Seguidores e seguidoras

domingo, 2 de marzo de 2014

Ortigueira, rematando a invernada

      Hoxe foi outra mañá chuviosa na que tiven que espremer as meninxes para atopar un lugar de observación proveitosa. Ocorréuseme a ría de Ortigueira, onde xa se producíu unha notable desbandada de aves invernantes; sobre todo anatidas, das que apenas fican unhas poucas ducias de Cercetas (Anas crecca), Culleretes (Anas clypeata) e Alavancos (Anas platyrhynchos). Éstes últimos son probablemente os residentes.

  De aves mergulladoras, esta mañá anotaba 1 Mergullón cristado (Podiceps cristatus), 1 Mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) e 13 de pescozo negro (Podiceps nigricollis). Tamén 3 Mobellas grandes (Gavia immer):

 Mobella grande (Gavia immer)

  Por agora manteñen a discreta plumaxe invernal. A ver se aguantan até Abril ou Maio coma outros anos, e xa veredes qué bonitas se poñen. Un exemplar achegouse dabondo ao peirao de Ortigueira, pero a chuvia persistente que caía non facilitaba a tarefa da fotografía.


   Menos mal que apareceron dous "espontáneos" para aguantarme o paraugas mentras eu disparaba (graciñas a Álvaro e Eulogio, vaia cracks!!).


  Puiden censar un mínimo de 13 Cullereiros (Platalea leucorodia). Con baixamares vivas aliméntanse tamén moi perto deste peirao.

 De esda. a dta: Dani Alves, Piqué, Puyol e Jordi Alba

   Seguen por aquí varios cullereiros anelados en Alemaña e Holanda, que xa levan todo o inverno. Algún xa está mudando a pulmaxe nupcial, con eses tons crema do pescozo e as longas plumas  na parte posterior da cabeza.

Cullereiro (Platalea leucorodia) anelado en Alemaña

   Inicialmente pensei que non habían saír boas fotos debido ao mal tempo. Pero ao final case me gostan máis que as que lles fixera o pasado Xaneiro.

 Canon SX50 Focal 149 mm (equiv.  830 mm) ISO 200  Vel: 1/200 sec  F: 5,6


 Canon SX50 Focal 158 mm (equiv.  880 mm) ISO 200  Vel: 1/320 sec  F: 5,6

Canon SX50 Focal 158 mm (equiv.  880 mm) ISO 200  Vel: 1/320 sec  F: 5,6

  Parece que tanto temporal marítimo fixo concentrarse aos Pentumeiros comúns (Melanita nigra) este ano, dos que aínda quedan 20 na ría central. Outro pato buceador quixo aparecer hoxe, aínda que durante os censos non deron sinais de vida. Un grupo de 5 Mergos cristados (Mergus serrator) femias, como case sempre:


Mergo cristado (Mergus serrator), femias

 En fin, qué pena de chuvia, pero quedei contento co resultado final das imaxes. Con este tempo de merda non se podía facer moito máis.
    Consultaba hoxe o balanzo pluviométrico deste pasado Febreiro na estación de Ferrol: 197 mm e 26 días de precipitación!! (superior a 1 mm). Unhas cifras máis habituais en Novembro ou Decembro, pero insólitas nestas alturas. E que se fan máis insoportábeis aínda por vir despois dunha longa temporada de chuvias que comezou alá polo mes de Outubro, e que só nos deu unha "tregua" de dúas semanas a primeiros de Decembro. O resto, auga, auga e máis auga..
  Escribo cuadernos de campo desde o ano 85, e neles anotei moitas cousas sobre a climatoloxía local todos os anos. E pódovos asegurar que nunca vivín antes unha situación semellante. Esperemos que, a cambio deste diluvio interminable, podamos desfrutar dunha semana santa soleada....

 Vémonos na próxima.

7 comentarios:


  1. Hi, Xabi!
    I really enjoyed the photos of the spoonbills.
    It's awful weather but nothing compared with what they're going through in Bolivia. Have you seen the pictures?
    Best wishes, Eileen.eaidry bachelor

    ResponderEliminar

  2. sorry about eaidry bachelor - that's the "demuestra que no eres un robot" code

    Eileen

    ResponderEliminar
  3. Bolivia? What pictures? I don´t know. Any tropical storm is comming, perhaps?

    ResponderEliminar
  4. moi boas as fotos dos cullereiros, xa estou aforrando para unha bridge
    apertas, Alejandro

    ResponderEliminar
  5. Grazas Alejandro. Ollo á hora de comprala. Non fags moito caso dos "aumentos". Xa vos expliquei que iso de 50x, 60x son unha trapallada que non se correspón cos aumentos ópticos. O importante é a focal máxima que aparece nas especificacións e no obxectivo. Hoxe andan todas por 1000-1200 mm.
    E que teña RAW!!

    ResponderEliminar
  6. look at Bolivia floods in google and you'll see what I'm talking about.
    best wishes Eileen.

    ResponderEliminar
  7. I´ve just seen images from Bolivian floods. It´s terrible.
    But you can be sure if our soil wasn´t so much permeable here in Galiza, we could be talking about floods every year too. There is much water raining from Autumn to Spring (1000-1500 mm, or more!).
    Regards.

    ResponderEliminar