Seguidores e seguidoras

domingo, 21 de septiembre de 2014

Ría de Ferrol, 21 de Setembro

    Esta mañá realizaba a primeira visita de control á ría de Ferrol desque comezou funcionar a rede de saneamento. Teño moitas esperanzas na recuperación parcial da ría, aínda que nunca vai volver a ser o que foi hai simplemente 50 ou 100 anos, desde logo.

  A verdade é que, non sei se por coincidencia co inicio do funcionamento da depuradora ou porque, simplemente, estamos a mediados de Setembro, a ría estaba chea de vida. Asegúrovos que me pesou non ter vido o sábado tamén.


    Un Cullereiro xuvenil, no intermareal de Neda, apresentaba anelas de PVC.  A ver qué nos conta Antonio.

 Cullereiro (Platalea leucorodia)

  Coma sempre nestas alturas, centos de Alvancos (Anas platyrhynchos) espallábanse pola ría, mentras acaban o proceso da muda. En Maniños atopaba un Pentumeiro (Melanitta nigra) macho que está ali desde mediados de verao.

  Estou contentísimo co meu novo equipamento reflex. Agora si que rende como esperaba. A mellora do corpo (Canon 60D por Canon 500) e a "limpeza" do tele mudaron de maneira radical as prestacións do conxunto.

Pilro común (Calidris alpina)
Canon 60D + Tamron VC SP 70-300  F: 5,6  V: 1/320 sec.  ISO 620

   Estas imaxes son un pouco enganosas, pois aínda estou aprendendo, e ademáis están todas elas moi recurtadas. Como quen compra un Ferrari e ten medo a pisarlle, igualmente eu aínda non me atrevo a "pisarlle" moito. Hai momentos en que seguramente podería subir a sensibilidade sen medo para gañar máis velocidade, pero non me acabo de atrever. E moitas fotos saen lixeiramente movidas. Pouco a pouco, irei liberándome dese medo, porque vexo que esta equipa está moi, pero que moi por encima das miñas capacidades técnicas. Mirade a foto anterior, moi recurtada e con ISO 640! Foi unha pena que se meteran nunha zona de sombra bastantes escura.

  O notición da xornada foi a observación dun Pirlo pequeno na ribeira de San Valentín, Fene.

 Pilro pequeno en vó (Calidris minuta, esquerda)

  O lugar, moi significativo e simbólico, era até agora un desaugue de augas residuais procedente das urbanizacións próximas.


   Tentando non ulir o cheirume apestoso procedente dos bancos de lodos que aínda permanecen, desfrutei coma un anano cos evolucións deste pequerrecho.


    Xa digo que, por inexperiencia coa nova cámara, quedeime nunha sensibilidade relativamente baixa. E cando tratas cunha pequena limícola tan inqueda e rápida de movimentos coma ésta, debes priorizar máis a velocidade. Con 1/320 ou 1/400 sec. case todas as tomas saían algo movidas.


   De todas formas, dubido moito que volva  ter outro Pilro pequeno a dez metros, coma tiven esta mañá. Na Frouxeira e Ortigueira vense moitos máis, pero habitualmente a unha destancia enorme, inalcanzable para o meu 300.



   Non son amigo de repetir moitas fotos do mesmo motivo, pero nesta ocasión imos recrearnos un pouquiño, he, he.. Na seguinte imaxe podemos ver moi claramente a ausencia de palmadura interdixital, un rasgo que descartaría un Pilro semipalmado.



     Un ave realmente bonita de ver. Quedei coa dúbida de cómo habían saír as fotos coa SX50, aínda que as condicións non eran as mellores para ese tipo de cámaras (pouca luz e moito movimento). Tíñaa no carro, pero agora prefiro usar unha soa cámara en cada saída, por non andar copiando fotos de tarxetas diferentes.

 Pilro pequeno (Calidris minuta)
Canon 60D + Tamron VC SP 70-300   F: 6,3  V: 1/400 sec.  ISO 400


  Coma se quixesen dicirnos algo aos contaminadores humanos, varias limis pousaban sobre o antigo colector.

 Limícolas sobre antigo colector de augas residuais

   Estamos no paso migratorio, e nótase. Ademáis do Pirlo pequeno puiden anotar estas cousas de interese:
- Unhas 15 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 2 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 2 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa). Había moitos anos que non achaba esta elegante limícola aquí.
- Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos), varias deceas na ribeira Sur. O total da ría debe andar nestes momentos por riba dos 100 exemplares, con toda certeza.
- 5 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 4 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- Pilros comúns (Calidris alpina), varias deceas

 Bilurico claro (Tringa nebularia)

  Nos intermareais de Neda as distancias xa son palabras maiores, e botei de menos a bridge, máis apropiada para estes casos; pero a nova reflex comportouse moi ben. A pesar do recurte brutal que tiven que facer, as imaxes valen para identificar.

 Mazaricos rabinegros (Limosa limosa)

    E varios Picapeixes aportaron un toque de color á visita. Unha das xoias que sobreviven aínda na nosa superhumanizada e alterada ría.

Picapeixe (Alcedo atthis)

   Son optimista. Espero con ansiedade a chegada de invernantes para ver se realmente se nota nas poboacións de aves os efectos da depuradora. Quizá o proceso sexa lento e tardemos anos en ver melloras. Hoxe as sensacións, por intuición, daban "buen rollito".

8 comentarios:

  1. Hola Xabi:
    Seguramente, Holandesa. La mañana la tengo llena de anillas, por la tarde la miraré bien. El coordinador de espátulas, Otto, sigue pocho (Aunque mejorando lentamente) y aún no responde, pero intentaré averiguar algo más.
    Ya te cuento.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Cun pouco de sorte xa nos queda aqui. Incríbel o do Cullereiro nos últimos anos...Lembro cando era todo un acontecimento velos en Valdovo.

      Eliminar
  2. Vaya book que le hiciste a ese pilro!!!
    Estos días estuve por fuera...se me han puesto los dientes largos, mañana toca Meirás y Valdovo.
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si que lle fixen. Aínda que a "pasarela" da sesión fotográfica non era un entorno moi bucólico, que digamos...

      Eliminar
  3. Vaya joya de lugar, seguro que si te tumbas un poco haces unos fotones hermosos a los correlimos, enhorabuena por las fotos ya hechas
    Un saludo Xabier

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "¿Si me tumbo un poco?". ¿Te refieres a tumbarme sobre los bancos de lodos, al lado del colector de aguas residuales y fecales de Fene? Mmm, pues mira,.... no es por ná, pero casi que me valen las fotos tal como están....
      (Arrasas, Marcos... Deberías ver y oler en directo el lugar donde estaba el menudo)

      Eliminar
  4. Jajajajajajaja, muy bueno, me imagino allí al personal arrastrandose detrás de los limicolas, madre mía!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Temos que invitar un día a Marcos para que vexa o que é unha ría como a de Ferrol, ha, ha,... Cando che veña ao RARO temos que levalo ao "lugar do crime".
      PD: Falando en serio, Pablo, estou moi ilusionado co tema do saneamento. Xúraría que había Alavancos en lugares onde habitualmente non se vían antes de entrar en funcionamento EDAR. E son patos filtradores. ¿Un bó sinal?

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos