Seguidores e seguidoras

miércoles, 14 de mayo de 2014

Apus pallidus. A entrada máis esperada

 LIMIAR

   Aproveitando que "Bichos e demáis familia" vén de rebasar esa marca psicolóxica das 100.000 visitas, teño reservado para vós un post gran bouquet, unha entrada moi especial, que quizá poucos de vós saberedes apreciar na súa xusta medida. Porque as dificultades que tiven que superar para elaborala foron extremas.
  Comezando polo propio protagonista da entrada, un ave de vó rapidísimo e que nunca pousa. O maior reto para unha cámara bridge. Pero é que ademáis falamos dunha colonia instalada nun recinto onde está terminantemente proibido introducir cámaras fotográficas (hai cámaras de seguranza e guardias). Un recinto que, a todo isto, é onde se traballa; polo que había que buscar o momento oportuno para observar e estudar o comportamento destas aves durante este tempo. Se a iso sumamos a climatoloxía ferrolana, que depara unha maioría de mañás con ceos cubertos, algo que limita as prestacións da bridge en fotografía a longa distancia, entenderedes que tardase tres anos en logar esa conxunción de factores que me permitiron tomar estas fotos.
   NOTA: Como dixen , está proibido fotografar dentro do asteleiro, así que todas as imaxes están tomadas desde fóra do mesmo. Ben desde edificios próximos do barrio de Esteiro, ben desde unha embarcación situada a escasa distancia das gradas.
 
CIRRIOS PÁLIDOS en Bazán.

  Hai tres anos, e grazas a Porfirio Solla (gran experto da especie), descobría que a colonia de Cirrios que nidificaban na factoría de Navantia-Ferrol pertencían a unha especie de recente colonización en territorio galego: o Cirrio pálido (Apus pallidus), un ave de procedencia mediterránea que experimentou unha forte expansión cara o norte peninsular nos últimos anos.

 Gradas do estaleiro de Navantia-Ferrol

    O lugar onde aniñan non pode ser máis incríbel: os enormes guindastres que serven para trasladar os bloques dos buques que elaboramos. Pensade que estas grúas teñen movimento de rotación e tamén de translación (van sobre unhas vías ao longo do "rodamento"). A principal colonia, con 2-3 guindastres ocupados, está nas gradas do asteleiro que aparecen na foto anterior.
  Se na zona do estaleiro as actividades industriais son altamente agresivas, xa nin vos conto da zona do dique. E alí existe outra colonia, situada nun entorno onde a contaminación acústica e de materias voláteis (granalla, pintura, gases, etc) é máxima. Por iso quedeime coa boca aberta cando vin os cirrios entrando nunha colonia a escasos metros dun buque en reparación.


   Os lugares de aniñamento consisten nos reforzos metálicos que conforman a sá de máquinas dos guindastres, e que ocupan a modo de cornixas. Comentábame Porfirio que fan niños coa materia que apañan no ar, mentras voan a toda velocidade coa boca aberta. Qué animais extraordinarios!
  Estes días, voan moito sobre unha pequena alameda de Chopos (Populus nigra) situada nas inmediacións. Tamén observei como caían "folerpas" brancas desde os niños (ese algodón que son os pelos dos froitos do chopo, omnipresente estes días no entorno dos parques). Iso lévame a pensar que a floración desta árbore pode ifluir na fenoloxía do cirrio pálido en Ferrol.


   A partires das 6,30 h. xa se escoitan numerosos reclamos no interior da colonia. Este reclamo é moi importante para distinguilos do Cirrio común (Apus apus). Ao longo deste tres anos cheguei a familiarizarme bastante con el, e resulta unha axuda importante na identificación.
  O Cirrio pálido emite un son máis grave que o común. Pode recordar ao asubío do ar pasando por un burato estreito. Se está cerca, notaremos que a intensidade sube e baixa. Mentras, o reclamo do común parécese máis ao pitido dun árbitro, máis metálico quizá, e máis liñal na intensidade.

Cirrio pálido entrando ao niño

    Ao principio foime certamente complicada a identificación visual. Naquel entón introducín uns binoculos para certificar a cita, dada a importancia; porque falamos da localidade máis norteña da especie en Galiza (e tamén na Península). En vó, a luz pode variar moito o aspecto. Pero a gorxa rechamantemente branca vese moi ben, mesmo a simple vista. O ton xeral é máis pardo que en A. apus, pero iso co clima ferrolán xa vos é mais complexo de ver. De perto, poderemos apreciar un vermiculado nas costas (pero sen óptica é case imposíbel) e un curioso "efecto antiface", que xeneran os ollos escuros sobre a face crara.



   Sobre as 9,00-10,00 parecen ter un máximo de actividade nas inmediacións das colonias, con numerosos vós e entradas aos niños. Descoñezo en qué fase da reprodución estarán agora, pero os cirrios pálidos chegan a Ferrol, como mínimo, na primeira-segunda semana de Abril, un mes antes que o seu parente. Tamén marchan máis tarde. Pero aínda non teño claro o tempo de estancia aqui. Desde logo semella que existe un desfase importante coas poboacións do sur de Galiza, que posúen un clima algo máis mediterránico.


   Ignoro cando se estabeleceron no asteleiro. Teño observacións antigas de cirrios en meses tan estranos coma Marzo ou Setembro-Outubro (os comúns están só de Maio a Xullo en Ferrol). No seu tempo deinas por A.apus, pero lóxicamente correspondíanse con A.pallidus.

  Cando vexo estas aves alucinantes, voando a tanta velocidade e pousando nos guindastres, pregúntome cómo é posíbel que a Natureza chegase a tal ponto evolutivo. E quedo abraiado ante a capacidade de adaptación destes pequenos mísiles voadores, case incapaces de camiñar, pero que lograron atopar un espazo nun lugar inóspito e agresivo como é un asteleiro.

Cirrio pálido (Apus pallidus)

   Foron tres longos anos esperando o momento axeitado, estudando cándo viñan e a qué horas se podían observar, pensando en como podía fotografar estas aves tan extraordinarias e cómo publicar este post sen arriscarme a problemas legais. Para min é, sen dúbida, a entrada máis importante desde que se iniciou este proxecto de Bichos.

 100.000 grazas a todos por me seguir!

22 comentarios:

  1. Parabéns crack!!! És unha das referencias da blogornitoloxía galega e incluso ibérica. Este post confírmao.

    Apertas!
    Damián

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Supoño que os números, obxectivamente, indican iso que dís, Damián. Pero xa sabes que eu sonche máis de letras; e as sensacións que teño ao respecto son diferentes.
      Íame estender un pouco sobre o "aniversario" do blogue e demáis, pero non quixen saturar a entrada. Ademáis agora os meus pensamentos están moi lonxe de Ferrrol ;)
      Un abrazo.

      Eliminar
  2. Desconocía esta colonia salvo algún comentario previo tuyo en este blog, muy interesante Xabi.
    Un saludo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ademáis de barcos, tamén temos sitio para as aves, polo visto.
      Graciñas pola visita Juan.
      PD: O sábado vai a Valdovo.

      Eliminar
  3. Enhorabuena Xabier por la entrada y por tus 100.000 visitas, bien merecidas.
    Un saludote

    Carlos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Gracias, Carlos. Aunque debo confesar que ese número no es real. Intento que blogger no registre mis propias visitas (en "estadísticas") pero a veces me considera un "visitante" más cuando entro en el blog para conbtestar o editar algo. Creo que tiene que ver con lo de borrar las cookies de seguimiento.
      Pero bueno, también hay 500 visitas de una entrada de A Frouxeira que "despubliqué" y que no aparecen en la estadística. Así que una cosa por la otra.
      Un saludo.

      Eliminar
  4. Parabéns, Xabi!!, polo magnífico cen mil aniversario, que tan acertadamente has resaltado coa interesantísima entrada dos cirrios pálidos.
    Aproveito a ocasión, para deixar constancia do meu gran agradecemento polo valioso regalo que nos fas ós teus fieis seguidores, cós, sempre, didácticos e amenos, contidos do teu blogue.
    LONGA VIDA A "BICHOS E DEMAIS FAMILIA"!!
    Apertas.
    Pepe Vidal.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Pepe. As próximas birras en Regueiro terei que pagalas eu, logo das loubanzas que me fas, ja, ja,,
      Un abrazo.

      Eliminar
  5. Hola Xabier:

    Desde el día que comenzaste "Bichos e demais familia" (25 de agosto de 2011) han transcurrido 143 semanas. Durante ese periodo de tiempo has publicado 403 entradas. Dividiendo el número de entradas entre el número de semanas nos da una media de 2,82 entradas semanales. No hay muchos blogs que alcancen esa cifra. Enhorabuena por tanto y tan buen trabajo.

    Un saludo.

    Daniel Pérez Rodríguez (Ourense)

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas Dani. Como teño comentado nalgunha ocasión, as miñas circunstancias persoais dos últimos cinco anos fixeron que agora dispoña de pouco tempo para saír ao campo (comparado con etapas anteriores) pero de moito para estar diante do computador. Por iso publico tanto. E intento que sexan entradas de calidade, ben redactadas e ben ilustradas.
      Unha aperta.

      Eliminar
  6. ünome aos parabens Xabi, e tamén ás cervexas esas con Pepe.
    Apertas
    Paco Girón

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ti con tal de gorronear unas birras fas o que sexa, ja, ja...
      É broma. Pero se podes pasar pola Frouxeira este finde, eu hei andar por aló e che tomo a palabra. Pepe creo que este finde facía unha das súas habituais viaxes intercontinentais.
      Un abrazo, Paco.

      Eliminar
  7. Noraboa pola entrada e polo blog en xeral.
    E gracias a ti, polo teu esforzo e dedicación.

    Saude.
    Javier Rïo

    ResponderEliminar
  8. Noraboa Xabi. Desde logo que Bichos é unha referencia do naturalismo galego pola enorme cantidade de entradas que publicas (incrible o ratio que mostra Daniel) e, sobre todo, pola súa calidade. Realmente é unha marabilla contar cos teus relatos para transportarnos ás túas vivencias na natureza.
    Cen mil apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Opa monstro. Que me vas poñer colorado, coño. E nos están vendo.
      Un abrazo.
      PD: Este ano tiña pensado traballar moito con hérpetos e libeliñas, pero a ornitoloxía está falta de perdsoal e me necesita, asi que vou ter que dedicarme a ela case en exclusiva. Pero iso que ti e máis eu sabemos vaise facer si ou si, "lo juro por mis sapoconchos".

      Eliminar
  9. Opa mozo, nin o blog da Esteban ten tantos fans, ainda que o das birras axuda..
    Non te emociones cos sapoconchos que sonche traizoeiros para iso das fotos.

    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ben, a diferenza coa Esteban, eu aínda non me fixen a cirurxía (para quedar pior, como é o caso da Belén, tampouco vale a pena sinceramente).
      E o dos Sapoconchos é algo persoal xa entre eu e eles. Cousas máis difíciles caeron (a folosa manchada, por exemplo).
      Unha aperta

      Eliminar
    2. Tes razon, non che vexo fasendo portada de Interviu.. ;)
      Non me refiro tanto a que sexa dificil atopalos como sacar unha foto decente, a diferenza de Arribes e outras zonas donde usan penedos, aqui case sempre hai ramallada, silvas ou polas no medio.
      A polas 200.000 visitas.

      Apertas,

      Cesar

      Eliminar
    3. Farase o que se poida. Pero lembra que a SX50 non é unha cámara calquera. Ten moito, pero moito zoom..
      200.000 apertas, César

      Eliminar
  10. Noraboa pola efeméride Xabi. Non podía faltar aquí o comentario dun dos principais e primeiros seguidores de bichos, je, je. Así que parabens, pola cantidade, e sobre todo pola calidade, coma xa comentaron por aí atrás. E esta entrada é unha boa mostra do último. Apertas e ánimos para seguir por ese camiño que, co esforzo diario que require un blog coma este, estás facendo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como teño dito antes, estiven a ponto de abandonar, pero a vosa presenza cosntante animoume a continuar co blogue. Quería agradecervos a todos este seguemento nesta entrada, pero xa haberá outra ocasión. E para falar doutras cousas.
      Unha aperta, Quique.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos