Seguidores e seguidoras

domingo, 13 de octubre de 2013

Comezan a chegar. Hoxe Tringa erythropus.

   En sánscrito (o idioma milenario da India) existe unha palabra, "rasa", que vén a significar sabor. Pero non se aplica únicamente ao sabor dos alimentos, senón tamén ao sabor das cousas. Ben, pois nos últimos días as actividades que realizo están completamente carentes de rasa. E hoxe foi unha boa mostra.
    De camiño a Ortigueira, a música dos Pennywise facíame compaña. O seu ritmo acelerado acompasaba bastante ben o ritmo dos latexos do meu corazón. Pero eu estaba ausente. Supoño que certos hábitos, por repetidos, fan que resulte doado realizar certas rutinas mecánicamente, de maneira autómata.

 Bilurico escuro (Tringa erythropus)

 Como escreber esta entrada breve.

Enseada de Cuíña, na ría de Ortigueira

  E se me acabaron as palabras por hoxe. Debo parar aquí.
  Un saúdo

2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Algún día devolvereiche esa aperta como te mereces, Inés. Unha aperta que non é tal, senón un bálsamo, moi necesario nestes momentos.

      Eliminar