Seguidores e seguidoras

domingo, 15 de septiembre de 2013

Controlando mariñas desde Pta. Frouxeira

   Esta mañá realicei o primeiro conteio "serio" desde o faro de Ponta Frouxeira, en Meirás (Valdoviño). Non é Estaca de Bares, pero xa teño comentado que se pode pasar unha mañá moi entretida observando aves mariñas se as condicións meteorolóxicas son favorábeis. E, aínda que hoxe non o eran especialmente (norte-nordés), a primeira hora da mañá había un frente de paso bastante interesante. Coma sempre, realicei un censo continuado dunha hora de duración. Logo fixen unha pausa para tomar un café, e cando voltei a cousa decaera moitísimo, así que xa non continuei.  Non obstante nesa primeira hora (8,30-9,30 h.) censei o seguinte:

- Moi poucos Mascatos (Morus bassanus)
- 244 Pardelas furabuchos (Puffinus puffinus) "costeando" en dirección W
- Unhas 10 Pardelas baleares (Puffinus mauretanecus) voando a un lado e a outro. Esta especie de Pardela preséntase polo verán na zona, durante a dispersión post-cría.
- 8 Pardelas escuras (Puffinus griseus)
- 16 Pardelas cincentas (Calonectris diomedea)


   O malo é que as aves pasaban hoxe moi lonxe, mesmo para a SX50. Poño unhas fotos testemuñais (que intentarei mellorar máis adiante)

Pardelas cincentas (Calonectris diomedea)

- 14 Pentumeiros (Melanitta nigra)
- 1 Palleira mediana (Stercorarius parasiticus/pomarinus)
- 188 Carráns. Deles, 119 cristados (Sterna sandvicensis), 10 "Comic" (S.paradisaea/hirundo) e 59 sp (Sterna sp)
- 1 Gaivina negra (Chlidonias niger)

 Bueno, o próximo finde haberá unha entrada moi, moi especial. Vou cruzar a Península para atoparme con certa persoa que xa coñecedes en Girona onde, finalmente, vou dispor de tempo para visitar os Aiguamolls de l´Empordà, un humidal extraordinario que xa coñecín hai dez anos. 

 En fin, aló nos veremos, xente!


4 comentarios:

  1. Seguro que estás contando as horas, minutos e segundos que faltan... alí vas atopar seguro moita felicidade.

    Apertas,
    Damián
    P.D.: moi chulas as fotos do anterior post, e as que obtiveche de aves mariñas nesta entrada tampouco están mal de todo para ser desde terra.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estou, Damián, estou. E podes crerme que preferiría non ter tempo para ir aos Aiguamolls, pero por asuntos laborais vou dispoñer deses "tempos mortos" (moi a meu pesar...)
      Un abrazo.
      PD: De mariñas xa virán fotos mellores na Punta. Onte estaban moi lonxe.

      Eliminar
  2. Oe Xabi. Esa viaxe a Girona considerase pre ou post nupcial.? saudos e bo bicheo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ja, ja, boa pregunta, Alberto, boa pregunta... En principio podemos considerar esta primeira "migración" coma claramente prenupcial. A ver se na seguinte ocasión Mahoma volve á montaña ou é a montaña a que visita a Mahoma. Permanezan atentos ás súas pantallas.
      Un abrazo.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos