Seguidores e seguidoras

martes, 14 de mayo de 2013

Fotografías co teléfono móbil

  Hai unhas semanas aprendía de Fernando Pereiras que tamén se pode empregar o teléfono móbil para facer digiscopping. Sorprendérame moito esa nova posibilidade que nos ofrece a tecnoloxía e quedei con ganas de provar. Esta mañá, como a cousa estaba tranquila na lagoa de Valdoviño, decidín comezar o curso práctico de "fotografía telefónica". E a verdade é que resulta máis difícil do que imaxinaba. En parte porque non teño o pulso de Fernando, e en parte tamén porque penso que a cámara do Samsung Galaxy deixa bastante que desexar (vin fotos noutros smart e i-phones, e son impresionantes.

 Platalea leucorodia

  O máis complicado para min, é centrar a pequena lente sobre o ocular do telescopio  para que se vexa a imaxe. Un pouco que se mova e xa se vé todo negro. Pero a desprazas para o outro lado un par de milímetros e se ve todo branco!. A seguinte foto é a "mellor" dunha serie que fixen a unha Garza vermella (imaxinade cómo serían as peores...)

 Ardea purpurea, intento de foto

Con obxectos a media distancia xa vai a cousa un pouco mellor. Pero falta moito para lograr unha mínima nitidez. Ter bon pulso é vital, e non é o caso precisamente.

Rolada de Anas platyrhynchos

 Calidris alpina

  O outro día, con boa luz, conseguín encuadrar moito mellor uns Mazaricos, que estaban perto da miña posición. E se nota, se nota..


Limosa lapponica

  En fin, que hai que practicar moito. Pero é unha solución que para certas cousas (rexistros de rarezas ou identificacións a moita distancia) é moi interesante.

4 comentarios:

  1. ¿E qué tipo de cámara ten o teu móbil? O meu ten unha cámara ben cutre de 2 mpx...non creo que me saíran tan ben as fotos...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois de 5 mpx, creo. Non sei se é cousa miña ou qué, pero saca fotos horrorosas!!.

      Eliminar
  2. Evidentemente, cuanto mejor sea la cámara del teléfono mejor y el viñeteo negro que comentas se soluciona dando un poquito de zoom en el tlno.
    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, si, o de darlle un pouco de zoom xa lembraba que mo dixeras, e así o fixen. Pero entón multiplicas a focal e o meu pulso "parkinsoniano" evidencia máis trepidación.
      O certo é que, quitando as da lapponica, nas outras fotos o día estaba gris e case chovendo. E supoño que iso inflúe moito.
      A ver se van saíndo mellor pouco a pouco.
      Unha aperta

      Eliminar