Seguidores e seguidoras

viernes, 17 de mayo de 2013

Lago de Valdovinho, 17 de Maio

Neste dia das nossas letras imos fazer a entrada nas letras "mais nossas"; aquelas que, por etimologia e sentido comúm, deveram ser as oficiais e, porém, devido a motivos políticos ou prácticos, non o som.
 NOTA:  Para los de fuera que no sepan de qué va esto, aclaro que el gallego se puede escribir de dos maneras: por la norma "reintegracionista" o gallego-português (más ortodoxa), o por la "isolacionista" o gallego-español (la oficial, y la más práctica para algunos).

 Hoje o dia começava com un tempo típicamente invernal. Neve na montanha, chúvia e frio (fai-se estrano sentir as maos congeladas e ter que pór o gorro de lá a meiados de Maio!). Em troques, a jornada foi proveitossa na lagoa de Valdovinho.  Já que chovia, preferim permanecer dentro do observatório de torre, que aínda nom queimárom os de sempre.

Duas Lontras nadavam e alimentávam-se na parte Sul da lagoa, que agora está muito baixa. Saírom a terra um pouco e aproveitei pra as afotar fóra da auga.

 Lontra (Lutra lutra), adulta em terra

Umha das Garças vermelhas adultas aínda está por aqui. Semelha que gosta do cinto de canaval que há na beira occidental do lago (a mesma zona que lhe gosta tamém muito ao Abetouro durante o inverno, por certo). Namentras observava, pescóu umha Anguia (Anguilla anguilla). É a segunda captura deste tipo que lhe vejo à espécie.

Garça vermelha (Ardea purpurea)

Tamém havia 1 Colhereiro (Platalea leucorodia), várias Garçotas (Egretta garzetta) e 4 Garças reais (Ardea cinerea) juvenis, que completavam a família de ardeidos e semelhantes.
   De anátidas, pois aquilo agora mesmo é umha "gardaria de crianças" de Lavanco (Anas platyrhynchos). Polinhos de diferentes idades revolvem-se e mesturam-se baixo a mirada atenta das nais, que podem chegar a trabalhar coma equipa diante da ameaça dum predador, coma os raposos que baixam á lagoa na Primavera (observ. pessoais).

 Outra que também provoca o terror entre os patos é a Águia pescadora (Pandion haliaetus). Algum dia entenderei o motivo... espero.


Águia pescadora (Pandion haliaetus)

No areal, pouca cousa. Certo é que nom me acheguei até a praia, onde nestas alturas pode haver um "pico" migratório de Calidris alba. Na lagoa hoje andavam um Mazarico ruivo (Limosa lapponica) e um Pilro grosso (Calidris canutus), coa plumagem quasse nupcial.

 Pilro grosso (Calidris canutus)

 Mentras chovia de caralho, sorprendeu-me moitíssimo o avistamento dumha tardia Becacina comúm ou Narceja (Gallinago gallinago). Alimentava-se pola enseada conhecida coma "lago pequeno".

 Becacina comúm ou Narceja (Gallinago gallinago) no "Lago pequeno"

  E despido-me de vós com umha foto de Andorinhas, que esperavam umha mudança do tempo, descansando num ilhote de canas

Andorinhas spp (Hirundo rustica/Delichon urbicum)

 Até a próxima

8 comentarios:

  1. Bonita entrada...e coma sempre, encántame a lontra...
    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas de novo, miña seguidora máis fiel!. Sobre as Londras, dicir que os 3 cachorros que ten a fémia xa logo son tan grandes como a nai. Aínda que hoxe estaba o grupo de dúas que non teño claro se é fémia + cría, ou dous irmaos subadultos. Imaxino que será o primeiro caso.
      Unha aperta

      Eliminar
  2. Eu hoxe vou irme polas beiras..
    Debe ser ano de garzas, xa que eu ollei unha garza pequena e unha vermella nas Gandaras.
    Na parte linguistica, non sei porque se asume que a mais ortodoxa sexa a lusofona. Dende que desapareceron as variantes (para min reflexo moito mais realista da variabilidade na fala) e pasouse ao "normativo", as cousas non melloraron. E as constantes mudanzas nas normas non melloran a situacion.

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver, César, a norma "lusófona" é a máis ortodoxa, non porque o diga eu (o meu é a cociña vexetariana, en todo caso)senon porque está así determinado polos filólogos. A desgraza que ten este país para co seu idioma é que no ano 81 algúns decididiron que o galego había que escrebelo coma facía Rosalía (que en paz descanse) e non como facía Carvalho Calero. Isto é, con grafías españolas, e non con grafías galegas.
      Os cataláns, que posúen un pouco máis de conciencia de seu, foron un pouco máis sensatos e conservaron a súa escrita máis propia.
      E isto non é opinión. É información obxectiva.
      O motivo principal era que fose máis doado de entender. Curiosamente seguen arrincándome os cartazes que poño no portal, aínda que estean escritos na norma oficial....
      A ver se non era un problema das cedillas e dos -nh- e vai ser un problema máis... estrutural, do pobo chamado irónicamente "galego"

      Eliminar
  3. Isto vai ser como o da final de onte, se lle preguntas aos indios diranche que foi epico, se lle preguntas aos vikingos diran que un roubo. Se lle preguntas a uns diranche que o mais ortodoxo e isto, e outro dira o contrario. Eu diriache o que dicia miña avoa (e a meirande parte da aldea) que xuntaba letras, "que raro falan istos da TVG", e se chega a estar agora xa nin che conto..
    Xa que falas do catalan, a min lembrame o que din alguns que o valencian e o balear e o mesmo que o catalan, supoño que eles non estaran dacordo. E polo pouco que coñezo do euskera, hai o oficial e o "outro".
    O galego sobrevivira se o fala o pobo "galego", senon xa sabes que lle pasara.
    E por si non liches a nova, a "solucion definitiva" pasa por ensinar portugues como terceira lingua..
    Ben, voltemos ao noso, hoxe nova sorpresa nas Gandaras, unha avenoiteira case me mata dun infarto..

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Buf, son tantas cousas as cousas que dís e que necesitan unha resposta, e tan pouco o que me quero liar que non sei por onde comezar, César. En todo caso tentarei ser breve.

      - Primeiro. A diferenza máis grande entre as normas do galego é a FORMA en que se escrebe. Quer dicer, o debate é (foi) se poñemos "Betanços" ou "Betanzos", se poñemos "ranho" ou "raño", se escrebemos "velho" ou "vello". Para a túa aboa e para a miña nai, non hai diferenza nengunha entre as dúas normas. A alfabetización foi algo que se lles negou a ambas! E cando unha persoa se alfabetiza, dá igual que lle expliquen que "berça" é con -ç- ou con -z-. Pero agora que se alfabetizou sobre a base da norma españolizada, a versión orixial do galego soa a portugués, e ten difícili solución.

      - O caso basco. Polo que teño falado con xente euskaldún, o euskara foi unha especie de "invento", unha norma que agrupaba unha morea de dialectos moi diferentes, coa fin de se poder entender de maneira escrita.

      - O caso catalán. Evidentemente a língua que se fala en todo o mediterráneo español é a mesma: o catalá. Pero o grao de mestura co español aumenta a medida que avanzamos cara o sul. Lembro que, hai anos, mentras viaxaba pola autoestrada do mediterráneo, puxen a rádio para afacerme á fonétia local, xa que me dirixía ao delta do Ebre (sei que estou dicindo unha aberración para moitos españois...facer o esforzo por entender outras línguas do estado, nunca tal se víu!).
      Ben, pois foi moi didáctico. A medida que subía desde Valéncia, cara Castelló, e logo a Tarragona, puiden apreciar como os locutores falaban cada vez "máis catalá". Se ao principio, en terras valenciás podía entender case todo, ao chegar a territorio catalán, a cousa facíase case imposíbel para min.

      En calquera caso, "non hai caso". A historia é a que é. E agora estamos recibindo os froitos desa historia. Como, por exemplo, que un fascista coma Fraga entregase medallas Castelao. Pero iso non ten volta de folla (perdón polo de volta)

      Podes estar seguro, César, que poucas persoas has coñecer tan "neutrais" coma min neste tema. Falo moi en serio.Pero hai cousas que se deben coñecer, para comprender mellor qué somos, e por qué somos o que somos.

      Unha aperta

      Eliminar
  4. Ben, realmente eu falaba mais da fala, sen entrar no tema historico-politico. Gheada, seseo, che, etc etc.
    Voltando a cousas voadoras, o tema do xabarin e o demo negro non sei se poderia tomarse coma causa xeralizada en toda Galicia. Aqui as charcas/lagoas/barreiras son moi profundas e penso que non permiten entrar aos depredadores. Haberia que repasar numeros historicos con xente de Erva ou da SGHN, eu lembro a principios dos 80 moitas, pero agora deben criar un par delas como moito.

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Diso das "fulica" vou colgar un comentario hoxe en Galiciaves. Estiven de censo por Forcadas e a cousa pinta mal...
      Unha aperta

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos