Seguidores e seguidoras

lunes, 7 de julio de 2014

Conferéncias sobre Natureza en Valdoviño

 Teño isto un pouco abandoado, pero hoxe imos facer un chisco de publicidade.
 Durante estes meses de verao realizarase un ciclo de conferencias sobre Natureza no concello de Valdoviño (A Coruña). Organizada por unha asociación chamada "Valdoviño Azul", decidín participar logo de que os amigos do Grupo Naturalista Hábitat se puxeran en contacto conmigo para lles botar unha mao.


 As charlas serán na Casa da Cultura ás 20, 30 en diferentes xornadas ao longo de Xullo, Agosto e Setembro, para finalizar cunha saída ao campo con recollida de fotografías de taxóns animais e vexetais para a súa posterior identificación, unha actividade que se denomina bioblitz.

 A primeira charla dareina en español. O cartaz fixérase inicialmente nese idioma e, unha vez visto, case preferín deixalo así (por parte da organización no había problema ningún en cambialo). Sobretodo tendo en conta que nestes meses hai moita xente de fóra no cercano cámping de Valdoviño. A ver se vén algún andaluz, catalán, italiano ou sueco que faga algo para protexer a lagoa. Porque como esperemos a que desde a nosa administración se mova alguén en serio por asuntos de conservación... estamos fodidos.

 E se queredes publicitar isto por ahí pois se agradece.

3 comentarios:

  1. Non? non temos que recomendarlle a nosa terra aos de fora porque isto e un paraiso sin verquidos, invasoras e demais lerias? Debo estar errado..

    O malo da conservacion e que non hai a quen tirarlle os pneus e agardar pola combustion espontanea..

    PD: Valdoviño quedame un pouco lonxe, pero de boa gana subia.

    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non sei se dicir "é o que temos" ou "é o que merecemos"...
      Unha aperta

      Eliminar
    2. Como diria Michael Robinson, "seis duns e media ducia doutros".

      Eliminar