Seguidores e seguidoras

jueves, 25 de abril de 2013

Números de hoje na Frouxeira

No dia de hoje, incrementou-se ligeiramente o número de limícolas sedimentadas na lagoa da Frouxeira. A maiores de limícolos, puidem avistar estas cousas:
- 1 Colhereiro (Platalea leucorodia) juvenil
- Umha fémea de Lavanco (Anas platyrhynchos) com 18 polinhos moi pequerrechos.
- Umha Águia pescadora (Pandion haliaetus), tambem jovem.
- 9 Maçaricos chiadores (Numenius phaeopus) nas dunas da praia dos Botes. Estes limícolos som conhecidos na comarca de Ferrol com o nome de "Pampos de Maio", por certo.

Maçarico chiador (Numenius phaeopus)

- 2 Maçaricos rúvios (Limosa lapponica)
- 2 Biluricos comuns (Tringa totanus)
- 11 Biluricos claros (Tringa nebularia)

Biluricos claros (Tringa nebularia) e Carrám cristado (Sterna sandvicensis)

- 180 Pilros comúns (Calidris alpina). Poucos polo de agora. O melhor há vir aginha.
- 10 Pilros tridáctilos (Calidris alba)

Pilros no intermareal da Frouxeira (Calidris spp)

- 1 Pilro ferrugento (Calidris ferruginea)

 O mais importante veu logo. Em um censo méio trapalheiro (por mor da lus e da panorámica) puidem observar 3 machos cantores de Escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus lusitanica), um paseriforme moi ameaçado de extinçom no nosso país. A Frouxeira converte-se, um  ano mais, num dos seus últimos refúgios galegos (a espécie tem desaparescido já em moitas localidades da comarca nos últimos anos).

 Com esta boa nova deixo-vos até a próxima.

2 comentarios:

  1. Ola Xabi,
    semella que este ano tamén vai faltar a Escribenta en S. Xurxo.
    Xa fixen duas visitas bastante completiñas e nadiña de nada.
    Un saúdo
    Paco

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu confío máis en Doniños (mira desde o campo de tiro). Non sei moito da bioloxía da Escribenta, pero quizá a existencia de augas libres sexa condición "sine qua non" para que permaneza. Probablemente non volvamos a velas nin en San Xurxo nin en Pantín. Moito me gostaría equivocarme!
      Un abrazo, Paco.

      Eliminar