Seguidores e seguidoras

miércoles, 5 de febrero de 2014

Mellores fotos de 2013

 Preguntábame Damián onte se estaba saíndo moito ao campo. E, con este tempo de merda, a resposta era obvia. Desde mediados de Decembro, o Diluvio Universal está facendo que os afeizoados á natureza esteamos recluídos na casa, co síndrome de abstinencia.
 Para combater esta limitación, para animarvos a todos pola falta de luz e para fuxir do temporal que parece querer arrincar as ventás cando sopra con forza demoníaca, imos ver unhas fotos do ano pasado. Algunhas son das mellores que fixen, outras simplemente, das miñas favoritas ou ben que lles teño cariño por algún motivo especial. Unha selección que nos amosa as capacidades dunha cámara bridge. Algunhas están tomadas en condicións bastante penosas de luz e distancia (ata 500 m. ou 1 quilómetro nalgún caso) e teñen unha calidade baixa, pero manteñen interese por algún motivo particular.
  Espero que vos gosten.

Lagarto verde (Lacerta billineata), femia, en Girona

Lúa chea, desde o planeta Terra

Pilro ferruxento (Calidris ferruginea)

Esgonzo común (Chalcides striatus)

Os Ancares en Outono

Rebezos (Rupicapra rupicapra) no cume de Tres Bispos

Bosque caducifolio outonal, Os Ancares

Mazarico rubio (Limosa lapponica) recuperándose do ataque dun Falcón

Gaivota chorona (Larus ridibundus)

Garzas brancas (Egretta alba)

Grupo de Mobellas (Gavia immer)

Cullereiro (Platalea leucorodia)


Lobo mariño cincento (Halychoerus gripus)

Cisnes grandes (Cygnus cygnus), con Garza branca (Egretta alba) no fondo

Garza branca (Egretta alba)

Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)


 Familia de Lontras (Lutra lutra)

Cachorro de Lontra (Lutra lutra)

Millafre real (Milvus milvus) en Villafáfila, Zamora

Anoitecer en Villafáfila

 Garzota común (Egretta garzetta)

Gansos cabecinegros (Branta bernicla) na ría de Ortigueira

 Cruzabico (Loxia curvirostra), macho no Forgoselo

Montes do Forgoselo en inverno




Pardais (Passer domesticus) no hospital de Caranza, Ferrol

Merlo (Turdus merula)

Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus)

Patos frisados (Anas strepera), parella


Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis) en plumaxe nupcial

Píllara pequena (Charadrius dubius)

Falcón común (Falco peregrinus)

Acantilados de Valdoviño

Araña non identificada con captura (formícido, probablemente)

Termita soldado (Kalotermes flavicollis)

Lagartixa cincenta (Psammodromus hispanicus), fotografada sen manipular

Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) macho

Rá verde (Pelophylax perezi)

Cabaliño do demo (Pyrrhosoma nymphula)

Cobra viperina (Natrix maura)

Espiñento (Gasterosteus aculeatus)

Mazarico rubio (Limosa lapponica)

Carrán do Caspio (Sterna caspia)

 O autor do blogue cos alunos e alunas do colexio de Navia de Suarna

9 comentarios:

  1. Que boas fotos meu! Que lembranzas debe haber detrás de todas elas!!! Algunhas xa nolas relatache no blog, pero seguro que hai máis historias por contar (xa sabes por onde vou... escritor) ;)

    Saúde e ánimos,
    Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eu tamén gosto delas (por iso as puxen). Penso que é interesante informar aos usuarios e usuarias das posibilidades deste tipo de cámaras. Porque vexo que a xente non acaba de entender a calidade de que son capaces. Quero evitar as comparacións erróneas. Unha foto miña na Frouxeira ás oito da mañá dun día de Novembro e na que o bicho está a 200 metros non se pode comparar coa foto "reflex" dun fotógrafo experimentado cun equipo profisional na que o bicho está a 4 metros e nun día de luz estupenda. Porque teño a sensación que a xente non acaba de darse conta deste "pequeno" detalle.
      As comparacións hai que facelas en igualdade de condicións (mesma luz, mesma distancia e, sobre todo, mesmo fotógrafo!!). Un ornitólogo que ti e máis eu coñecemos (e residente en Zamora) vén de mercar unha bridge top. Pois mira, estou comletamente seguro que, en canto se afaga á nova cámara, vamos a flipar todos coas fotos de Villafáfila. Se hai un lugar onde a luz e as aves son omnipresentes, ése é Villafáfila. E vai ter oportunidade para alucinar coas prestacións da súa pequena compacta.
      Un abrazo, máquina.
      PD: Moitas historias teño por contar aínda, meu benquerido amigo. Pero a máis importante está ainda por relatar. E quizá non chegue a relatarse nunca, se temos en conta os impedimentos que, ún tras outro, parecen ser unha broma do Destino. Unha broma ben pesada. Podes estar seguro que mesa historia había ser merecedora do Pulitzer. Unha historia só apta para os corazóns maís fortes.

      Eliminar
    2. E perdón polos erros ortográficos. É que me enfría o arroz e ando con presa; e tamén teño a cabesiña noutro país, alá por onde sae o sol (que tanta falta nos fai)

      Eliminar
  2. Buena selección xabi! Cada día más fotógrafo! !!

    ResponderEliminar
  3. Eu non sabería que fotos escoller, Xabi, porque todas góstanme moito. Da túa seleción a que menos me gosta é a da araña, pero on pola foto, que está moi ben feita, senon polo becho en si (fobias que ten unha, jeje). Unha aperta e a seguir disfrutando co que fas.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pero qué teima tedes as tías coas arañas!! (é broma, os tíos tamén a teñen). Pero se son un insecticida cojonudo. Na miña casa non se matou unha araña jamás de los jamases.
      PD: Coas pequenas babosas que veñen nas leitugas téñoo máis complicado. Cando estou lavando as follas e atopo unha, póñoa nun anaco de folla e lle dou un billete de ida "6º piso-chan" via aérea. Logo o seu destino xa non depende de min.

      Eliminar
  4. ¿Están sacadas todas estas estupendas fotos con la compacta tuya, como la de Pepín ? Tienen una excelente calidad y, debiendo darle todos los méritos al fotógrafo, la máquina también ha colaborado un poquillo. enhorabuena, Josele

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si, claro, todas foron tiradas coa pequena Canon SX50. A min encántame a da Rá verde. Se te fixas na súa cara, é "clavada" a Gustavo, o famoso teleñeco da televisión.
      Un abrazo, José

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos