Seguidores e seguidoras

viernes, 15 de noviembre de 2013

Lagoa de Valdoviño, informativo.

  Visita de control moi rápida de hoxe á lagoa de Valdoviño. Como era de esperar, o nivel segue a crescer. Nestes momentos a auga cobre xa prácticamente toda a xunqueira. As pradeiras de Xuncos (Juncus spp) e Xuncas (Scirpus spp) fican completamente embaixo da auga.

 "Baía da Lontra" e áreas periféricas inundadas

   As canas dos Carrizos (Phragmites australis) son os únicos macrófitos (toma "palabrota") que destacan agora sobre o nivel da auga. En breve eles tamén han verse afogados por este "okawángico asolagamento".

 O que aparece na seguinte imaxe non é un "lagunazo" (como lles chama Souza), senón unha pradeira de Juncus maritimus totalmente cuberta pola auga, entre os carrizos secos.

 Xunqueiras centrais

   Este macho de Lavanco parece estar pensando: "- Jo!, co fácil que era alimentarse e esconderse dos depredadores antes...."


  Nese momento, unha femia de Tartaraña (Circus aeruginosus) aparecía en vó de caza sobre un bando de Cercetas (Anas crecca) que nadaban en augas abertas, agora completamente expostas á vista do predador. É lei de vida.

 Seguimos informando.

2 comentarios:

  1. Eu creo que o macho de Lavanco esta pensando: "a que se me ven enrriba, a ver como fago para esquivar os temporais". De comer acordarase cando pode, non?
    Maruja de los Angeles

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Caramba, caramba, benvida por aquí!
      A verdade é que pillei por sorpresa a este pato, mentras botaba a siesta o pobre. Pero quedou moi ben a cabeciña cos reflexos violetas.
      Un bico.
      PD: Xa sabes que aos naturalistas góstanos moito o "marujeo"...Leválomo no sangue.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos