Seguidores e seguidoras

jueves, 29 de agosto de 2013

Un mes de Agosto especial

     A lesión na perna non acaba de curar, así que sigo sen poder cargar o peso das ópticas (estou a converterme no típico "frikie fotero"). Son días para paseos por terreo fácil e para continuar as prácticas coa cámara. Na lagoa de Valdoviño, todo se mantén máis ou menos igual. Continúan por aquí o famoso Pilro semipalmado (Calidris pusilla) e outras especies igualmente atractivas, que xeneran unha enorme expectación entre os afeizoados, debido á escasa distancia na que se poden observar.

  Onte Pablo Gutiérrez realizaba unha sesión fotográfica, na busca da foto perfecta (eu por agora confórme coa foto decente). Antes diso, adicou un rato a diferentes "menesteres":

Pablo Gutiérrez apañando camarón na canle da lagoa

   Por alí andaba tamén un  paparazzi do "Hola", afotando unha parella que facía cochinadas escondidos entre as dunas:

  Falando en serio, comentábamos ambos o confiadas que se volven as limícolas en canto baixamos a nosa altura. Se cando estamos de pé, presentan moito temor, cando ún senta e permanece parado, poden achegarse moito. Pero é que se nos deitamos, demostran unha confianza sorprendente, chegando a ser necesario o modo macro para podelas enfocar. É unha maneira bastante repectuosa de observar e afotar sen causar moitas molestias.

Pilro semipalmado (Calidris pusilla, esda.) e pequeno (C. minuta, drta.)

Pilro semipalmado entre ferruxentos  (e un común). Un luxo de foto.

Pilro pequeno (Calidris minuta)

   O máis chamativo estes días é o incremento de Pilros ferruxentos (Calidris ferruginea), dos que hoxe contaba un mínimo de 10 exemplares, sen binóculos ni ná. Un pilro certamente bonito, e do que arestora podemos atopar todo tipo de plumaxes: adultos en transición, xóvenes cincentos e xóvenes crema. E como algúns non dispomos dunha biblioteca ornitolóxica de 200 volumes, algo que parece ser norma, non me vou romper a cabeza investigando cal é xuveníl, semi-adulto en 2ª muda ou hermafrodita. Van as fotos e listo.





Pilros ferruxentos (Calidris ferruginea), diferentes idades e plumaxes

     Onte pola tarde voltaba á lagoa. Pero era outro tipo de visita. Teño compartido con vós en "Bichos" momentos malos e moi malos, tanto no aspecto persoal coma colectivo (o último, o accidente do tren de Compostela). E hoxe quero compartir un momento feliz.

   Finalmente este mes de Agosto resultou moi especial para este que escrebe. O Destino quixo que un anxo irrumpira na miña vida, a modo de compensación por todos os disgustos e problemas que levo arrastrando desde o ano 2006, e que me estaban sumindo nun estado emocional de moita tristura e desesperanza. Case cando máis negro estaba todo para min, esta persoa conseguíu reanimarme, darme vida e lograr que me volvera later o corazón con forza. Con tanta forza como nunca o fixera antes.

  Ela regaloume unha parte importante do seu mes de vacacións e por iso estou infinitamente agradecido á providencia. Ao igual que as fermosas Gaivotas cabecinegras ou os elegantes Flamengos migran cara o lugar de "invernada", nos Aigüamolls de L´Ampordán, ela marcha tamén, levantándose agora un muro de distancia e tempo que xenera unha enorme incertidume. O futuro preséntase incierto, desde logo, e cheo de dúbidas e complicacións de todo tipo, algo ao que, por outra parte, estou afeito. Pero os naturalistas entendemos de migración, e sabemos moito do que é esperar con paciencia.

  Ángeles e un servidor na beira da lagoa (un momento inesquecíbel que recolleu amablemente Pablo Pita)

Un joc la vida és, amb regles que no s'han dit, però potser és bon consell "jugar net". T'estimo, Mari. Un petó.


No hay comentarios:

Publicar un comentario