Seguidores e seguidoras

martes, 8 de julio de 2014

Em defessa do naval

  Aínda nom estou  recuperado do "trauma" de hoje. Umha bióloga que se pom em contacto contigo para lhe ajudares na tesse sobre o Lagarto arnal (Timon lepidus ibericus) escreve-che em inglês. Até aí todo normal. A surpressa, maiúscula, acontece quando me comenta que é portuguessa!!

 A chaladura normativa em que se converteu o nosso idioma galego original, deturpado, castrado e convenientemente castelaniçado na sua forma gráfica é a culpável desta autêntica aberraçom, desta barbaridade que aínda estou tentando assimilar. Um feito surrealista coma que um vizinho português se dirixa a um galego por correio em inglês!!!. Até aqui chegamos, senhores e senhoras. Desde logo que figérom um fantástico trabalho alguns que me sei eu...

  Hoje estou certamente acalorado. Entre isto da portuguesa (por umha banda), os calores derivados do verao e o calor do meu coraçom, que arde nestes momentos con enorme intensidade, pois era inevitável que esta manhá acontece-se isto:


  Eu simplesmente deitei um pneu na rotonda do polígono da Gándara. Semelha que a elevadíssima temperatura que havia nesses momentos naquela zona, provocada polo meu acaloramento,  provocou o resto.
 Som tempos de reivindicaçom. O naval necesita carga de trabalho ( e convénio, que nos esqueçemos disso!). Ferrol necesita do naval. Ninguém gosta de ter que curtar o tránsito, mas há circunstáncias que a justificam davondo.

 CARGA DE TRABALHO, JÁ!!!


Arde Galiza. Arde Ferrol...... Ardo eu.

4 comentarios:

  1. Ola Xabi,

    Penso que no caso que comentas da portuguesa, o problema está mais en Portugal que en Galicia. E radica en que moi probablemente esa portuguesa, como o 90% deles, descoñece que existe unha lingua irmá chamada galego, que existiu algo chamado galego-portugués e que ambos idiomas son o mesmo. Falamos do de aquí, pero ao nacionalismo portugués tamén lle chega...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois non o vexo asi, Sergio. O galego-portugués, que falamos ti e máis eu, ainda existe. Mais converteuse nun irmao bastardo do tronco linguístico orixinal. Tanto as novas grafías como o sistema de acentuación, fixeron del unha língua difícil de ler para a lusofonía. Daí que escollan habitualmente o español para escreberse con nós. Algo que en conversación oral non pasa se se lles fala un galego correcto e ben pronunciado. Como pasou durante séculos nas zonas fronteirizas.
      O máis triste de todo isto, aparte de seren algo de difícil recuperación, é que a forma reintegracionista ficou hoxe patrimonializada polo independentismo máis radical, e se politizou algo que era un ben cultural de todo o pobo galego e que perdemos probablemente para sempre.
      Unha aperta.

      Eliminar
  2. A miña experiencia falando con portugueses, por xente que estivo en Portugal e por xente que estudiou profesionalmente o tema, é que a inmensa maioría dos portugueses descoñecen que existe un idioma chamado galego, e incluso descoñecen que o seu portugués é/descende de algo chamado galego-portugués (o que fala moi mal do seu sistema educativo). Non oiron ese termo na súa vida. Así, non falarían con nós en castelán porque lles sexa mais facil: fanno porque non teñen nin repajolera idea de que poden falar con nós en portugués, nin de que falamos o mesmo idioma, nin de que o galego existe (non falo das zonas fronteirizas, obviamente).

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pois a miña experiencia é máis ben outra, Sergio.
      Descoñezo os aspectos do sistema educativo portugués e quizá esas cousas que afirmas sexan completamente certas. Pero no asteleiro onde curro coñecín algúns compañeiros portugueses procedentes da zona de Porto. E non só coñecían e entenden o galego, senón que mesmo hai algún (pintor de profisión) que directamente "fala galego", logo de anos de estancia aquí. Non o distingues dun meiriño calquera..
      Supoño que polo sul de Portugal a cousa será bem diferente. Pero é que eu cando estou con compañeiros de Bazán-San Fernando, tampouco lles entendo cinco palabros seguidos.
      E non poden comunicarse con nós en portugués porque a imensa maioría de galegos son analfabetos funcionais en galego portugués. Imos chamarlle ás cousas polo seu nome.
      Aposto dez mil euros a que non hai máis de cinco seguidores galegos de "Bichos" que saiban ler CORRECTAMENTE algunha das entradas que fago nesa normativa (e estou sendo moi optimista). Fagamos unha proba rápida:
      Lede todos conmigo esta palabra: Betanços.
      A que dixéchedes Betansos? Pois iso.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos