Seguidores e seguidoras

domingo, 30 de marzo de 2014

Arribas do Douro. Já queda menos!

  Anos atrás, via chegar a semana santa e começava pensar qual havia ser o destino da excurssom. Como sabedes, últimamente as cousas nom som tam doadas para mim, mas penso que este ano vou poder ir a úm desses sitios de releváncia internacional que justificam um despraçamento de quatro ou cinco horas em carro. Falo das Arribas do Douro, fronteiriças entre Portugal e Espanha. Um lugar de riqueza natural incomparável.

Ponho umha imagem tirada de Andanzas por el páramo  (um blogue do valhisoletám Pedro Decimavilla).


 Coma sempre, visitarei a parte Zamorana (por um singelo motivo de maior proximidade). Fermoselhe adoita ser a "base logística" nestes casos. Espero que as cousas saiam bem e poida organizar esta saída, que me fai moita ilussom desde que tenho este blogue.
  Porque lembro a quantidade de cousas extraordinarias das que fum testemunha nestes quasse trinta anos de afeiçom pola Natureza e nom imaginades as ganas que tenho de que volvessem suceder agora algumhas delas, para que os seguidores e seguidoras de "Bichos" puidessem desfrutar conmigo.

 Sei que as Arribas (ou Arribes) nom ham defraudar se finalmente podo desprazar-me. Cómpre tocar madeira e esperar....

 

5 comentarios:

  1. Eu estiven por aló dúas veces, a última hai uns 3-4 anos (por Miranda do Douro), e a verdade é que o sitio é precioso. Por Fermoselle estiven na carreira, hai xa 14 anos (carallo como pasa o tempo), e merece moito a pena. Así que esperaremos con espectación a túa viaxe e posterior cronica. Eu vou a seguir desempaquetando libros, que isto das mudanzas son un lío.

    ResponderEliminar
  2. Tolai, tamen estivemos por Fermoselle, o rego do sapoconcho. Pois iso Xabi, ali podes atopar de todo, tanto de reptiles con plumas coma sen plumas, e anfibios varios. A ver se o tempo acompaña.

    Apertas,

    Cesar

    ResponderEliminar
  3. Opa xente:
    Xa estiven por aló tres ou catro veces. Desde logoé algo único. Teño boas lembranzas dun xuvenil de Cobra de ferradura, duns cágados de Sapiño comadrón ibérico e dun xuvenil de Cobregón (que lle pegou unha feroz mini-trabada a Manu Arzúa, ja, ja)
    Un abrazo
    PD: Inés, sorte con esa mudanza. Hai unha lei universal que dí que sempre se perden cousas nas mudanzas. Dou fé.

    ResponderEliminar
  4. Do lado Portugués, se haces la carretera que liga Sendim a Minranda do Douro durante la noche, puedes encontrar mucha actividad de anfibios es una zona muí boa para ver Sapo-de-unha-negra, existen muchas charcas a lo largo de la carretera.
    Boas observaciones!

    ResponderEliminar
  5. Graças polo conselho, Paulo. Mas aínda non é seguro que poda fazer a excurssom. Se quadra, hei lembrar esa rota que dis (mas normalmente eu ergo-me muito cedo polo tema ornitológico e chegado o serám estou já canso; por isso non fago apenas prospecçons noturnas)
    Umha aperta

    ResponderEliminar