Seguidores e seguidoras

jueves, 11 de septiembre de 2014

Pois era o filtro!

    Esta tarde marchaba depois da siesta cara Taraza coa intención de aclarar a causa deses efectos que aparecían nos fondos e que deslucían algunhas fotos tiradas co Tamron. Logo do comentario de Alejandro e dunha longa conversa telefónica esta mañá co meu oráculo particular para asuntos fotográficos (Fernando Pereiras), pensei que sería boa idea provar a disparar sen o filtro ultravioleta pero co parasol. E saltou a lebre!

 Focal: 300  F: 5,6

    Tal coma me recomendaran sempre todos os fotógrafos fixen disparos con diferentes focais e con diferentes aperturas tamén. E o resultado non deixa moito lugar á dúbida. En ningunha das fotos (foron un total de nove) aparece a famosa aberración de "aire cristalizado". As fotos publicadas non teñen recurte, pero aseguróvos que ampliando tampouco se vé aquel famoso efecto.

 Focal 200 mm F: 14

   Á espera de máis probas en días próximos, parece que dei co problema, que non era culpa nin do tele nin dos corpos, o cal supón un grande alivio para min.

Focal 100  F: 18

    Aproveito para agradecer desde aquí os consellos de Alejandro Martínez, Fernando Pereiras e Fran Nieto. Sen todo o que me foron dicindo probablemente non sería capaz de dar coa solución a este problema que me traía de cabeza desde hai un ano. Graciñas aos tres!

   Despídome cun regaliño de cumpreanos que me envía Manu Arzúa desde London, UK, onde está emigrado temporalmente:


    Un exemplar de Lacerta agilis, Sand Lizard que dicen por UK ou Llangardaix pirinenc que din en Catalunya, unica área peninsular onde está presente, pois é unha desas rarezas que teñen unha distribuición limitadísima (poboacións relictas no Pirineo catalán).

    Unha foto moi apropiada para este día no que, ademáis de feitos tan lamentábeis coma o atentado de New York, o golpe de estado en Chile ou o meu propio nacemento hai 44 anos, tamén se celebran cousas positivas como o día nacional de Catalunya (Felicitats amics catalans i sort amb el referèndum).

4 comentarios:

  1. Alegrome moito que fora iso.
    Poñer un plástico diante dun cristal e o que ten. Os filtros si, pero bos.
    Felicidades de novo.
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bueno, bueno, xa dixen que haberá que confirmalo en próximas saídas. Pero ten boa pinta.

      Eliminar
  2. Aghüelo, non sera tan catastrofico o do teu aniversario, digo eu..
    Moito mellor o filtro que non o obxetivo.

    Apertas,

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. O barato sae caro" ¿cántas veces terei escoitado esta frase?
      Este fin de semana imos averiguar se podemos dar por pechado o problema esta das "Aberraciones Misteriosas"

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos