Seguidores e seguidoras

sábado, 26 de abril de 2014

Lacerta schreiberi, muda completa

    Ben, como ún debe ser o primeiro en practicar o que predica, esta mañá facía outra cuadrícula para o famoso Atlas de aves reprodutoras, acompañado de Pepe Vidal. Nesta ocasión fomos a NJ72, que colle varios concellos e inclue o encoro das Forcadas onde, por certo, haberá que facer tamén o censo de Galiñolas (Fulica atra), ave do ano 2014 e que mostra un alarmante declive poboacional que nos ten a todos moi preocupados. Sobre isto recoméndovos o blogue de Xabi Varela, que vén de facer unha interesante entrada sobre a situación na comarca coruñesa (Birdwatching en la esquina noroeste).

  O máis importante foi comprobar que aínda temos Escribentas marelas (Emberiza citrinella) na comarca de Ferrol. As últimas parellas reprodutoras manteñen aínda unha interesantísima poboación nos altos que limitan os concellos de Valdoviño, Narón e San Sadurniño. Estes outeiros e montes, situados arredor da cota 250-300 m. de altitude, son a localización máis próxima ao litoral ferrolán que coñezo. Tirei varias fotos pero non me convenceron para publicar.
   Aproveito para recomendarvos unha visita ao blogue de Miguel (El Ornitoblog). Se queredes desfrutar coas prestacións das cámaras bridge e coa natureza de Castela, non teredes mellor sitio. Este rapaz é un auténtico crack.

  Tamén puiden anotar varias citas de anfibios mortos na estrada, pero todos eles xa estaban citados na cuadrícula e non aportaban nada (Rana temporaria e Salamandra salamandra, ambas moi abondosas na zona).

  Á volta, paramos en Taraza a ver se sabíamos algo máis da nosa Folosa (Locustella naevia). Pero hoxe, para variar, facía un vento do demo, e así é máis difícil aínda detectar a especie. Así que case voltamos de balde. Digo case, porque este Lagarto das silvas (Lacerta schreiberi) nos alegrou un pouco a visita a Taraza.



   Nestes días, a muda xa finalizou, e o lagarto amosa as súas galas máis fermosas. É certamente un animal fotoxénico coma poucos.


 Vémonos.

8 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Si que o é. Este bicho sempre colabora bastante. É o que teñen os hérpetos,...
      Un abrazo, supercrack.

      Eliminar
  2. Brutales, Xabi.
    Dirás de mí, pero tú tampoco te quedas corto.

    UN Saludo!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas rapaz.
      Pero fíjate en un detalle. Las fotos del lagarto muestran un poco de trepidación. El motivo es que, confiándome en la buena luz que había en ese momento, bajé el ISO a 80-100, con lo que la velocidad me quedaba en 250-320. Pero (y que no se entere nadie) al sacar las fotografías yo estaba en una postura ciertamente incómoda, haciendo equilibrios entre las zarzas de la cuneta. Por lo tanto mi ya de por sí pulso parkinsoniano probablemente necesitaría una velocidad algo mayor. Estoy seguro que metiéndome a ISO 200 y aumentando la velocidad habría logrado mayor nitidez.
      Esto es un secreto entre nosotros, Miguel. Los que no tienen la SX son unos frikies ;) que o saben de qué hablamos.
      Un abrazo máquina.

      Eliminar
  3. Hola Xabier:

    Cuando he visto las fotos de ese George Clooney lagartil, se me ha venido a la cabeza la siguiente palabra: Resplandeciente. Aún así me he quedado corto, asi que he acudido al Diccionario de sinónimos y añado: Brillante, Fulgurante, Reluciente, Centelleante, Deslumbrante, Esplendente, Relumbrante, Radiante, Flameante, Lustroso, Refulgente, Rutilante, Vistoso.

    Si yo fuera lagarta verdinegra ese "chulazo" no se me escaparía.

    Un saludo.

    Daniel Pérez Rodríguez (Ourense)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Luminoso, atractivo, vistoso, ... O coñecimento desa silveira sempre axuda na localización do obxecto da fotografía.
      É un feito que no mundo natural o exemplares machos adoitan mostrar unha coloración moito máis fermosa que as femias (insectos, aves ou hérpetos). No "mundo artificial" xa é a cousa máis subxectiva. Pero eu sigo preferindo a plumaxe das femias. Sobre todo dunha moi especial que igual ven por aquí dentro dunhas semanas.
      Unha aperta, Dani.

      Eliminar
  4. Que bonito, si señor. Xa podería atoparme eu un así de esplendoroso na miña ruta, hehe
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ti controla esa charca do parque, porque ten unha pinta estupenda ¿Non haberá nela N.maura, por casualidade?

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos