Seguidores e seguidoras

lunes, 29 de septiembre de 2014

Forcadas, 28-Setembro

  Onte facía a última visita do finde para controlar a migración. Pero desgrazadamente a situación meteorolóxica con ventos de compoñente leste moi frouxos ou brisas de dirección variábel non axudan á sedimentación nin de acuáticas nin de terrestres, e todo estaba bastante baleiro.


   Algúns Alavancos (Anas platyrhynchos) mostran xa a plumaxe nupcial, mais outros moitos aínda non remataron o proceso da muda completamente.  Entre eles, aparecían unha ducia de Cercetas (Anas crecca) e pouco máis. A destacar a escoita dun Rascón (Rallus aquaticus) na canaveira da foto anterior, pertencente á ribeira das Cortiñas. Penso que debeu criar hai anos. Hoxe en día moito me temo que desapareceu como reprodutor.

  Baixou medio metro o nível de auga, e asoma unha estreita fraxa de ribeira nalgunhas enseadas, agora que está a finalizar o paso. Tres Becacinas comúns alimentábanse nos lugares habituais.


     A mañá estaba tranquila, así que aproveitei para practicar co enfoque manual da 60D. O que era unha foto case imposíbel coa bridge, afotar un insecto en vó, case parece doado cunha equipa reflex. Unha Libeliña ofreceuse coma "banco de probas" para min.


  Coas dúas guías que teño (a de insectos de Chinery e a de Libélulas de Fernández-Martínez) non conseguía identificar a especie. Mirando o blogue estupendo de Anxos e Martiño (Libeliñas), cheguei á conclusión de que se trata dunha Libeliña de outono. Correxide se procede.

Libeliña de outono (Aeshna mixta)

  Un campo este dos odonatos que quedou pendente de traballar este verán, por unhas cousas ou outras. O próximo ano espero dispór de tempo para eles.
 Ata a próxima.

sábado, 27 de septiembre de 2014

Ría de Ferrol, 27 de Setembro. Primeiro nigricollis

     Parafraseando a Alejandro, diríase que este sábado estiven a xogar con cristais. O vento de nordés baleirou moito os humidais de aves migrantes, así que aproveitei para divertirme coa cámara.

   Pequena xunqueira salgada en Neda

    Antes, iso si, anotaba unha observación fenolóxica importante: o primeiro Mergullón de pescozo negro da temporada, en Maniños, como sempre.

 Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)

         O tema do día podería titularse "fondos de imaxe". Buscando diferentes reflexos na auga puiden lograr fotos atractivas sobre aves comúns, sempre falando desde o ponto de vista dun principiante.

 Corvo mariño (Phalacrocorax carbo) con fondo colchonero

 Ben, esta cabecinegra era interesante de por si. Xa boto de menos algunha das aneladas no Leste de Europa que sempre aparecen pola ría e que tan ben coñece Antonio ("El Señor de las Gaviotas")

 Gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus, drta.), con fondo plano

   En Barallobre, sen embargo, unha zona de sombra ofrecía un bonito reflexo dourado a esta Gaivota patimarela ou similar


    Digo ou similar porque eu nestas cousas de láridos e a súa infinita variedade de plumaxes,  pérdome, sinceramente. O anel ocular, que é un rasgo diagnóstico entre michahellis e argentatus, non se ve nin ampliando as fotos orixinais. A ver que di o "oráculo".

 Gaivota patimarela (Larus michahellis)

   Na praia de San Valentín, un Carrán cristado, probablemente invernante, pousaba ao solete de primeiros de Outono (aproveita, chaval, que non sabes o que te espera nos próximos tres meses...)

 Carrán cristado (Sterna sandvicensis)

      Logo saíu voando e pescou un peixe. Pero desgrazadamente para el, alguén o veu, e se liou a de San Quintín


   Varios minutos de perseguizón acabaron con final feliz para o carrán, que logrou desfacerse da molesta gaivota e comer a súa presa.


  En fin, unha mañá entretida. A ver qué fago mañá.

viernes, 26 de septiembre de 2014

Ría de Ortigueira, 26 - Septiembre

  En vista de las fechas en que estamos y el gran interés ornitológico que tienen por aquí, he decidido que valía la pena quedarse en casa y aplazar la visita a Villafáfila. Tiempo habrá para deleitarse con las grullas y demás familia.

  Estos próximos tres días voy a dar caña por la zona de Ferrol y seré más escueto de lo habitual. Así que habrá menos literatura y más datos, que es de lo que se trata en estos días de paso.

 Canal central de la ría con bajamar en San Claudio

    Cuando llegué a la ría de Ortigueira esta mañana, la marea estaba ya un poco baja, así que los censos que pude realizar fueron bastante chapuceros; pero siempre está bien dar números, aunque sean poco precisos (los censadores patológicos agradecemos muchísimo estos datos cuando miramos otros blogs). Además, los vientos de noreste, dominantes esta semana, "limpian" de limícolas los humedales gallegos. Así que no esperéis cifras espectaculares.

  Vayamos al grano. Pongo lo más destacado de lo visto hoy en Ortigueira:

- 5 Espátulas (Platalea leucorodia)
- 36 Garcetas comunes (Egretta garzetta) en el reposadero de O Cavalar (el corral marisquero central). No me dió tiempo a cubrir otros sitios
- Decenas de Silbones (Anas penelope) y unas 20 Cercetas (Anas crecca). Pocas "anátidas de invierno", a estas alturas de Septiembre, quizá...
- 155+ Ostreros (Haematopus ostralegus)
- 1 Avefría (Vanellus vanellus). Mostraba un pico deforme, curvado hacia abajo
- 44+ Chorlitejos grandes (Charadrius hiaticula)

 Avefría (Vanellus vanellus) con aparente deformidad en el pico

 Ostreros (Haematopus ostralegus)

- 408+ Zarapitos reales (Numenius arquata). No pude censar los reposaderos secundarios (San Claudio, Feás y  Mera)
- 26++ Zarapitos trinadores (Numenius phaeopus). Ni caso a esta cifra. Es por poneros un número (a estas alturas del año pasan de 100 sí o sí)
- 70 "Mazaricos" sp (Numenius y Limosa spp). Probablemente eran mayoría de N. phaeopus.
- 47+ Agujas colipintas (Limosa lapponica)
- 2 Agujas colinegras (Limosa limosa)
- 43 Archibebes comunes (Trinta totanus). Censo bastante preciso
- 40+ Archibebes claros (Trina nebularia). Este es muy conservador
- + Andarríos chicos (Actitis hypoleucos)
- 1 Combatiente (Philomachus pugnax) en San Claudio.

 Combatiente (Philomachus pugnax)

- Muy pocos Correlimos comunes (Calidris alpina), con un máximo de 20 ejemplares en la ensenada de Cuíña.
- 32+ Correlimos gordos (Calidris canutus)
- 2 Agachadizas comunes (Galllinago gallinago) en prados de San Claudio
- 26 Gaviotas cabecinegras (Larus melanocephalus)
- Charranes patinegros (Sterna sandvicensis). Unha docena, pongamos.
- Un Charrán "comic", que es como se denominan coloquialmente a los charranes dudosos que pertenenecen a las especies común o ártico.

 Charrán "comic" (Sterna hirundo/paradisaea)

  En el transecto al molino de mareas de Cuíña afotaba esta Lagartija serrana, o cantábrica, como se denomina ahora. Nuestro lacértido más glamuroso, por tratarse de poblaciones al mismísimo nivel del mar, como ya os he comentado.

Lagartija cantábrica (Iberolacerta monticola), hembra

     Y justo mientras intentaba observar otro ejemplar apareció volando por el tronco del eucalipto lo que me pareció una Avispa asiática (Vespula velutina). En la zona se han encontrado ya varios nidos de este himenóptero invasor y me han informado de que ya es común en Cedeira (Antón Carro, comunicación persoal). Siento acabar con esta mala noticia!

jueves, 25 de septiembre de 2014

Peto formigueiro (Jynx torquilla), un migrante en aumento

  As matogueiras, brañas e campos areentos de Lobadiz son un destino interesante cando queremos bichear sen alonxarnos moito da cidade de Ferrol. A parte do enorme interese herpetolóxico que posúe (diso falaremos outro día), a súa riqueza en aves é bastante importante, se a comparamos coa pobreza relativa do resto do concello.


  Lobadiz forma parte do Lugar de Interese Comunitario (L.I.C.) "Costa Ártabra". Unha figura que serviría para financiar e promover a súa conservación nun país normal, pero Galiza non o é. Aquí estas catalogacións son meramente propagandísticas e non serven para nada a efectos de conservación.

Monte de Lobadiz (Ferrol), integrado no L.I.C. "Costa Ártabra"

  O pasado martes pola tarde, facía unha visita para tentar localizar esas especies escasas ou raras que só aparecen nesta época. Cómpre destacar a abondancia de Papuxa común (Sylvia communis) e a presenza, máis ou menos notória, de Chasco norteño (Saxicola rubetra), Pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe) e un grupo de 20 Picas dos prados (Anthus pratensis), que xa chegaron hai uns días.


Chasco norteño (Saxicola rubetra)

    Nos últimos anos fixéronse repoboacións de Piñeiros sobre a parte alta do monte, o que dará lugar a grandes cambios na fauna e paisaxísticos.


   Ao fondo, na seguinte imaxe, albíscase a "Grande Cordilleira Australiana", cos bosques de eucaliptos máis estensos do continente, e que albergan importantes poboacións de Walabís e Koalas.

Monte de Lobadiz, Ferrol

  A sorpresa foi a observación dun Peto formigueiro (Jynx torquilla) pousado sobre unha silveira nun pequeno outeiro. 

Peto formigueiro (Jynx torquilla)

  Ata hai dez anos só coñecía unha cita deste pequeno pícido na comarca (unha observación en Doniños dos anos 80). En 2004 ou 2005 Marcos Otero e máis eu levantábamos un exemplar na Frouxeira, que foi a miña primeira observación na provincia da Coruña. Desde entón, fun coñecendo cada vez máis citas de diferentes observadores, sendo agora, polo visto, un visitante habitual do mes de Setembro.  Este aumento de citas pode deberse, na miña humilde opinión, a un incremento real da poboación migrante de Peto formigueiro.

  Tamén aparecían por Lobadiz unha Avefría (Vanellus vanellus) solitaria e 2 Becacinas (Gallinago gallinago), na zona das brañas altas.

Avefría (Vanellus vanellus)

 O prognóstico para o final de semana anuncia tempo soleado e ventos de nordés. Haberá que aproveitar, logo (Villafáfila vai ter que esperar...)

domingo, 21 de septiembre de 2014

Ría de Ferrol, 21 de Setembro

    Esta mañá realizaba a primeira visita de control á ría de Ferrol desque comezou funcionar a rede de saneamento. Teño moitas esperanzas na recuperación parcial da ría, aínda que nunca vai volver a ser o que foi hai simplemente 50 ou 100 anos, desde logo.

  A verdade é que, non sei se por coincidencia co inicio do funcionamento da depuradora ou porque, simplemente, estamos a mediados de Setembro, a ría estaba chea de vida. Asegúrovos que me pesou non ter vido o sábado tamén.


    Un Cullereiro xuvenil, no intermareal de Neda, apresentaba anelas de PVC.  A ver qué nos conta Antonio.

 Cullereiro (Platalea leucorodia)

  Coma sempre nestas alturas, centos de Alvancos (Anas platyrhynchos) espallábanse pola ría, mentras acaban o proceso da muda. En Maniños atopaba un Pentumeiro (Melanitta nigra) macho que está ali desde mediados de verao.

  Estou contentísimo co meu novo equipamento reflex. Agora si que rende como esperaba. A mellora do corpo (Canon 60D por Canon 500) e a "limpeza" do tele mudaron de maneira radical as prestacións do conxunto.

Pilro común (Calidris alpina)
Canon 60D + Tamron VC SP 70-300  F: 5,6  V: 1/320 sec.  ISO 620

   Estas imaxes son un pouco enganosas, pois aínda estou aprendendo, e ademáis están todas elas moi recurtadas. Como quen compra un Ferrari e ten medo a pisarlle, igualmente eu aínda non me atrevo a "pisarlle" moito. Hai momentos en que seguramente podería subir a sensibilidade sen medo para gañar máis velocidade, pero non me acabo de atrever. E moitas fotos saen lixeiramente movidas. Pouco a pouco, irei liberándome dese medo, porque vexo que esta equipa está moi, pero que moi por encima das miñas capacidades técnicas. Mirade a foto anterior, moi recurtada e con ISO 640! Foi unha pena que se meteran nunha zona de sombra bastantes escura.

  O notición da xornada foi a observación dun Pirlo pequeno na ribeira de San Valentín, Fene.

 Pilro pequeno en vó (Calidris minuta, esquerda)

  O lugar, moi significativo e simbólico, era até agora un desaugue de augas residuais procedente das urbanizacións próximas.


   Tentando non ulir o cheirume apestoso procedente dos bancos de lodos que aínda permanecen, desfrutei coma un anano cos evolucións deste pequerrecho.


    Xa digo que, por inexperiencia coa nova cámara, quedeime nunha sensibilidade relativamente baixa. E cando tratas cunha pequena limícola tan inqueda e rápida de movimentos coma ésta, debes priorizar máis a velocidade. Con 1/320 ou 1/400 sec. case todas as tomas saían algo movidas.


   De todas formas, dubido moito que volva  ter outro Pilro pequeno a dez metros, coma tiven esta mañá. Na Frouxeira e Ortigueira vense moitos máis, pero habitualmente a unha destancia enorme, inalcanzable para o meu 300.



   Non son amigo de repetir moitas fotos do mesmo motivo, pero nesta ocasión imos recrearnos un pouquiño, he, he.. Na seguinte imaxe podemos ver moi claramente a ausencia de palmadura interdixital, un rasgo que descartaría un Pilro semipalmado.



     Un ave realmente bonita de ver. Quedei coa dúbida de cómo habían saír as fotos coa SX50, aínda que as condicións non eran as mellores para ese tipo de cámaras (pouca luz e moito movimento). Tíñaa no carro, pero agora prefiro usar unha soa cámara en cada saída, por non andar copiando fotos de tarxetas diferentes.

 Pilro pequeno (Calidris minuta)
Canon 60D + Tamron VC SP 70-300   F: 6,3  V: 1/400 sec.  ISO 400


  Coma se quixesen dicirnos algo aos contaminadores humanos, varias limis pousaban sobre o antigo colector.

 Limícolas sobre antigo colector de augas residuais

   Estamos no paso migratorio, e nótase. Ademáis do Pirlo pequeno puiden anotar estas cousas de interese:
- Unhas 15 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 2 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 2 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa). Había moitos anos que non achaba esta elegante limícola aquí.
- Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos), varias deceas na ribeira Sur. O total da ría debe andar nestes momentos por riba dos 100 exemplares, con toda certeza.
- 5 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 4 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- Pilros comúns (Calidris alpina), varias deceas

 Bilurico claro (Tringa nebularia)

  Nos intermareais de Neda as distancias xa son palabras maiores, e botei de menos a bridge, máis apropiada para estes casos; pero a nova reflex comportouse moi ben. A pesar do recurte brutal que tiven que facer, as imaxes valen para identificar.

 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)

    E varios Picapeixes aportaron un toque de color á visita. Unha das xoias que sobreviven aínda na nosa superhumanizada e alterada ría.

Picapeixe (Alcedo atthis)

   Son optimista. Espero con ansiedade a chegada de invernantes para ver se realmente se nota nas poboacións de aves os efectos da depuradora. Quizá o proceso sexa lento e tardemos anos en ver melloras. Hoxe as sensacións, por intuición, daban "buen rollito".

viernes, 19 de septiembre de 2014

Fumarel aliblanco (Chlidonias leucopterus) y Correlimos menudo (Calidris minuta)

   Cada día de Septiembre es diferente. Toda visita a Valdoviño será recompensada con observaciones ornitológicas entretenidas, si sabemos buscar en los lugares adecuados. Esta tarde lo mejor estaba en la laguna de A Frouxeira. Teniendo en cuenta esta sucesión de frentes del SW que están barriendo la costa, probablemente la laguna habría estado hasta los topes de aves.... si estuviera vacía de agua. Aún así, cada visita es obsequiada con interesantes novedades.


   Esta tarde, entre chaparrón y chaparrón, encontraba un fumarel en la orilla NE del lago, justo por la zona del canal.


    Pongo una serie de fotos, a cual más desenfocada:



Probable Fumarel aliblanco (Chlidonias leucopterus?)

    Ricard Gutiérrez, ornitólogo experto en rarezas (rarebirdspain.net) me comenta que las primeras fotos parecen un Fumarel aliblanco (Chlidonias leucopterus), pero las tres últimas pertenecen a un Fumarel cariblanco (Chlidonias hybridus). Me preguntaba hace un momento si estoy seguro que son el mismo individuo y, sinceramente, no lo sé. El bicho estaba en el agua del canal y en unos segundos aparecía sobre la barra dunar, bastante lejos. Ya tengo dudas de que hubiese un único ejemplar.



     Siento mucho esta serie de fotos tan espantosas. Estaba con la reflex, pero no tenía configurado el enfoque puntual. 




   En el mismo sitio, aparecía un grupillo de media docena de Correlimos comunes (Calidris alpina), entre los que avistaba lo que inicialmente identifiqué como un menudo (Calidris minuta), habitual por aquí en los pasos.


   Pero al llegar a casa y ver la foto ampliada, noté una sombra familiar entre los dedos del pie. No sé si es un efecto óptico o se trata efectivamente de una semipalmeadura, que convertiría este correlimos en un Semipalmeado (Calidris pusilla). Hay que recordar que precisamente el año pasado tuvimos por aquí un ejemplar de esta especie en el mes de Agosto que sedimentó en la laguna unos cuantos días. Es por ello y por este rasgo que aparentemente aparece en la foto, por lo que pensé que podría tratarse otra vez de esta especie neártica. Pero mis guías no me permitían aventurarme más allá en la identificación. Eso quedaba para los expertos.

Correlimos sp (Calidris minuta/pusilla)

  Y el jurado, Ricard Gutiérrez y Antonio Gutiérrez (amigos y residentes en Catalunya y Galiza respectivamente) han coincidido en que parece un Correlimos menudo (Calidris minuta)

  Seguro que mañana habrá gente por allí intentando relocalizar el bicho. Lo malo es que este año la laguna no tiene la estupenda "suite para limícolas" que tenía en 2013. 
  En cualquier caso, os animo a todos a pasar por allí. Cualquier sitio es interesante ahora: la Charca das Espadanas, Taraza, Os Botes A Frouxeira,...