Seguidores e seguidoras

domingo, 5 de mayo de 2013

Información de Pepe

  Veño de estar no tanatorio coa muller e ún dos fillos de Pepe. E teño que dicir que mostran unha enorme entereza e sei que o van superar. Ademáis, entereime por Mercedes (que é tamen seguidora de "Bichos") que Pepe me quería moito (a el penso que o queríamos todos).
  Desde este momento, este blogue estará dedicado a el. De feito foi Pepe o que me axudou a montar todo isto, nunha tarde que botamos na miña casa. Así que "Bichos" é parte de Pepe e Pepe formará sempre parte de Bichos.

 Por último, coméntovos que será incinerado hoxe ás 20,00 h. no tanatorio de Artabria.


15 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Graciñas, Damián. Entendo que fas extensiva esa aperta a toda a xente de Ferrolterra. Porque todos os que o coñecimos estaremos igual de abatidos. Hai só catro días era Xan Silvar o que me preguntaba por Pepe moi preocupado, e sei que Paco Girón e Pedro Cruzado tamén están moi afectados. En Madrid estou seguro que hai outra persoa vivindo este momento con moita tristura (una abrazo Jose). E Pablo, que coincidía a veces con el en Covas, tamén o estará... En fin, que era unha persoa querida por todos en Ferrol e da que probablemente ninguén falará unha mala palabra xamáis. Un tipo auténtico!

      Eliminar
  2. Non o coñecía persoalmente, pero disfrutaba das súas espectaculares fotografías no seu blog, e intercambiaba algún que outro comentario con el. Unha triste noticia. O meu pésame a tódolos familiares e amigos.
    Descanse en paz.

    ResponderEliminar
  3. Síntoo moito. Das veces que falei con el recordo a suas gañas de aprender e de ensinar. Notarémolo a faltar no campo e no seu blog, unha fiestra aberta a natureza da comarca.

    Unha aperta moi forte para a súa familia e amigos, moitos ánimos.

    Juan Gómez

    ResponderEliminar
  4. Logo dun intenso fin de semana de campo atópome con esta mala nova para os naturalistas galegos. Sinto moito a perda e mándovos ánimos e apertas para superar esta dura perda.
    Martiño Cabana

    ResponderEliminar
  5. Pois agradezo moito os comentarios, rapaces. Comentaba na na entrada anterior que pouco podo engadir. Todos compartimos este fondo pesar pola perda dun dos nosos.

    ResponderEliminar
  6. Te doy las gracias de corazón por el cariño mostrado por mi inolvidable marido, del cual hago extensible al resto de. Los blogueros que están comentando, agradezco de corazón a todos, os vais a atropar con el en todas vuestras correrías campestres. GRACIAS de su mujer Merchy y de sus hijos Miguel y Albertp.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É o menos que podía facer para recordar á persoa que tan boa pegada deixou en todos os que o coñecimos.
      E xa sabes que está será tamén sempre a túa casa, Mercedes. Estou seguro que falo en nome de todos: recibe un abrazo moi, moi, moi forte!! (e outro para Alberto e Miguel)

      Eliminar
  7. Ainda que tiven poucas oportunidades de compartir persoalmente vivencias con Pepe, abondáronme para valorar a sua gran valía como persoa e como naturalista.
    Miñas mais sentidas condolencias para a sua famila e para todolos amigos da outra familia, a dos amantes da naturaleza, que tanto o apreciamos e tanto a vamos a botar en falta.
    Pepe Vidal.

    ResponderEliminar
  8. Unha grande perda para a comarca. Prior queda triste...
    Un saúdo e animo
    Paula Hermida

    ResponderEliminar
  9. Pepe e Paula, que saibades que probablemente os vosos comentarios han ser lidos por Mercedes. De seguro que han ser un pequeno bálsamo pra levar este momento tan doloroso, ao igual ca todos os comentarios de apoio anteriores.
    Graciñas!!

    ResponderEliminar
  10. Vaites...síntoo moito Xabi, acabo de enterarme....
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Graciñas polo comnentario, Inés.
      Non sei qué máis dicir. Pero é moi gratificante ver tantos apoios da xente. Sobre todo para os familiares.

      Eliminar
  11. Non cheguei a ter o pracer de coñecer en persoa a Pepe, pero teño intercambiado con él bastantes correos e fotografías de aves para comentar cuestións de identificación e demais. Todo o mundo di que era desas persoas entrañables que dende o primeiro momento de coñecelas se fan querer...a min tamén de deu sempre esa impresión.
    As miñas máis sinceras condolencias a esa marabillosa familia que parece sen dúbida ter Pepe.
    Sempre estarás presente neste mundo da ornitoloxía e da natureza galegas.
    Un afectuoso saúdo aos compañeiros
    Xabi



    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas polo comentario, Xabi. Repito o que lle respostei a Inés.
      Unha aperta

      Eliminar