Seguidores e seguidoras

domingo, 24 de noviembre de 2013

Ancares en Outono.

  Mentras conducía chegando a Vilalba pasoume algo moi curioso. Unha luz moi intensa baixou a toda velocidade desaparecendo no horizonte. O máis probable é que se tratase dun pouco máis de chatarra espacial precipitándose e consumíndose na atmósfera terrestre. Pero non puiden evitar pensar nun desexo. E, dado que esa luz desaparecía xusto en dirección Leste, o meu desexo foi tamen naquela dirección.

ANCARES EN OUTONO

  Poucas paisaxes quedan en Galiza tan espectaculares como a montaña en Outono. Era unha conta que tiña pendente, así que onte voltaba polos Ancares, a serra que fai de fronteira natural entre León e Lugo.
  Coma vén sendo habitual realicei o transecto que ascende polo val do río Otigal, entre Degrada e Donís.


  A estación está no seu esplendor. As cores douradas, ocres e vermellas compoñen unha estampa moi fermosa, que agora resulta máis vistosa aínda coa chegada das neves.


 Agora mestúranse a cor parda e amarela das follas dos Carballos (Quercus spp), Pradairos (Acer pseudoplatanus), Bidueiros (Betula pubescens) ou  Abeleiras (Corylus avellana) co verde dos Acivros (Ilex aquifolium). Polo medio destaca o vermello das bagas dos Capudres (Sorbus aucuparia) e dos propios Acivros. Un espectáculo para a vista que se debe contemplar unha vez na vida polo menos, como o de ir á Meca.


   O camiño estaba limpo de neve ata a cota de 1200-1300 m (o percorrido comeza un pouco por baixo dos 1000, na ponte que cruza o río. Pensei que había estar máis nevado, pero case mellor así (tampouco teño equipo axeitado para travesía en neve).



  E, coma sempre tamén, tocaba facer unha parada  na "Campa número 1". Neses momentos o sol empezaba a facer acto de presenza. Boa falta facía, porque estiven toda a mañá con 2-3 graos baixo cero. O bon é que non facía moito vento e se estaba bastante ben.


   Na montaña, como sabedes, existe unha enorme diferenza entre as ladeiras orientadas ao sur e as orientadas ao norte. Debido ao efecto do sol, nas ladeiras de solaina a neve aparece sempre en cotas moito máis altas. Onte, por exemplo, o Pico Tres Bispos estaba case sen neve pola súa vertente meridional, agás a liña de cumes, pero na vertente norte a cousa cambiaba:

Cara Norte do Pico Tres Bispos

   E xusto cando andaba eu mirando para aló e zás, un grupiño de Rebezos que querían saír en Bichos (a foto non é boa, pero é que pensade que estaba na mesma liña de cumes!, bastante fixo a miña SX50)

 Rebezos (Rupicapra rupicapra)

  Comparade a escura librea invernal que teñen agora coa que amosan no verao, tal como afotaba a finais de Maio este mesmo ano (pincha)

Rebezos a finais de Primavera

  Un solitario Voitre común aparecía como unha sombra desde o monte Tres Bispos e foi baixando polo val.

Voitre común (Gyps fulvus)

  A neve ofrece posibilidade de atopar rastros de mamíferos que habitualmente son máis difíciles de detectar. Coma estas pegadas, que encontrei a carón dunha cabana vella:


 Fixen unha foto, pero había moitas. Inicialmente deinas por Gato bravo (Felis silvestris), aínda que semellaban un pouco pequenas (pensei nunha femia). Pero mirando en casa guías e demáis, non coincide a medida tan pequena de 30 x 30 mm. Case máis propia de Algaria (Genetta genetta) ou Gato doméstico. De Algaria non parecen, pola forma e escasa separación das almofadiñas e pola ausencia de marcas de uñas (non as ten retrácteis, coma os félidos). Así que o máis probable é que se trate dun gato cimarrón (cruzado de bravo e doméstico). Unha pena, porque neste hábitat vive o gato bravo, e estes gatos cimarróns, que son fértiles e se cruzan entre eles, son unha ameaza para a supervivencia da especie salvaxe, pola perda de xenética.

 As pegas do carnívoro sp cruzábanse coas de un roedor saltarín. A escea é doada de imaxinar, aínda que non sei moi ben cómo acabaría...

Pegada de roedor (os catro pes xuntos)

  Neste caso, parece que se trate dun "múrido", tal coma un Rato de campo (Apodemus sylvaticus) ou da fraga (A. flavicollis). Máis que nada porque os "micrótidos" (outro tipo de roedores, vaia), tales coma Microtus spp ou Cletrionomys, se desprazan correndo, non a saltos coma os ratos verdadeiros. Ou polo menos é o que teño observado habitualmente.
  En fin, de cando en vez cómpre repasar estas cousas de rastros e pegadas, que o teño un pouco oxidado. É a maneira máis fácil de "observar" mamíferos..

  A maioría de paxaros concentrábanse nas inmediacións do Acibral. Alí atopan alimento e refuxio seguro.

Acibral en Outono

  Ao longo da mañá puiden detectar Tordos rubios (Turdus iliacus, moi numerosos) e comúns (Turdus philomelos), Merlos (Turdus merula), Paporrubios (Erithacus rubecula), Carrizos (Troglodytes troglodytes), Cardeais (Pyrrhula pyrrhula), Ferreiriños azuis (Parus caeruleus) cristados (Parus cristatus) e negros (Parus ater), Gabeadores azuis (Sitta europaea) e comúns (Certhia brachydactyla), Estreliñas (Regulus ignicapillus),.. Todos eles preparándose para o duro inverno que a ponto de chegar.

Mirando desde a Campa 1 cara o val

  Despídome cunhas imaxes que tomei da neve do camiño. Nunca me fixara neste aspecto tan peculiar que colle debido á xeada.



  Ata a próxima!

6 comentarios:

  1. Hola Xabier:

    Fantástica entrada y buen momento para andar por esas sierras. Por el momento el otoño está siendo generoso en lluvias y el campo lo refleja. No cabe duda que la mayor parte de lo poco que nos queda se encuentra confinado en las sierras orientales. Aunque una buena parte del territorio de Lugo y Ourense, ha mantenido, más o menos y según las zonas una cubierta vegetal propia con distintas etapas seriales.
    Cuando contemplo imágenes como las que nos muestras, no puedo evitar preguntarme: ¿alguien ha contemplado el paisaje otoñal de una ría con sus montes salpicados aquí y allá por arboledas caducifolias o mixtas?, ¿alguien recuerda haber visto el intenso verdor de la primavera desde la orilla del mar? De no habérselos puesto en bandeja a la industria forestal, el estado de los montes de la franja costera no sería el mismo. No sólo se podría haber conservado algo, sino que sería posible recuperar una parte importante de los paisajes perdidos. Hoy esa posibilidad es nula. Requeriría un esfuerzo y unos medios descomunales. Es demasiado tarde.

    Sabemos quiénes nos robaron los paisajes. Sabemos que nos robaron incluso la posibilidad de recuperarlos. Yo, a esos mangantes, no los voy a olvidar mientras viva. Que lo sepan.

    Un saludo.
    Daniel Pérez Rodríguez.

    P.D. A ver si en primavera vuelves por esa zona u otra similar y le dedicas una entrada. Y es que la primavera........... ¡¡¡Joder, cómo nos entretenemos en primavera en esas montañas!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Dani. Na costa certamente hai moitos anos que nos "roubaron" a paisaxe e, coma ben dís, semlella imposíbel pagar un "rescate" o suficientemente elevado para recuperala.
      Lembro ter visto dúas fotos de principios do século pasado que me impactaron fondamente. Eran fotos en branco e negro que imaxino dos anos vinte ou trinta. Unha era unha panorámica da ría de Viveiro e outra da vila de Pontedeume e os seus arredores. Quedoume gravada na mente a estampa tan "británica" que tiña o noso litoral naqueles anos. Unha sucesión de prados, cultivos, sebes e ringleiras de carballos. Imaxino agora a beleza sen parangón que poderían ter as ría de Ferrol ou de Ortigueira en Outono (ou na Primavera) e danme ganas de matar a alguén polo que se nos quitou.
      Un abrazo.
      PD: Teño ganas de voltar pola Fonsagrada en Primavera por un tema herpetolóxico. Ademáis teño un bon amigo que está dando clases en Navia e que vive por ahí desde hai anos (en Marcelín). A ver se nos xuntamos todos para entón.

      Eliminar
    2. Hola de nuevo Xabier:

      Creo que ha habido un error de identificación. Si no me equivoco, estoy casi seguro que no nos hemos visto en persona. Quiero decir que no vivo en A Fonsagrada, sino algo más abajo, en la provincia de Ourense. De todas formas, espero verte algún día husmeando por la provincia, por ejemplo, en la Serra da Enciña da Lastra; un lugar que por las entradas que le has dedicado, te gusta tanto como a mí. Hay que medir esos ejemplares tan grandes de Psammodromus occidentalis o Psammodromus hispanicus o como carallo se llamen.

      Un saludo, hasta otra ocasión, y perdona por no haberme identificado correctamente.

      Daniel Pérez Rodríguez.

      P.D. Fíjate, yo en la década de los 80 vi en un atlas de la Península Ibérica una imagen a todo color de la villa de Pontedeume captada en primavera, desde el puente que cruza la ría, y si mal no recuerdo todavía quedaban retazos de la vegetación original. Y al igual que a ti, me impresionó el fresco verdor y la atmósfera tan "british" del lugar.

      Eliminar
    3. Ah, coño, pois vaia coincidencia, porque que coñezo outro Dani Pérez, da Fonsagrada. Xa me parecía raro que me tratases por "Xabier" (el chámame Xabi).
      Pero nada, alégrome de ter outro seguidor, e ademáis desa terra tan querida para min coma é Ourense.
      Un saludo!!

      Eliminar
  2. Precioso paseo pola montaňa luguesa, Xabi. Está no seu punto álxido, como dis. Pasei por aí o mesmo luns, pero sin tempo de parar. Teňo que conformarme con disfrutar da paisaxe desde a ventanilla do coche, cada vez que vou e veňo de Madrid. Pero tamén impresiona.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que estaba, Quique. Desde que iniciara o blogue sempre tiven moitas ganas de facer unha entrada así.
      Unha aperta

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos