadas pola riveira toda
- 4 Galinholas negras (Fulica atra). O ano pasado aninhou umha parelha, mas nom é ave comum por aqui nesta época, devido à variaçom dos níveis da auga pola influença da maré.
 - Duas Águias pescadoras (Pandion haliaetus).



 Águia pescadora (Pandion haliaetus



- Umha Lontra (Lutra lutra) solitária que nadava perto do observatório. As aves aquáticas devem ter coidado com ela, pois é predador ocasional sobre patos e galiñolas. Umha fémia de Alavanco juntou a rolada perto dela, ante a presença do mustélido:

Lontra (Lutra lutra)

Lavanco (Anas platyrhynchos) fémia coa rolada de patinhos

  Alguhas plantas começam aflorar, anúncio permanente da Primavera.

 Iris pseudacorus

Estruga falsa (Lamium maculatum)

 Repito que seguimos a esperar.  Nom lembro um inverno tan chuvioso coma éste (pola duraçom, sobretodo). Nota-se no ambiente, nos ánimos da gente, nas conversas e, por suposto, nas aves migratórias, que aínda non figerom apariçom por estas húmidas terras.

 Seguiremos informando, desde "Waterland".

12 comentarios:

  1. Moi boas fotos Xabi. As da pescadora gústanme especialmente. E por certo, sobre a londra, non che dixera nada, pero xa me mosqueou que a viras tamén en Ribadeo. Macho, parece que din: "Veña, que ven Xabi Prieto, vamos dar unha voltiña para que nos vexa e nos saque no blog". Porque senón non mo explico... Mira que saio pola ría de Ribadeo, non tanto como quixera, pero desde logo moito máis ca ti. E mira que ando buscando as londras por alí, porque sei que as hai, e debeunas ver todo o mundo menos eu. Pois nada, vas ti un día, e zas, ves unha, e sácaslle a foto. Como diría Trillo, "manda huevos...". En fin, de momento parece que terei que conformarme con seguir véndoas en Bichos, porque estás abonado.
    Unha aperta compañeiro.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bueno, xa vos dixen que era a primeira vez que a vía en Ribadeo (en...quince anos, ou por ahí)
      Pero na Frouxeira e Ortigueira vela é o pan de cada día. Só hai que estar nos sitios adecuados na hora adecuada. Pero si que é unha auténtica sorte poder velas. A xente non valora o suficiente esta sorte que temos..
      Un abrazo.

      Eliminar
  2. Moi interesante!!! Que pasada as Pandion, e o collaris sáese. Dime Pablo Gutiérrez que este último seguía pola mañá alí.

    Apertas!!!
    Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Claro, como que fun eu quen llo dixo a Pablo.
      Unha aperta, rapás.

      Eliminar
  3. Cada ves estou mais pillado coa aguia pescadora ¡¡¡
    Moi boas fotos ¡¡¡
    Por certo e falando das londras. En Forcadas comenzaron a baixar os sapos e xa elas tomaron boa nota do tema. Xa hai chaquetas a feixes na ribeira, polo menos no tramo da Loira Vella.
    Avisado quedas ¡¡¡

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ti o que debes estar é celoso, Eloi! Porque estas tipas é chegar e besar o Santo. Lín nunha enciclpedia virtual que o éxito nas capturas é do noventa por cento, pero eu penso que na lagoa é do cen por cen. Non vin ningún "chapuzón" que quedara sen captura... Unha pasada.
      E o Sapo está agora en temporada alta. Moitos van morrer nas estradas de Forcadas nestes próximos dous meses
      PD: se vás entre as nove e as dez da mañá á Frouxeira has velas en accción fixo.

      Eliminar
  4. Que guapo el collaris Xabi!!!!
    Por cierto hay alguna hora mejor que otra para pillar pescando a la pescadora??? Que son desde el observatorio????
    Es que igual paso un dia de estos.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Acababa de comentarlle iso mesmo a Eloi, pero deime conta que co cambio de hora, agora é máis ben entra as dez e as once, hora actual. Entran, pescan e se piran.. Hoxe precisamente levaba a reflex co 300 para pillala ben (coa bridge é moi difícil enfocar en vó) pero non parou de chover. Unha putada. Pero seguro que se vas ti, sacas unhas fotazas que te cagas!!
      Desde a pista vese moi ben. Cando capturan unha peza grande toman sempre rumo S, voando sobre a canaveira a baixa altura, e pasan MOI perto do observatorio. Pero hoxe fixeron unha captura pequena e se foron xuntas en sentido contrario (O-NO) cara os eucaliptais perto da praia).
      Sorte.
      PD: Esta semanatraballo de tarde. Ao mellor podo acompañarte.

      Eliminar
  5. Pues casi seguro que voy mañana, no al 100% pero casi seguro.
    Si vas nos vemos por allí.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois se vés, chama, a ver se podo achegarme. Estarei encantado de botarche unha man (se podo, claro, que xa sabes o marrón que teño na casa)

      Eliminar
  6. Pues da por seguro que voy, te avisaría en caso contrario. Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ok. Eu às nove terei que ir ao Gadis facer as compras. Logo estou libre ata as doce do mediodía ou así. Se mudas de opinión avisa cunha mensaxe.

      Eliminar