Seguidores e seguidoras

viernes, 12 de julio de 2013

Post feminista

   Non podo evitar facer unha pequena reseña. Onte mesmo escoitaba unha entrevista da nosa Verónica Boquete, considerada unha das mellores xogadoras de fútbol do mundo e que tivo que emigrar cara outros países para poder vivir profisionalmente do deporte, debido ao ostracismo no que se mantén o fútbol feminino no estado español. Sen entrar a valorar se isto é xusto ou non, na entrevista, Vero deleitábame onte na radio pola lucidez e intelixencia que amosaba. Algo pouco común entre os seus compañeiros masculinos (a maioría dos futbolistas de elite, digámolo claro, teñen máis ben poucas luces e cultura...). Ademáis encantábame a enerxía e a forza que transmitía, nada que ver con outros famosos deportistas galegos, xeralmente apocados e parcos en vocabulario (estou acordando de David Cal, por exemplo)


Verónica Boquete, futbolista galega profisional

  En contraste, hoxe atopábame na prensa esta nova que, non por coñecida, deixa de ser un aspecto lamentable tan común nesta sociedade nosa (espectáculo nos San Fermines)


 Poucas palabras pode dicir unha persoa sensata. Neste mundo materialista, sen principios éticos nin de ningún tipo, supoño que serán moitos aos que este espectáculo da foto lles parecerá normal. Imaxino que mesmo haberá quen me considere un "carca" e me dirá que "deixe aos rapaces divertirse coño, que non fan mal a ninguén". Pero a realidade é que dá unha imaxe ben penosa, tanto dos homes coma das mulleres. E o consumo de drogas ou o álcol non me serven de desculpa par xustificar o "desfase".




  Lembro un concerto de La Polla Records (en Redondela creo). Unha xove semellante á da foto subíu ao escenario e, presa da euforia etílica supoño, comezou a destaparse para aliviar as calores. Nin que dicir ten que os xóvenes punkies de primeira fila comezaron a subir de pulsacións (ademáis a rapariga hai que recoñecer que estaba ben dotada). Entón o cantante e líder do grupo, Evaristo, deuse conta rápidamente do que podía pasar, colleu a rapaza e, discretamente, fixo que se volvera poñer a camisola. Aquel detalle a min non me pasou desapercibido e me demostrou que as persoas lúcidas poden ser encontradas en calquera circunstancia.
  Pero imaxino que nos San Fermines faltan punks intelixentes e sobran borrachos descerebrados.

 Despídome, xa que logo, cunha dedicatoria a Verónica Boquete a a todas as mulleres que dignifican  a condición feminina. Vai por vós!

 Un saúdo amigas.

9 comentarios:

  1. Ola Xavi, o concerto da polla non sería na sala Zeleste en Osebe, xunto Mol e Kakola, un 19 de marzo???

    Saúdos
    Vítor Xosé Cabaleiro

    PD: a entrada non pon o ano, penso sería 95 ou 96

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois....pode ser, pode. Sei que nos pegáramos un bon tute no carro e que daquela tiñamos o noso grupo (unha banda hardcore lamentable chamada "Eutanasia Activa").
      Por certo o meu nome é con -b- de Barça
      Unha aperta, Víctor.
      PD: Sempre fúchedes moi punkies por Pontevedra... A sombra de Siniestro é alongada.

      Eliminar
    2. Ah, e os colegas de Mol... unha xente estupenda. Aínda estiven con eles hai pouco na súa volta por Ferrol.

      Eliminar
    3. Tempos aqueles! TDK, Zarama, Eskorbuto, Kortatu...e un longo etcétera

      Saúdos Xabi (con -b- de Barça sempre :-)) )

      Eliminar
    4. Ben, eu érache moito máis dos TDK (así saín, medio macarra, je, je,..)
      Unha aperta Vítor
      PD: O binomio Ska-p/The Locos reúnen, na miña opinión, unha síntese co mellor de Kortatu e da Polla, pero mellorado ata o infinito. Que non se entere ninguén, pero son o meu grupo favorito últimamente. É unha "recomendación de la casa"

      Eliminar
  2. Estas fotos prodúcenme dous reacións encontradas. Por unha parte penso, se elas dalles igual que lle toquen as tetas un descoñecidos, pois oes, cousa delas e deles. Pero por outro lado resúltame moi "baboso" esa actitude de, vexo tetas e teño que tocalas. Unha cousa é amosar as tetas, e outra querer que chas toquen. Seica neste caso concreto a elas deullex igual, non o sei, so espero que non sente precedente para outras ocasións.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu vou por outro lado Inés. Iso de "co meu corpo fago o que quero" podo entendelo... ata certo ponto. É máis importante o que se fai coa mente. Como sabes, esa imaxe que puxen debaixo do contador de visitas representa algo moi importante na maneira que algúns temos de entender o mundo. E ese "algo" está presente no meu pensamento e na miña palabra, todos os días do ano. Aínda que últimamente a práctica estea un pouco abandonada, por circunstancias da vida. Pero a búsqueda do placer material ou a conversión dunha persoa (sexa cal sexa o seu xénero) nun mero obxecto sexual non é precisamente coincidente coa miña filosofía, aínda que resulte moi dificil a renuncia a iso para a mioría de nós. Creo que me explico.
      Unha aperta.
      PD: Se queres falamos no persoal máis en profundidade sobre estas cousas. Son asuntos que non proceden neste blogue por agora.

      Eliminar
  3. A verdade e que un non sabe ben que pensar de esta xente, xuntase a "merluza", con efecto efervescente da marabunta, e a pouca educacion do persoal. Ademais tamen hai un concurso de fotografia erotica polo medio. Ainda que se fose eu penso que non me arriscaria a ensinar nada, nin a darlle pe a isa panda de tuzaros..

    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes razón que a prensa sacou "carnaza" do tema. Que conste que eu meditei bastante se era oportuno ou non publicar as fotos destas dúas rapazas. Independentemente do que se poida pensar, son persoas e merecen un respeto e o seu dereito á intimidade (eu tamén as teño feito gordas e non me gostaría que publicasen fotos miñas facendo ghilipolleces). Pero, tendo en conta que xa estaban na Voz e no País, diarios de máxima tirada, e valorando a importancia do que quería transmitir, decidín que procedía.
      Unha aperta

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos