Seguidores e seguidoras

martes, 4 de junio de 2013

Fóisenos outro amigo

     Este anus horribilis 2013 semella non querer dar máis que malas noticias. Comezaba o ano con miña nai no hospital, onde tivo dúas operacións nunha semana, que deixou unhas consecuencias colaterais bastante complexas.  Tamén tivemos dous graves accidentes no asteleiro onde traballo; ún deles sufrido por un dos meus encargados. Todo isto co telón de fondo da crise, que se cebou moi especialmente na nosa comarca (que mantén índices de paro dos máis altos do estado) e que provocaba despedimentos constantes de moitos compañeiros en empresas da zona, que pasaban a engrosar as listas do paro.

  Hai un mes íase-nos para sempre o noso Pepe García Vizoso, que non puido superar esa enfermidade terrríbel que é o cancro.


   Ben, pois  hoxe acabo de enterarme por un correo dos fillos, que se nos acaba de ir tamén José Angel Rodríguez, que non puido superar tampouco o mesmo problema que Pepe.
   Jose era una ferrolán (compañeiro de Bazan e ex-sindicalista) retirado e residente en Madrid que, ao igual que Pepe, atopara na fotografía da Natureza unha maneira de sobrelevar as duras condicións de vida que implica o tratamento do cancro. Cando viña por Ferrol últimamente sempre me avisaba para quedar.

 José era seguidor de "Bichos", e tiña tamén o seu propio blogue: (Miradas), que quedará orfo a partir de agora.


  Vai logo por José Angel unha lembranza, desde o mar de Valdoviño

  Descansa en paz, compañeiro!

4 comentarios:

  1. Hola. Excelente blog. Me encanta. Lo sigo desde hace unos dias. Gracias por tu trabajo es importante para Galicia. Ojala todas las personas valorasen y respetasen huestro patrimonio. Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas e benvido, José Luis (xa vin o outro que tiña un novo seguidor). Pois espero que desfrutes coas entradas. É o que pretendo: levarvos a percorrer o noso patrimonio natural, especialmente na miña degradada e destrozada comarca de Ferrol.
      Unha aperta

      Eliminar
  2. Síntocho ben Xabi, a verdade é que menuda mala racha. Unha aperta e ánimo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. É o que parece que toca neste ano número 13, Inés...
      E non cho dixen porque se me pasou co lío dos "talibáns", pero graciñas polo aporte sobre o odonato(é Ischnura)

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos