Seguidores e seguidoras

martes, 4 de febrero de 2014

O meu Apus pacificus, recoñecido pola SEO

  O outro día recibía este enlace da prensa:


   Polo visto, a miña segunda observación de Apus pacificus na lagoa da Frouxeira foi votada como a terceira máis rara de 2013 en todo o estado español polos socios da Sociedad Española de Ornitología de entre 22 candidatas, todas elas aves rarísimas. Ollo!, que non quere dicir que se teña homologado polo comité de expertos (algo que probablemente non se vai dar) senón que, simplemente, foi considerada e valorada polos socios da SEO.

  Paradóxicamente, no meu propio país as citas de Apus pacificus da Frouxeira pasaron absolutamente desapercibidas. O colectivo ornitolóxico galego (SGO, foro de Galiciaves, blogues, etc), considerou que estas dúas observacións miñas dun "mega" (un first for Spain, que din os rarólogos) non eran merecedoras sequera dun miserable comentario ou dunha pregunta curiosa. Agás Cosme Damián, por suposto, a quen considero "coautor" da observación, pois sen el non me tería apercibido do que acababa de ver.

   Sinceramente, estas cousas din moito das persoas. E non me vou estender; que cadaquén saque as súas propias conclusións.  Nestes momentos alégrome de terme dado de baixa definitivamente de Galiciaves.

  Cambiando de tema, teño unhas fotos sen publicar de aves en vó. Polo visto as cámaras bridge están a facer furor entre os afeizoados. Por certo, que as marcas non vos líen co dos aumentos... iso de 50x ou 60x non son aumentos ópticos!!! As bridge máis potentes do momento (a miña Canon SX50, a Panasonic FZ72 ou a Fuji HL 1000) andan todas polos 33-35 aumentos ópticos reales. Iso de 50x ou 60x é un cálculo entre a mínima focal, que é un grande angular, e a máxima focal, que non se correspón coa capacidade de aumentar a imaxe con respecto á visión humana, vamos, os aumentos de verdade.  Ollo con iso, que vexo que hai moito despistado.


  Tamén vexo que hai novos usuarios que veñen do mundo reflex e tenden a despreciar un pouco este tipo de cámaras. Eu tamén teño equipo reflex: unha básica (EOS 500) e un tele de gama media (Tamron VC SP 300). Así que falo con coñecimento de causa. Con un pouco de práctica veredes que os resultados, en condición de boa luminosidade e distancia moderada, non é que non sexan peores, senón que poden chegar a ser moi superiores a un equipo reflex modesto (frente a un equipamento de 6000 euros as bridge non teñen moito que facer en termos de calidade, obviamente, pero as arrasan en versatilidade e comodidade).

Canon SX 50, ISO 100 F 5,6  V 1/1000 seg

  A algún destes novos compradores de bridge lle faría unha proposta: disparade unha mesma fotografía, en igualdade de luz e á mesma distancia con ambas cámaras. E veredes a diferencia. O pequeno tamaño do sensor das compactas é compensado co zoom que fai que o recurte sexa moito menor, conseguindo unha imaxe final igual ou mellor. Comprobádeo, se non me credes.

 Un saúdo

20 comentarios:

  1. É habitual que nos grupos humanos endogámicos non se teñan en conta os logros dos que non pertencen con fidelidade ó grupo. É unha realidade humana fundamental. Ti eres naturalista, polo que os rarólgos senmpre te verán como o raro. Que carallo, iso é un orgullo!!! Coleccionista de bimbos éo calquera. O difícil é ir máis aló.
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Afortunadamente estamos nas portas da Primavera. Teño en mente practicar co macro da miña "churri", así que están ao caer entradas máis variadas, que xa estou canso de tanta ave.
      Un abrazo, rapaz
      PD: Ao final fixen unha entrada "light", porque o corpo pedíame guerra. Pero non vale a pena. Iso si, ao mellor reconsidero a maneira en que informo sobre certos temas. Iso de que se aproveiten de ún cando interesa pero que logo te ninguneen públicamente é moi forte. Que eu ademáis de observar animais, tamén observo as persoas (aviso para navegantes)

      Eliminar
  2. Noraboa polo recoñecemento.
    E como xa che puxen no Face mola ver que estes intereses ''raros'' acercan ós que somos apaixoados por algo.
    Como pescador de mosca compulsivo, recoñezo tamén as miñas rarezas e tolerías.
    En canto ó outro, e seguindo a liña argumental, pois en tódalas afecccións de circulo escaso, se tende a deixar de recoñecer os logros dos demais. E o sino de ser latinos meu rei ¡¡¡

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que conste que eu, o que se dí interese polas rarezas, nunca tiven nin terei. Pero cando se botan tantas horas na Frouxeira, aparte de aprender a coñecer a súa fauna e flora, pasan estas cousas. Pero foi un episodio casual, sen maior importancia desde o punto naturalista. Tivo máis chicha desde o ponto de vista sociolóxico (eu me entendo)

      Eliminar
  3. Este domingo leí la nota en "La Voz", Enhorabuena Xabi por la mención y el reconocimiento de los socios de SEO.

    Un saludo.



    un

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas Juan. Pero, coma ben indica Sergio, foi máis ben unha votación entre lectores da páxina rarebirds-spain, que coordina Ricard Gutiérrez, que tamén era ata esta semana o "xefe" do comité de rarezas da SEO, así que moitos dos votantes serían probablemente socios da SEO. Vamos, que foi a xente da SEO, pa entendernos.

      Eliminar
  4. Ola Xabi!

    Daquela ao final púidose confirmar a identidade do bicho? Alégrome, fantástica observación! que envexa... e parabéns polo recoñecemento dos lectores de Rarebirdspain!! :)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A identidade do primeiro bicho sempre estivo clara para min, Sergio. Tal como dixen en Galiciaves. Deste segundo non tanto. Pero este mundo das rarezas é moi raro.
      PD: Eu prefería o recoñecimento da xente da miña terra no seu momento, e para iso tivestes moitos meses no foro, onde gosta tanto esta temática. E voume calar, porque ti és bon rapaz.

      Eliminar
    2. Vaia, pero se non se está seguro da identidade do bicho igual non ten moito sentido reclamar o recoñecemento para unha cita da que nin o mesmo autor pode confirmar, e que por elo quede "no limbo" como ducias de observacións dubidosas que temos todos e cada un de nós ao longo do ano. Igual o resultado desa enquisa débese simplemente a que os votantes do resto de España non tiñan toda a información, polo que diron a cita por segura.

      Non sei, é simplemente a miña opinión, podo estar equivocado.

      Un saudiño!
      PD- E para non gustarte nada as rarezas ben que apuraches en coller a cámara ;). Na miña opinión, a TODOS nos gustan as rarezas.. dito por alguén que non controla un carallo de rarezas, que como todos nós tivo varios megas a dez minutos da casa e que aínda así unicamente unha vez na súa vida se desprazou para ver un bicho raro, e porque o tiña ao lado da casa :)

      Eliminar
    3. Si, claro, seguramente foi iso, Sergio. Ou quizá que os votantes valoraron a cita con obxectividade porque no coñecían ao observador e non tiñan prexuizos. Porque desde logo Ricard colgou a mesma foto e os enlaces a este blogue onde se recollía exactamente a mesma información que dei en Galiciaves.
      Entendo que, coma directivo da SGO que és, estás un pouco obrigado a dar unha explicación sobre este asunto, pero é unha vergoña que pasase algo así. Non se trata de que estea homologado ou non, senon do ninguneo. Estou seguro que non houbo un só avistamento de un "mega" que non acaparara numerosos comentarios no foro, por moi dubidoso que fose. A miña cita de Gabeador norteño, sendo unha rareza media, si foi merecedora de varios comentarios ao respecto, nos que se cuestionaba, razonadamente, a posibilidade daquela identificación. Aquilo pareceume correcto (aínda que eu sigo pensando que o era). Hai unha observación importante e se analiza en función da información que dá o observador. Pero o caso dos Cirrios do Pacífico, sendo a primeira cita do país e do estado, que non suscitara unha mísera palabra de 300 foreiros..... é moi heavy, non me jodas. E vamos deixalo, de verdade, que te aprezo e non quero envinagrarme

      PD: Eu nunca dixen que non me gostasen as rarezas, só que non me parecen importantes. E aquela afoteina porque tiña a cámara na man.

      Eliminar
  5. Noraboa pola observación Xabier. A verdade é que hai que ter moi bó ollo. A min se me pasase por diante daríalle os bós días, porque me acabo de enterar da súa existencia... Aínda estou comezando neste mundo (nótase) pero coma en todos, sempre hai xente así. Ao demo con eles!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Qué vá! o que hai que ter é "moitas natas" para velo, Óscar!. Por certo, a identificación é bastante doada, pois os rasgos diagnósticos (mitra branca que se estende baixo as axilas) é moi visíbel. Pero para os que non gastamos miles de euros en guías de aves de todo o mundo existe a dificultade engadida do descoñecimento destas especies divagantes. Os profisionais da materia téñeno máis fácil.
      E non hai que ser tampouco tan duro con eles. No fondo son boa xente. Pero estas cousas qué duda cabe que doen bastante, a verdade.

      Eliminar
  6. Non si, namorado, ximnastico e bimbeiro.., estas ben meu? je,je,je
    Eu xa ollara a nova, non sei si na web da SEO. As cousas sempre teñen mais rebumbio fora que na propia casa. Coma di Eloi, latin way of life..

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non moito, César. Pero esta tarde tócame facer "espalda". E non hai cousa mellor para quitar o estrés, durmir mellor, e esquecer os problemas de Catalunya.
      Un abrazo

      Eliminar
  7. Hola soy el anfibio amigo,
    Tengo una Canon SX50 con la que estoy muy contento.
    Y sin ánimo de polémica, los aumentos reales me salen menos. 24 ya que considero que la visión humana se ajusta más a 50mm que a los 35. Pero tal vez estoy confundido.
    Lo que si tengo claro es que esta pequeña cámara da un gran resultado.

    Saludos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Correcto, "konico". Por costume teño o hábito de equiparar a focal 35 mm á visión humana, pero xa me teñen dito que non, que se correspón máis ben coa de 50 mm. Así que iso reduciría o zoom real a eses 24. Vamos, que aínda é moito menos do que venden as marcas. E que conste que eses 24 aumentos ópticos reais son unha barbaridade, como ben sabes.
      Un saúdo.

      Eliminar
  8. Congratulations!
    And what a lot of beautiful photos!I don't need to leave the house!
    Best wishes
    Eileen Walters

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Thank you very much, Eileen. I´m gonna publish another lot of photos just after dinner. I had some troubles with "Picassa" photo album (is this word, "album", correct in english?). I dind´t found photos taken from late Spring to summer, and I expect could find it now.
      A hug!

      Eliminar
  9. Pois mira, o recoñecemente ao final é o de menos. O importante é o feito en si, que puideches obsrevar esa rareza na Galicia. E iso ten que molar moito.
    Biquiños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mólache, mólache, Inés. Pero insisto, foi un recoñecimento, non unha homologación. Con toda probabilidade a cita vai quedar coa cualificación de "Observación en grao posible" ou algo así. Nese mundo das rarezas hai tanto mamonazo solto, tanto fraude de xente que busca protagonismo con citas falsas, que están a aumentar moito os requisitos para que che homologen a cita. Por culpa deses estúpidos (non se lles pode chamar outra cousa) citas coma ésta van quedar apartadas. Á xente do comité de rarezas non lles vai valer a foto horrorosa que tomei nin as miñas palabras, que recoñezo que tampouco aportan demasiado. Pero o bicho érao, sen dúbida (alomenos o da primeira observación) aínda que non se vai homologar. É o que hai!!
      PD: Dóeme dobremente por ter sido, ademáis, na miña lagoa

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos