Seguidores e seguidoras

domingo, 4 de mayo de 2014

O gordo está por vir

 Esta mañá había un incremento moderado na cantidade de limícolas, pero menos do esperado. As cifras de hoxe, arredor das 450-500 aves, corresponse máis ben cun día de mediados de Abril. Tendo en conta o retraso xeral que parece haber este ano na migración das aves (comentábamo tamén Curt, referente ao centro peninsular) é previsíbel que o pico migratorio teña lugar un pouco máis tarde do habitual.

  Pero non nos aburrimos os que alí nos xuntamos: Pablo e Antonio Gutiérrez, David Martínez, Vitín (un colega da SGHN e fotógrafo profisional), Alejandro Martínez e máis eu. Entre outras cousas, observamos:

- 3 Garzas brancas (Egretta alba). Xa monstran parte da coloración nupcial. Esta foto da Frouxeira hai vinte anos valería millóns. Hoxe xa case parece pouca cousa. Como está a mudar a nosa fauna...


- 85 Píllaras reais (Charadrius hiaticula). As cifras de limis sempre van incrementándose a medida que avanza a mañá, debido a presenza da peste que invade a praia todos os días.
- 20 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 2 Pilros grosos (Calidris canutus)
- Uns 300-320 Pilros comúns (Calidris alpina). Moitos metéronse entre as xunqueiras e iso dificulta o censo.
- 45 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
- 1 Combatente (Philomachus pugnax)
- 24 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- 1 Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
- 5 Mazaricos reais (Numenius arquata). Vinos en Taraza a primeira hora, pero seguro que viñan de durmir na lagoa.
- 6 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 3 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- + Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)


    Como sempre que estou entre fotógrafos acribilleinos a preguntas de todo tipo. E estiven practicando a captura de aves en vó; todo un desafío cunha cámara bridge. A ineptitude no encuadre e só culpa miña (non dou feito un encuadre atractivo cando disparo a un bando de aves nin de coña)



 Varias Píllaras dedicaban o tempo a baño e masaxe.

 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)

 O Pilros tridáctilos a comer, nada máis. Éstes non andan con conachadas.

 Pilro tridáctilo (Calidris alba)

 O Mazarico rubio (Limosa lapponica) adoita achegarse moito á pista peonil. Grande, próxima e estática. Así dá gusto.

Mazarico rubio (Limosa lapponica)

  Iso, tranquilos, que aínda queda moito paso. Houbo anos (poucos) en que unha sucesión de borrascas de SW impideu a sedimentación de limícolas na lagoa durante todo o período de migración. Pero nesta ocasión a climatoloxía é a propia destas datas. Así que probablemente o forte está por vir.

6 comentarios:

  1. Bonitas fotos Xabi
    Sobre todo a da limosa e a das pillaras chapoteando.
    Esto das aves engancha e mais dando con xente como vosoutros.
    Saudos, Alejandro

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas, Jandro. A min pásame o mesmo coa fotografía cando estou con xente coma vós.
      Unha aperta

      Eliminar
  2. Mi madriña...e dis que o gordo aínda está por vir... menuda gozada!

    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver... eu penso que si. Igual en quince días temos o pico de verdade....

      Eliminar
  3. Hola, Xabi.
    Ayer en Esteiro de Umia había unos cuantos Limosa lapponica y Numenius sp. aliméntandose tranquilamente hasta llegó un hombre con un perro del tamaño de un poni y se bañaron los dos todo a lo largo de la orilla.
    ¡Te acompaño en el sentimiento!
    Un saludo,
    Eileen Walters.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E imagino que ese esteiro está dentro de la Zepa, LIC, Ramsar de O Grove, para mayor cachondeo.
      Cuando me cuentan cosas sobre tu país (u otros del norte de Europa) y del gran respeto que se tiene por la Naturaleza no sabes la envidia que tengo.
      Pero aquí estamos todavía el el Paleolítico inferior...
      Un abrazo, Eileen.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos