Seguidores e seguidoras

domingo, 8 de septiembre de 2013

Qué frio!!

 O Norte galego possue úm dos veraos mais frescos da Península Ibérica, desde logo; mas nom é habitual atopar-se com quasse 5ºC numha manhá de primeiros de Setembro (tinhamos 8º na cidade de Ferrol). Porque iso foi o que marcaba o termómetro do carro ao chegar aos campos de Taraça, em Meirás. Menos mal que sempre levo roupa de abrigo...


   Por aló os paseriformes habituais alegrarom a jornada (pero sigo sem poder achegar-me davondo aos Chascos nortenhos):


 Chasco nortenho (Saxicola rubetra)

Papuja comum (Sylvia communis)

   Na estrada achava, vítima do tránsito rodado, toda umha sorpresa: umha Donicela, ou Deloncinha, que é como a conhecemos pola zona.

Deloncinha (Mustela nivalis) atropelada na estrada

    Para que vos fagades umha ideia do declive tan alarmante que experimentou este mustélido, direi-vos que a última observación própia na Comarca foi em Pantim, no ano 1987!! Logo vin algumha atropelada, e nada mais (comprovei-no ao fazer umha recopilaçom de dados para o "Mustela", boletim do G.N. Hábitat)

  Na lagoa, onde estava também o "Clan Gutiérrez", a cousa estava entretida.

Bando de Pilros (Calidris spp) na lagoa

   As Gaivotas choronas (Larus ridibundus) adicavam- se a remeger a auga cos pés, na procura de pequenos organismos com que se alimentarem.


   Em quanto se juntavam várias patejando a um tempo, soavam mesmamente coma se for um tablao flamenco dando palmas e taconeando.


  O seguinte exemplar juvenil nom patejava. Semelha estar mirando o seu própio reflexo na auga.


Gaivota chorona (Larus ridibundus)

    Nesta ocassom, volvim disparar a cámara desde a distáncia habitual (as fotos tan cercanas do C. pusilla fórom umha excepçom). Havendo boa luz, como era o caso hoje, quedan tamém moi ben as imagens.


Pilro tridáctilo (Calidris alba)

 Bem, até a próxima.

6 comentarios:

  1. Pena da delunciña, pero ó mesmo tempo amosa que igual non está a poboación tan tocada como se creee.
    Xa che comentara eu que estando nos postos de caza as vemos cunha certa frecuencia. E mais doado porque ás veces estás 3 ou 4 horas sen moverte e por iso se confían animais que polo demais son escasos de por si.
    Por certo acabo de voltar de Aiguestortes dun encontro de prensa e xa sei onde están os avións comúns que nos faltan eiquí. Están todos aló...
    Unha pasada. Nalgún momento creo que doadamente podías ter á vista 300 ou 350 aves alimentándose.

    ResponderEliminar
  2. A pregunta, Eloi, é ¿cántas Delonciñas terías visto hai trinta anos de permanecer esas mesmas horas de espera no campo?
    E ti si que vives ben, cabronazo...Aigües Tortes...la Virgen,case nada!!!

    ResponderEliminar
  3. Home, quizais a cousa xa estaba feo por aquel entón. Se falamos dun marco temporal anterior, cunha paisaxe de mosaico agrícola tradicional, a cousa xa cambia de largo ...
    Traballar na prensa sen cobrar é duro, pero ten pequenas compensacións ....

    ResponderEliminar
  4. Buenas Xabier:

    No soy muy amigo de escribir comentarios, y el que voy a hacer no tiene nada que ver con el motivo de la entrada, pero me acabo de enterar por la prensa que en el incendio del Monte Pindo (creo que todavía sigue activo) el fuego ha afectado a zonas especialmente sensibles. Citó textualmente las palabras de Ramón Noceda, alcalde de Carnota: “Desgraciadamente, se quemó todo. Las zonas endémicas de roble enano o las vaguadas de O Pindo, que tienen un valor ecológico tremendo, y que quedaban sin quemar de otros fuegos que hubo antes, están todas destruidas”.
    Si no me equivoco, y tú lo sabrás mejor que yo, esas vaguadas a las que el alcalde hace referencia son el hábitat de la amenazadísima población de lagartija cantabrica localizada en el lugar. ¿Tienes tú, o alguno de los seguidores del Blog, información más detallada sobre este hecho concreto?

    Ya que ésta es la primera vez que hago un comentario en tu Blog, aprovecho para enviarte un cordial saludo.

    Daniel Pérez Rodríguez

    ResponderEliminar
  5. Bienvenido, Daniel.

    La verdad es que apenas he estado una vez en O Pindo, hace unos años ya. Y lo que sé del incendio es sólo lo que he leído en la prensa. Pero acabo de repasar el artículo que Galán, Ferreiro & Naveira publicaron en el boletín de la A.H.E. en 2007.
    Tenía pensado consultar con Martiño Cabana o con el propio Pedro este tema, pues también me preocupaba, como a ti, la supervivencia de esta población relíctica de I. monticola. Y después de releer el artículo, pues he quedado un poco más tranquilo. Resumiendo, los autores comentan: "La vinculación de I.monticola a las zonas rocosas con escasa vegetación, especialmente a los hábitats húmedos que se han indicado, puede haber contribuido a que se haya visto menos afectada por los incendios que otras especies que dependen en mayor medida de la cubierta vegetal (citan T.lepidus)". Refírense a anteriores incendios, tamén moi graves, que ocorreron en 1989, 2005 e 2006.
    Polo que din, a especie atópase desde os 340-350 m.s.n.m. ata o cume mesmo, a 627 m. Por agora descoñezo exactamente as áreas e os hábitats afectados por este último lume de onte.
    A ver se contacto con algún deles e me contan algo máis.
    Graciñas por comentar e un cordial saúdo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver que se cuentan. Me preocupan las palabras del alcalde haciendo referencia a esas vaguadas que en años anteriores escaparon de los pasados incendios pero no de éste último. Espero que las I. monticola hayan tenido suerte. Gracias por responder.

      Daniel Pérez Rodríguez

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos