Seguidores e seguidoras

lunes, 5 de agosto de 2013

Outro raposo dormilón!

  O domingo á mañá, xuntábamonos unha boa tropa na lagoa de Valdoviño: Pablo e Antonio Gutiérrez, David Calleja, Pablo Pita e máis eu, Motivos había de sobra. A maioría das limícolas do sábado seguían por aló: Calidris ferruginea, Calidris minuta, Limosa limosa,.. Ademáis observáronse novidades entre as anátidas, coma 2 Patos culleretes (Anas clypeata), 2 Patos rubios (Netta rufina) e 1 Pato castaño (Aythya nyroca). En principio podemos considerar estas citas coma de aves salvaxes, que aparecen no verán de cando en vez, fuxindo da seca que padecen arestora os humidais españois. Tamén seguía polo areal o famoso Corvo cincento (Corvus cornix). Neste caso non teño claro que non poida ser un ave de gaiola fuxida de terras portuguesas, onde é habitual ter aves destas. Onte esquecín comentalo.

   Sobre o piñeiral das dunas, apareceu unha parella de Miñatos abelleiros (Pernis apivorus), rapaz que se volveu bastante común nos últimos anos por aquí. Pasaron case por encima miña, pero eu andaba a outra cousa. E esa cousa non eran senon dúas probables Folosas acuáticas (Acrocephalus paludicola), que me pareceu ver entre a canaveira seca do noroeste, entre outros paseriformes habituais do lugar. Desde logo os reclamos que lles escoitei coincidían 100% cos do exemplar que observara e afotara o ano pasado no mesmo sitio. Queda moito verán para confirmalo mellor...

  Pero a estrela da xornada foi outro Raposo "acuático" (Vulpes vulpes) que campeaba polo intermareal uliscando cada centímetro de terreo, mentras os corvos o miraban con recelo. Inicialmente pensamos que se trataba de "Dormilón", pero logo, comparando as fotos na casa, descobrín que é outro exemplar distinto.


      Na seguinte foto podemos apreciar que o deseño facial, e a propia estrutura son diferentes ás do raposo que fotografíaba mentras durmía hai unhas semanas (o raposo "Dormilón"). Penso que se pode tratar dún dos exemplares xóvenes deste ano que veu Pablo coa nai hai uns días, ou dunha femia non reprodutora. O ano pasado andaba unha femia en Taraza (raposa), que parece ter unha morfoloxía distinta a este da foto de onte. Máis ben me inclino por un xoven. Desde logo que ten cara de cachorro. Comparade vós.



   ...Pero se non é Dormilón, non cabe dúbida que é un parente cercano. Porque en canto saíu  do areal e veu unha zona protexida entre as canas, zas! deitouse a botar a siesta!!


   Son certamente uns raposos moi especiais estes nosos da Frouxeira. E, coma outros mamíferos carnívoros, déixanse ver arreo durante o día cada vez con maior frecuencia. Lonxe quedan xa os tempos dos "alimañeros", tristes representantes da maneira que tiña o franquismo de entender a política medioambiental.

 Seguimos informando.

8 comentarios:

  1. Hola sigo tu blog y me encanta. Solo opinar sobre el zorro. Que bonito es ese animal!!!! Desde mi oficina he visto uno merodeando por el parking de la empresa dos veces, pero ahora hace unos meses que no lo veo. Mis ultimos avistamientos: jilguero, peto real, aguila culebrera y abubilla pero sin camara de fotos brrrr!!. Tengo una modesta Olympus SP 590 UZ que intento vender para comprar una espectacular SX50, como la tuya creo........ Un cordial saludo. Gracias por compartir tu aficion

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se nos dís ónde está a oficina, Jose Luis, aproveitaremos mellor ese comentario sobre as túas observacións. Imaxino que pola zona sur do país (Bubela, Cobreira,..)
      E, mira ti, que eu tiven tamén unha Olympus da serie SPZ, pero moito máis pequerrecha: a 510 (7 megas e 10x). A verdade é que das tres bridge que tiven era case a que tiña mellor calidade de imaxe, supoño que polas lentes. Aínda que obviamente o zoom quedábase moi curto para fotografía de Natureza. Pero sonche boas cámaras as SPZ...
      A miña é, como dís, a Canon SX50. E por suposto que cha recomendo. De todas formas ao dispór dun rango focal tan enorme (equivalente a 24-1200 mm) conleva algunha penalización. Coma o macro. Canto menos rango teñen, mellor van estas cámaras. Na Olympus o macro ía de cine. Coa Fuji HS10 (30x) tamén traballaba perfecto. Pero na SX é máis difícil de controlar. Custoume un pouco adaptarme (un poquiño que variabas o zoom e perdías o enfoque) e, ao final, acabei tomando as fotos macro con enfoque en modo manual.Polo demáis, é un cañón, coma podes ver en "Bichos".
      Grazas por comentar.

      Eliminar
  2. Que sorte poder ver tan de preto ao raposo, Xabi. Aínda que faime gracia que vaian a lagoa a durmir e non a cazar.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que nos saíron un pouco folgazáns estes raposos, je, je... Debe ser que no restaurante "Frouxeira" cómese ben e dan ganas de botar a siesta logo..

      Eliminar
  3. Hola de nuevo, la oficina esta en el Edificio de Enmacosa en Portonovo, Sanxenxo, exactamente en el lugar de Adina, como bien dices esta en el Sur de Galicia.
    A ver si algun dia vienes y dedicas alguna entrada a esta zona con excelentes oportunidades de observacion de aves sobre todo el las playas del Salnes.
    Un cordial saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Imaxinaba, imaxinaba. Boa zona para bichear esa (sobre todo para anfibios e répteis)...
      Teño ganas de voltar por ahí, e por suposto que farei a entrada no seu momento.
      Unha aperta

      Eliminar
    2. Boas.
      O raposo non creo que sexa un cachorro. Debe ser un exemplar do ano pasado. Fíxate que xa comenza a ter branco no mechón da punta do rabo. Ata onde sei, eche marca de adulto.

      Eliminar
    3. Ceto, certo. Coma dís deime cinta tamén que debe ser do ano pasado. Estou acostumado ás aves, pero os cánidos do ano pasado tamén son "xóvenes", claro.
      Graciñas Eloi.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos