Seguidores e seguidoras

miércoles, 7 de mayo de 2014

Calidris minuta en Valdoviño

   Se por min fose visitaría a lagoa de Valdoviño todos os días durante o mes de Maio. Para min é, con moita diferenza, a mellor época de ano.

 Como viña facendo en Galiciaves, tentarei informar de todas as novidades que poida haber. Son tempos de migración e de chegadas. E cada día depara unha sorpresa se sabemos mirar no lugar axeitado.
   Esta tarde facía unha visita de control. A esa hora a luz é malísima desde a pista, así que me descalcei e me metín no intermareal en bañador. Alí atopeime con dous colegas ferroláns que non coñecía, Angel e Manuel Montero creo que se chamaban. Os tres adicámonos a fotografar as limis sen molestalas demasiado. Tivemos sorte que a peste non apareceu.

 Hoxe , ademáis de grupos de Píllaras reais e Pilros comúns, aparecía coma novidade un pequerrecho ben bonito: o Pilro pequeno (Calidris minuta)


  Mirei se tiña membrana interdixital (Calidris pusilla), pero non apreciei tal característica nesta ocasión.


Pilro pequeno (Calidris minuta)
Canon SX50 F:6,5    V: 1/250 seg.   ISO 100  focal 215 mm (equiv.1200)

   Estade atentos. Isto é Maio. Palabras maiores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario