Seguidores e seguidoras

martes, 3 de junio de 2014

Unha entrada persoal

 Seguramente as persoas que miran Bichos non han entender estas fotos. E aquelas que poderían entendelas non seguen o blogue. Así que todo ferpecto, que dicía a película.


  A "batucada" que armaban estas rapazas resoa aínda na miña mente igual que aquel día, tantos meses despois. Xamáis esquecerei aquel son de percusión armónica que enfeitizaba e hipnotizaba ás persoas que alí estabamos (moitos de nós "turistas en paso migratorio").
  Miras o calendario e parece que foi onte. Pero qué va, qué va... Hai toda unha vida enteira polo medio.

 Ún pensa que unha persoa  non debería ter pasado xamais certas experiencias. Polo doloroso. Pero daquela estariamos ofendendo aos millóns de persoas que aínda hoxe sofren a fame, a enfermidade, o desprezo e a clandestinidade, a tortura e a represión,a exclusión e a marxinación, a pobreza.
 E síntome un ególatra que pensa únicamente nas súas miserias particulares.

  Nesta foto aparece unha persoa que me recorda vagamente a min mesmo. Pero xa non son o mesmo, nin física nin mentalmente. Esta foto é para min como a pel vella recén mudada por unha serpe, as plumas do azulón que xa non serven para voar, as flores marchitas das queirogas que cobren os fríos montes do Xistral. Unha lembranza que o único que me trae é pesar.


En fin... boas noites.

No hay comentarios:

Publicar un comentario