Seguidores e seguidoras

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Un naturalista en acción

      De entre as persoas que coñezo en Galiza hai dúas que representan, para min, o "naturalista total". Teño a sorte de coñecer outra xente que, desde diferentes ópticas e especialidades, aportan o seu grao de area niso que é o estudo e divulgación da Natureza. Amigos que traballan con quirópteros, aves nidificantes, botánica, hérpetos, entomoloxía, etc. Pero Martiño Cabana e Damián Romay son o mellor do mellor.

  Porque ao coñecimento académico que teñen como base, suman un descomunal traballo de campo e unha capacidade divulgativa extraordinaria. Algo ao alcanzo de moi poucos. Gostaríame ser como eles, pero o destino quixo que a miña profisión acabara sendo a fabricación de armas de destrución masiva (que non vos enganen, unha fragata co lanzador de misiles cargado a tope é capaz de arrasar unha cidade pequena nun momento). Triste destino para este naturalista frustrado.

  Nestes momentos, está a ponto de comezar unha presentación do libro "Cuando ver aves en Galicia", escrito por Damián xunto con outro crack coma é Toñete Sandoval. Avisábame Pepe Vidal a ver se quería ir con el á presentación, pero eses horarios (sobre todo por seren na cidade da Coruña) son proibitivos para min. Xa me contará Pepe as xogadas máis interesantes.


   Así que, en compensación por non poder asistir ao acto, poño unha foto que lle tirei a Damián na miña lagoa favorita hai uns meses. Pedínlle a Atocha a ver se tiña unha foto del en tanga fosforito de lunares, pero finalmente prefiro poñer ésta da Frouxeira.

Cosme Damián Romay Cousido

  Un abrazo, mostro.

7 comentarios:

  1. En quente, como soe dicirse, adiántoche que, para min, foi un acto moi gratificante, protagonizado, de xeito magnífico, por ambolos dous ornitólogos.
    Lembréime, especialmente, de tí, e boteite a faltar, cando o amigo Cosme Damián fixo un apuntamento ao tema dos cans, que deu lugar a sabrosas intervencions. ¡Faltaba alí o Xabi Prieto! Ainda que quizais, foi mellor así,...
    ¡Xa che contaréi!
    Apertas.
    Pepe Vidal

    ResponderEliminar
  2. Imaxino Pepe. Po outra banda déixasme algo intrigado, pero xa me contarás.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  3. Moitísimas grazas polas túas verbas Xabi. De verdade.

    Un pracer compartir unha xornada de campo contigo, vaia sitio máis potente ese de Neda...

    Apertas!!!
    Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Déixate de lerias e pásame esa foto en tanga; que vai facer furor no meu Facebook.
      PD: E a próxima vez vide con baixamar e en horario diurno, coño.

      Eliminar
  4. Hola, Xabi! Me chiflan las fotos del día 24!
    Feliz año y que siguas con este blog tan interesante y bonito.
    Este año tengo que aplazar mi visita a los familiares en Meirás.Será más adelante.
    Un saludo.
    Eileen Walters
    Eileen Walters.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas Eileen. Xa sei que te mola moito o mar de Valdoviño, ha, ha.
      And you´ll be welcomed here next year!

      Eliminar