Seguidores e seguidoras

lunes, 11 de noviembre de 2013

Reflexións sobre A Frouxeira

   Acaba de pasarme Antonio Gutiérrez un par de fotos que me veñen moi ben para explicarvos de qué vai isto da canle da Frouxeira. Porque se teñen dito demasiadas mentiras sobre este asunto, e convén un pouco de información obxectiva como, penso, é o meu caso (aquí non teño máis interese que a propia lagoa e a súa conservación).

  A primeira foto é de hoxe e amosa o estado actual da lagoa:


   Como vedes formouse unha língua de auga que penetra en dirección Leste desde a canle de desembocadura. Por outra banda, no extremo noroeste, a auga comeza invadir depresións en áreas de duna gris e mesmo duna móvil (indicado con trazo azul).
  Pensade que toda esta zona noroeste era antiguamente duna, como recollen os mapas vellos do Instituto Cartográfico Nacional (do ano corenta e pico, creo recordar). Agora, ao faltar este "muro" de dunas, a lagoa teno máis doado para invadir as depresións que quedaron no seu lugar cando sobe moito.

 Agora miremos a segunda foto:


 Nela aparece a lagoa hai exactamente un ano, cando as mentes iluminadas da Xunta decidiron realizar unha "apertura controlada", co único fin de evitar a problemática veciñal (no fondo non querían abrir, pero a presión era moi forte). A idea en si non é mala, que conste. Todo o que sexa minimizar a brusquedade no baleirado (polos danos na flora subacuática e piscícola sobre todo) parece a priori bastante sensato. Se o fas polo lugar correcto, claro.
  Porque semella que a rota escollida polos expertos, pintada con liña vermella na imaxe, non foi a apropiada. Ou polo menos non o parece actualmente (non dubido que poida ser o trazado orixinario, pero penso que habería que restaurar parte do sistema dunar antes de que poida desaugar por aí novamente). Uns días despois de montar todo o operativo, a lagoa os mandaba ao carallo e abría por onde ela quixo (zona pintada en azul celeste). E VACIOU ata onde ela quixo, vamos que "se secó" solita.

 Polo que vemos, podemos deducir que a Xunta non ten intención de repetir este ano o operativo faraónico de 2011 e 2012.  Pero imaxino que este cambio non se debe a un ataque repentino de sentido común, senón simplemente, á falta de cartos pola crise.
  Ante isto, cabe preguntarse: "e se a lagoa non abre a curto prazo (pode pasar) e sube máis.. qué se fai?"

  Na miña opinión só hai dúas alternativas. Una opción é abrila mecánicamente ao estilo tradicional coma nos anos 80 e 90. Curiosamente nunca escoitei a ninguén denunciar que "secaban" a lagoa naqueles anos (a ver se todo este follón vai ser inventado, ai, ai, ai...).
  Outra opción é, directamente, convertila nunha lagoa de caudal regulado; un encoro, vaia. Non vos asustedes, estas cousas, en boas maos, poden non só conservar, senón mesmo potenciar o valor dun espazo protexido. Polo que teño lido, en Sariñena (Huesca) funcionou nos anos 80 e converteuse nun humidal importantísimo logo da reforma. O Fondó, un humidal de importancia internacional en Alacant, penso que tamén é algo parecido. Quizá se A Frouxeira tivese un plano de xestión axeitado (incluindo a restauración dalgunha pequena lagoa no sistema dunar, aló onde a extracción de area formou depresións hiperhúmidas) puidese aumentar exponencialmente a súa importancia para a fauna. Estou convencido disto (falamos de garantir niveis altos de auga durante a Primavera e permitir o seu baleirado no verán).
  Repito, en boas maos, un control do nivel da lagoa podería ser interesante para evitar problemas (ecolóxicos, como os derivados do brutal baleirado en Xaneiro de 2012, ou veciñais). E tamén para mellorar as condicións do humidal. En boas maos, claro... Pero esas cousas ocorren en Europa, e isto é Galiza, señoras e señores. O Sitio Distinto, que dicía Antón Reixa (agora mesmo estou acordándome da chapuza de Cospeito, non sei por qué...).
 En fin... que abran coa pala dunha p. vez!! e que se deixen de gastar cartos públicos, que boa falta fan en sanidade e educación !!

 Un saúdo, xente.

2 comentarios:

  1. Insisto en que mentres non se retire a ''Puta escolleira ramiliense'' e non se actue nop tapón de escombros do Pozo do Cura, estaremos a falar de soños, pero a realidade estará aí.
    E se poñan como se poñan eu comprométome a abrir a lagoa por medios manuais, se queren ir sde puristas, e creo que coa axuda de unha ducia de veciños e un par de caixas de Estrella, choio virado ...

    ResponderEliminar
  2. Góstame iso da P.E.R. (Puta Escolleira Ramiliense) que vai quedar así para a historia das "Chapuzas Medioambientais Ideadas por Expertos"...(C.M.I.E.)
    En fin... "pacencia", que din os vellos.

    ResponderEliminar