Seguidores e seguidoras

viernes, 27 de junio de 2014

Atlas de coleópteros da SGHN

Vén de se publicar pola SGHN o Atlas de distribuición para varias familias de coleópteros, na que traballou coma redactor o noso amigo Pablo Torrella, o mellor entomólogo que temos na delegación ferrolá.
 O prezo para non socios é de 15 euros.



  Coma todos estes traballos, é unha publicación que debemos ter na nosa libraría naturalista. A súa información está recollida por moitos voluntarios e voluntarias que percorreron o noso país para que agora podamos dispór dunha visión aproximada da poboación destes grupos tan interesantes de coleópteros. Quizá os máis chamativos e coñecidos por todos nós.

 As persoas interesadas podedes pasarvos polo local da SGHN, sito na praza de Canido (ou falar conmigo)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos