Seguidores e seguidoras

lunes, 23 de septiembre de 2013

Bicheando por Girona. Sorpresón nos Aiguamolls.

    Finalmente puiden facer unha única visita aos famosos Aiguamolls do Empordà, na provincia de Girona. A hora non foi a mellor (pola tarde nun día caloroso) e notouse nas observacións. Antes, o sábado pola mañá, visitábamos un lugar precioso, que recordaba moito aos vales caducifolios galegos. A verdade é que esta provincia catalana ten moito parecido a nivel paisaxístico con, digamos, o sur de Lugo ou certas zonas conservadas de Ourense.


Paisaxes de Girona

  Como digo, Ángeles Lago (Mari, pa los amigos) levoume a un lugar moi fermoso: Gorgues de la Font de la Torre de Canet d´Adri (menos mal que o apontaches no facebook, porque non lembraba o nome..)

 As "gorgues" son unha especie de pías naturais formadas pola erosión na pedra. A fría temperatura da auga impedíu que me metera máis aló do "punto crítico" (ejem).  Mamentras, outras buscaban o sol. Unha morea de lagartixas dos penedos movíanse entre o terreo pedreguento e granítico ao pé do río.

 Lagartixa dos penedos (Podarcis hispanica)

   E toca falar do serio. Aiguamolls de L´Empordà, un lugar que visitei na tarde do sábado aproveitando que Mari me podía deixar o carro mentras traballaba.


 Sinceramente, esperaba moito máis. Pero é que non acertei coa rota. Porque nestes sitios tan grandes podes botar horas camiñando polo lugar menos indicado nesa época do ano e levarte unha impresión errónea. E foi o que me pasou por andar con presas.


   Escollín un sendeiro que xa coñecera hai dez anos, e que parte do "Cortalet", que vén a ser o corazón do Parque Natural. E a cousa estaba bastante triste. Sorprendeume atopar varias lagoas con bastante auga pero case sen acuáticas.


  Ao comezar o percorrido na lagoa de Cortalet, afotaba estas dúas limícolas (na foto parecen unha soa). Non tiña telescopio, pero semellan Biluricos bastardos (Tringa glareola), quizá. Ricard Gutiérrez, o actual xefe das rarezas da SEO, comentábame que se viran dous Pilros pectorais (Calidris melanotos) por aló. Aínda que a foto é moi mala, solicito a xuda do comodín..

 Limícolas sp

  As Garzas boieiras aportaban vistosidade aos campos onde pastaban vacas. Os turistas urbanitas cataláns alucinaban coas vacas coma quén vé un dinosaurio (se veñen a Galiza flipan).


Garza boieira (Bubulcus ibis) e vaca común

   O toque de glamour aportárono un bando duns 30+ Flamingos (Phoenicopterus roseus) que se alimentaban no Cortalet.



    Moitos xóvenes estaban anelados. En Fuentedepiedra, no Delta ou na Camarga, imaxino.

Flamingos (Phoenicopterus roseus)

 Había máis cousas chamativas, coma Picapeixes, bastante comúns polo visto (e que nidifican no lugar):

 Picapeixe (Alcedo atthis)

.. ou un bon bando dunhas 100 Becacinas descansando en "La Massona"

Becacinas (Gallinago gallinago)

  De anátidas, poucas pola zona que visitei. Alavancos (Anas platyrhynchos) e 4 Patos frisados (Anas strepera). Algo ridículo para un lugar de importancia internacional coma é este. Xa dixen que non acertei no transecto. Quedei coas ganas de entrar por outras zonas, pero o domingo xa non me cadrou.


  O sorpresón, absolutamente inesperado para min, foi comprobar a abundancia do Lagarto verde nestas terras litorais do noreste ibérico. Ignoraba completamente que chegaran aquí.


  En total observei dúas femias e un macho, que tomaban o sol na beira mesmo do itinerari. Ademáis resultaron bastante máis confiados, penso, que os nosos Lagartos das silvas (Lacerta schereiberi, que vén a substituir ao verde no mesmo nicho ecolóxico, pero na parte noroccidental da Península).

 Lagarto verde (Lacerta bilineata), macho

Lagarto verde (Laceta bilineata), femia

Ben, esperaba máis desta visita, pero en apenas tres horas, e se te equivocas de transecto, tampouco podes esperar milagres. Pero se tedes ocasión de ir aos Aiguamolls ou ao Delta de L´Ebre, non volo pensedes. SEMPRE paga a pena.

 Ata a próxima. Adeu.

12 comentarios:

  1. Fermosa entrada Xabi. A pesar da pequena decepción que soe supoñer cando un espera o mellor dun sitio, e logo non se cumplen as espectativas, o lugar é precioso. E ainda que ti non poidas mostrarnos toda a súa biodiversidade, iso é de sobra coñecido, así que non pasa nada. Ademais, ti este fin de semana non andabas moi centrado no tema da biodiversidade, precisamente, e digo eu que iso tamén se notaría á hora de observar bichos... ; )
    Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Notouse, notouse, Quique. Cómo non se vai notar! Sen dúbida que o amor estimula certos aspectos da mente, como a imaxinación, a lírica ou a inspiración; pero atenúa ou, directamente, anula outras cualidades necesarias para a observación. Tales como a concentraciò e a atenciò.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Si boa entrada o mellor ol mono¡¡

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois grazas... supoño (asinando o comentario con nome e apelidos evítanse malos entendidos)

      Eliminar
  4. Vaites, eu nunca vin ao lagarto verde no campo...así que menuda sorte. O sitio parece moi bonito, aínda que entendo a túa decepción por no poder sacarlle máis proveito. Eu estiven en Delta de L'Ebre en abril e leveime un pequeno chasco (demasiados arrozais).

    Respeto ao comentario do neno...hai que ver que mal xenio...aínda que coa resposta do pai xa entendemos de onde lle ven...

    Moi bonita entrada Xabi, o sitio vése precioso.
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Caramba, Inés, pois o Delta en Abril ten que meter medo! (eu estiven tres veces, pero sempre a mediados de verán). Fuches á Encanyssada? Esa lagoa mete medo...
      Unha aperta.
      PD: A conversa entre o neno e o pai era unha broma. ¿Pero ti te pensas que nese momento tiña eu ollos e oídos para algo que non fose a persoa que tiña diante miña? (Ela afotábame coa cámara, mentras eu "afotábaa" coa vista, por iso teño esa cara de flipao).

      Eliminar
    2. Cando fun ao delta, os arrozais ainda non estaban inundados de auga, e iso produciume un efecto visual diferente de cando estiven na Albufera en valencia, que os arrozais estaban cheos de auga e gustoume máis. Nas lagoas que visitamos se que había bastantes aves, pero tamén é certo que tras coñecer o Delta do Danubio, o do Ebro pois como que impresionoume menos...jeje.

      Eliminar
    3. Pois nas tres veces que fun eu, os arrozais estaban crecidos e verdes e, xunto coa lámina de auga que aínda existía, semellaban xunqueiras naturais. A cantidade de Garzas de todo tipo (inclídas as Cangrexeiras), Galiñas de río, Fumareis, ou mesmo Camóns, era brutal. Todo un espectáculo.
      Unha aperta.
      PD: Pero é que se vés do delta do Danubio (palabras maiores), imaxino que todo parece pequeno, je, je..

      Eliminar
  5. Eso ten pinta de P.liolepis non?. O aeroporto de Budapest esta cheo de L.viridis polas zonas axardinadas, e cunha pachorra que nin que fosen P.bocagei.
    O posado fou un roubado para o Interviu?.. je,je,je

    Cesar Ayres

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. P.liolepis? Sóame, pero agora non sei a qué te refires César (dígoo en serio). E o "posado"...aínda estou esperando unha resposta definitiva por parte da revista a quén llo ofertei...
      Unha aperta.

      Eliminar
  6. P.liolepis suponse que vai a ser a forma do Este/Levante (sensu lato porque seica hai mostras de Zamora coincidentes) de P.hispanica cando se aclare o lio filoxenetico.
    Como non ensines cobra non che han pagar moito.. je,je

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si é que neste mundo, como non compres unha guía nova cada mes, quedas "obsoleto" de todo..

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos