Seguidores e seguidoras

martes, 9 de septiembre de 2014

Cambio de reflex!

  Coincidindo coa semana en que estou de cumpreanos, decidín facerme un pequeno agasallo, do que vós tamén vos veredes beneficiados.
  Hai tempo que vos comentara que tiña intención de cambiar de cámara reflex algún día, a ver se podía tirar mellor rendimento ao meu teleobxectivo, un Tamron SP-VC 70-300 que penso que ten que dar moito máis do que obteño coa miña cámara actual (unha Canon moi básica). Así que hoxe deume unha arroutada destas que me dan ás veces e acabo de subir un escalón na miña equipa fotográfica, adquirindo unha Canon de gama media.


  Logo de consultar co "oráculo" (unha aperta, Fer) e de mirar Internet, decidinme pola 60D. E son consciente de que non é un modelo de última xeneración, e que mesmo está quizá por debaixo da competencia, polo que lin dos expertos. Pero para min penso que é perfecta. Sobre todo porque é unha das poucas con pantalla abatíbel, unha condición imprescindíbel para o uso que eu lle darei (fotos de insectos, anfibios, flores, etc).

   Obviamente a técnica do fotógrafo tamén inflúe (e a miña é moi pobre), pero estou seguro que notaredes unha mellora moi importante en determinado tipo de fotos, como son as de aves en movimento ou en condicións de pouca luz. Por suposto seguirei usando a miña pequerrecha, pero esta mesma semana, a Praia dos Botes vai ser o escenario  das primeiras provas do meu novo xoguete.

PD: Tamén teño unha nova tarxeta, moito máis rápida, dacordo coas mellores prestacións deste modelo. A ver cómo vai.


9 comentarios:

  1. Pois felicidades Xabi, polo cumpreanos, e por esta nova adquisición. Xa iremos vendo os resultados.
    Apertas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Esta tarde quizá xa poda publicar as primeiras imaxes. Vou xantar e saio pitando patra Os Botes e Taraza. A ver se non me colle todo o pitostio da Vuelta ciclista, que pasan por Ferrol dentro dun rato.

      Eliminar
  2. Buena cosa esa de hacerse regalos a uno mismo. Felicidades por el cumpleaños y a disfrutar con el cacharro.

    Un saludo.

    Daniel Pérez Rodríguez (Ourense)

    ResponderEliminar
  3. Felicidades Xabi
    Aquí estamos esperando por esas fotos

    ResponderEliminar
  4. Grazas Daniel e Alejandro. O "cacharro" vaime viciar. Seino.

    ResponderEliminar
  5. Pois feliz aniversario, e a seguir afotando bechos, hehe

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Seguirei. Por supostísimo!, como din agora os rapeces novos.
      Un biquiño.

      Eliminar
  6. HAPPY BIRTHDAY!!!

    Un saludo
    Eileen.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Thank you so much, Eileen.
      And have a nice happy "bird-day", ha, ha!
      Apertas.

      Eliminar