Seguidores e seguidoras

sábado, 19 de octubre de 2013

Mascatos (Morus bassanus)

 - Vaia, vaia, pero ¿a quén temos aquí? Qué sorpresa!
    A última vez que te vin, hai un mes, estabas tan fermosa coma hoxe. Imaxino que por iso tes provocado o desexo e o desacougo nas mentes inquisitivas desde os oríxenes dos tempos, desde que o home é home.


 - Non será para tanto...
-  Eu penso que si. Sen embargo sinto tanta pena de verte tan soa, ahí arriba...
-  ¿Cómo que "soa"? Non ves as estrelas que me fan compaña?
- Xa, claro. Pero hai unha que está máis perto que todas elas e, sen embargo, semella imposíbel que esteades xuntos. ¿Por qué? Contéstame Lúa.
- Pero ¿acaso ignoras que a Lúa e o Sol non poden coincidir nunca? Cando eu aparezo, el debe ocultarse e, cando el amanece, debo ser eu a que me retire. Sempre foi así e sempre o será. A auga e aceite non se poden mesturar. Eu aporto frescura pola noite mentras o sol dá calor polo día.
- Agora recordo que nas Escrituras da India cóntase a parábola do Corvo e do Moucho. O que para o corvo é día convértese na noite máis escura para o moucho, e viceversa.
- Pois pasa con nós. Tí, que és ornitólogo, deberías sabelo.
- Non me fales de ornitólogos que non está o forno para bolos. Bueno teño que deixarte. Necesito relaxar a mente en Valdoviño. Adeus.
- Adeus Xabi.

 MASCATOS EN PUNTA FROUXEIRA


    Veu o sol e fun ata Valdoviño, a pasear un rato e controlar o paso de aves mariñas na costa.



 Os tempos en que me adicaba a contar os números pasaron á historia. Agora afronto a observación da Natureza cunha actitude diferente, máis ben como unha actividade terapéutica, compatible coa práctica do Ioga e que me sirva tamén para esquecer aquilo que debe ser esquecido.


 Os Mascatos (Morus bassanus) son as estrelas nestes días de Outubro. Se miramos para o mar desde calquera cabo da costa ferrolá poderemos ver sen dificultade unhas aves brancas que parecen voar pegadas á auga. En días de paso forte, chegan a pasar ata 3000 exemplares por hora en Punta Frouxeira. Daquela o mar tínguese de branco coas ringleiras de Mascatos cubrindo toda a superficie do mar ata onde alcanza a vista.



  Un bando de Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo) apareceu por aló tamén, recordando que nestas alturas hai que buscarse os garavanzos noutras latitudes máis xenerosas. Real como a vida mesma.


 Son moitas as especies de aves mariñas que pasan a carón das nosas costas durante a migración, seguindo a liña de costa cara o Suroeste. Hoxe, e aínda que non levaba telescopio, puiden identificar varias Gaivotas cabecinegras (Larus melanocephalus), varios Carráns (Sterna hirundo/paradisaea), Pardelas cincentas (Calonectris diomedea)..e ata un Alca (Alca torda), que voaba por "dirección proibida" (cara o leste)

 De todos os xeitos, o forte vento de compoente SW fixo que o paso de aves fose bastante escaso en número e variedade.

Carrán (Sterna hirundo/paradisaea)

Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus)





 


 Vémonos na próxima entrada

No hay comentarios:

Publicar un comentario